jueves, 21 de marzo de 2013

Mámoa do Cristo da Faladora. Ortigueira

Mámoa do Cristo da Faladora. Ortigueira

Atópase moi preto das mámoas 33 e 34 seguindo a numeración que Federico Maciñeira realizou para a catalogación que realizou do Camiño dos Arrieiros, e forma parte da necrópole coñecido co nome de Forno dos Mouros. 

Trátase dunha mámoa de tamaño medio e no centro do funil de violación aséntase unha cruz de pizarra, monolítica, que atinxe os dous metros de altura.




Estamos diante do único cruceiro galego chantado sobre unha mámoa. A cruz atópase, sen dúbida, cristianizando o lugar, cristianizando unha necrópole megalítica que tamén é coñecida co nome de Cruz de Alvar González. Maciñeira mantén a hipótese de que talvez se trate dun dos chantos reaproveitados da cámara megaítica.

Pero, como cruz vencellada ao mítico Camiño dos Arrieiros, tamén se convertiu en fito sinalizador, recoñecible e doadamente visible: unha auténtica guía dos camiñantes.










7 comentarios:

  1. Estas sonche as situaciós das que falaba no seu intre xa fai tempo; dende a minha carón é un oximoron sacrílego que non evitouse pola mesma iñoranza que seguen nos pobos, ainda que sexa de tempos antergos.
    É pura prepotenza.
    Breves saúdos

    ResponderEliminar
  2. Estou completamente de acordo: cristianizaron os castros, os altares prehistóricos, as mámoas, as pedrafitas... e ata o pensamento. Pero os galegos somos tercos e sempre queda algo. Saúdos

    ResponderEliminar
  3. Moncho, no facia falla que lle cortases o meu nome a foto

    ResponderEliminar
  4. a segunda, a da pezuña, e as queirugas en fror

    ResponderEliminar
  5. e xa que tanto sabes de mamoas, eu levo tempo intentando descubrir por que se lle coñece tamen polo nome de Cristo de Alvargonzález, pero si exito, ¿ti non o saberas,or un casual?

    ResponderEliminar
  6. http://polavoltadosor.blogspot.com.es/p/as-cruces-de-pedra.html ,aquí te dejo más cruces, bueno una parte, el trabajo, todavía está inconcluso

    ResponderEliminar