viernes, 22 de marzo de 2013

Círculos Líticos As Chozas da Serra da Groba. Pontevedra

Círculos Líticos As Chozas da Serra da Groba. Pontevedra

Hoxe quero facer unha reflexión en voz alta, unha reflexión que xa hai tempo teño na cabeza pero que ata de agora non me vín con folgos para desenvolver, aínda que sexa dun xeito breve.

A admirable fotografía, como documento, destes tres círculos líticos da Serra da Grova, suxire reflexións que van mais alá das frías estatísticas da cencia arqueolóxica. Efectivamente, estamos diante de tres "curros" (para gardar o gando) coas súas correspondentes cabanas ou chozos. Ata hai poucos anos, como lle aconteceu ás nosas pedrafitas, foron completamente olvidados e incluso desconsiderados pola arqueoloxía oficial e académica galega. Seguramente non foi unha postura tendenciosa, senón que a carón destes elementos visibles non se atopaba ningún resto arqueolóxico que poidese contextualizalos. Sexa como sexa, o certo é que estes misteriosos elementos seguen aí, impertérritos, aguantando impasibles e hieráticos o paso do tempo.

Parece claro que oficialmente adoitanse adscribir a unha época crono-cultural medieval, sobre todo por aparecer profusamente documentada nos documentos medievais como "cousos" ou "curros vedros". Sen embargo este feito empírico non é óbice para consideralos como megalíticos, coa presumible mesma función de cercado para o gando. Tanto estes Curros da Groba como o xa estudado de Santo Tomé (no Valadouro) conservan poderosas pedras -tipo esteos dolménicos- que obedecen a unha talla neolítica, a mesma que nas antas.

Aínda que houbo e hai numerosos curros ao longo da xeografía galega, cada vez quedan menos debido á falta de proteción: moitas das súas poderosas pedras son levadas impunemente para o seu reaproveitamento.

Como ben mantén o amigo Pena Graña, estas mesmas construcións son consideradas monumentos megalíticos en toda a Europa Atlántica, -da que participamos e somos parte consustancial-, conservados, protexidos e estudados con profusión: normalmente estes curros, ademais, están asociados a necrópoles megalíticas e ás grandes pedrafitas que as conforman.

Os curros ou cousos presentan tamén funcións e tipoloxías variables e, nalgún caso, poderían cobixar algún tipo de enterramento. Poden ser circulares, elípticos ou incluso tendentes á forma poligonal. Outra curiosidade é que tamén encerran no seu interior cabanas que incluso (a modo de hipótese) poderían ser reaprovetamentos da época megalítica, o que demostraría a continuidade do seu uso e tamén a continuidade das nosas ancestrais tradicións.







5 comentarios:

  1. Nunca mejor dicho y explicado, estupenda y resumida divulgación para comenzar a tener en cuenta. Conozco otros tantos y, algunas veces tentado a hacer una entrada sobre estos en la comarca de Penas Ceibes, de las que tengo numerosas fotografías. Tal vez por el mismo motivo que éste, la relación ancestral del cercado, la piedra, la roca autóctona, las lajas, la altura, la propiedad y la forma irregular que son capaces de cerrar sin romper con el entorno, mimetizándose. Hoy, nuevamente, sino se impiden o no se protegen, extraños o sus dueños terminarán por destruirlas; pero no lo harán los que las levantaron, serán sus herederos faltos de sensibilidad al mal vender quienes hagan que todo desaparezca.
    En algunas he visto cosas que no creeríais, cosas extrañas no sujetas al tiempo; en algunas he visto grabados variados que nos hablaban de lugares cercanos, cercados.
    Recorridas y en conjunto forman parte de un paisaje de gran belleza y aportan claves y pistas de los lugares, de las costumbres, de lo que podría haber dentro de sus terrenos.
    Has tenido una gran idea que motiva para buscar aquellas fotos de archivo.
    Saúde e Ceibedade

    ResponderEliminar
  2. Excelente tema...o abandoo e esquezo das construccións gandeiras por parte da historiografía arqueolóxica fúrtanos un contido esencial da nosa historia. A situación e a mesma en toda Galicia, pola miña bisbarra, a Serra da Capelada, teño eu tamén fotografado algun círculo lítico e sei dalgunhas desas construccións de amplo radio. Nalguhas, a toponimia, Pola dos Curros,danos a entender a súa posible orixe medieval, concordo, pro noutras a inexistencia dun nome pra zona (e xa se fai raro na Galicia da nanotoponimia!)pode dar a entender precisamente unha antigüidade anterior. Non dubido que o estudo das construccións gandeiras ofrecería un elo co pasado que nos permitiría comprender os elos da unión da nosa historia. Teño pra min que no esencial as técnicas gandeiras non evolucionaron nen se modificaron no esencial: gado ceibo no monte e recollido en situaciós puntuais pra trafegos concretos en estructuras ben definidas e estables diante do paso do tempo.

    En fin, non me lío máis, un tema apaixoante e os meus parabéns por traelo a tempo presente.

    Unha aperta, meus.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Espero coñecer as fotografías dos Curros que coñezas, estarei atento, si queres, á túa contribución fotográfica a este blogue. Gracias, compañeiro da galaxia blogueira.

      Eliminar
    2. Rafael, estou completamente de acordo contigo. Sen embargo, aínda que se manteña unha consideración medieval, eu manteño que proceden xa do neolítico. A analise de moitas das grandes pedras que os conforman lévanos ás mesmas grandes pedras dos dolmens, das pedrafitas... Tamén espero ver algunha das fotografías que teñas das fermosas terras da Capelada. Sáudos, Moncho

      Eliminar
  3. Perdoa non falar antes...non hai problema por ver eses círculos, nas miñas fotos ou persoalmente, busquemos un xeito de contactar e se queres dar unha volta por estas terras e eu ando ceivo de compromisos, problema maior, non será máis ca un pracer poder acompañarte a ollalos in situ.

    UNha aperta.

    ResponderEliminar