VOCABULARIO
ABA: Ladeira dun monte.
ADIVAL: Corda grosa e longa.
AIXOLA: Ferramenta propia dos carpinteiros usada para desbastar a
madeira.
ANTA: Denominación que recibe en
Galicia e Portugal o momumento megalítico coñecido universalmente co nome
de dolmen . Xeralmente acóchase no interior dunha mámoa.
APOTROPAICO: Díse dun obxecto
ao que se atribúe a propiedade de desviar as influenzas maléficas.
ARA: Altar no que se ofrecen sacrificios.
ARQUEOLOXÍA: Do grego arkaios
(antiguo) e logos (tratado, cencia).
Así, cencia que estuda a antigüedade a través dos restos materiais que deixou o
home: arte, ruínas, etc.
ATÁVICO: Tendencia a imitar ou manter formas de vida ou costumes
arcaicos.
BETILO: Pedra sin labrar ou
tallada rudimentariamente, xeralmente de forma cónica. Pode ser símbolo dunha
divinidade ou a divinidade mesma.
BISEL: Bordo cortado
oblícuamente.
CAMPANIFORME: Tipo de vasilla en forma de campá, orixinaria do SE da
Península Ibérica, pero extendida por toda Europa.
CASTRO: Aldea ou recinto
fortificado da Galicia prehistórica, de forma oval ou circular, de
carácter defensivo, provisto de un ou de varios muros concéntricos precedidos
xeralmente dun foxo, e situados case
sempre no cume ou na aba dos montes. As construcións adoitan ter planta
circular ou rectangular.
CATA: Do grego kata.
Formación de palabras que expresa “cara a abaixo”.
CAZOLIÑA: Buraco con forma de cazo pequeno.
CICEL: Instrumento de ferro (neste caso de pedra) empregado para labrar pedras a golpe de maza.
CICLÓPEO: Díse do muro de aparello formado por cachotes de pedra de
enorme tamaño, colocados xeralmente sen ningún tipo de argamasa.
CÍNIFE: Mosquito.
CISTA: Enterramento prehistórico formado por esteos verticais sobre os
que descansan outros horizontais, pero xa cercanos ás tumbas históricas en
canto ás dimensións.
COIRAZA: Todo o que serve para
protexer algo.
CORREDOR: Parte dun habitáculo que establece comunicación entre varios
compartimentos.
CROMLECH: Do gaélico cromlech
que significa círculo de pedra. Do bretón kroum
(coroa) e lech (pedra). Conxunto de pedrafitas dispostas
formando un círculo.
CTÓNICO: En relación co mundo superior, as divinidades ctónicas
representaban a vida que se manifesta sobre a terra; respecto das
profundidades, eran consideradas como deusas dos Infernos. Estas divinidades
infernales eran Zeus, Hades, Deméter, Perséfone, Hécate, as Erinias, etc. As
sectas órficas, adoradores destas divinidades, crían na inmortalidade e na
reencarnación.
CHAIRA: Terreo chan de certa extensión, planicicie.
CHANTA: Lousa que se crava no
chan, chanto.
CHAPAPOTE:Alcatrán, brea, asfalto.
DEVANCEIRO: Antepasado, proxenitor.
DOLMEN: Provén do bretón tolmen:
tol (mesa) e men (pedra). Moimento megalítico construído con pedras colocadas
verticlamente e unha ou varias horizontalmente por riba como teito. En Galicia
recibe o nome de anta, arquiña, cova, arca, antela...
EDAFOLOXÍA:Do grego edafos
(solo). Cencia que trata das condicións dos solos na súa relación coas plantas.
ENEOLÍTICO: Do latín aeneu
(de bronce). Período do neolítico de transición ata a Idade do Bronce, no que
se comeza a empregar uteis de bronce xunto cos de pedra.
ENXOVAL: Conxunto de pezas que levan os noivos que contraen
matrimonio. Nos enterramentos megalíticos
consiste no conxunto de pezas que acompañan ao morto nesta outra casa.
EPIGRÁFICO: De epigrafía, cencia do coñecemento e interpretación das
inscripcións.
ESTEO: Pilar, pé dereito, columna, estaca.
EXHUMAR: Desenterrar, sacar un cadáver da sepultura. Por extensión,
sacar enxovais.
FUSIFORME: Con forma de fuso.
FUNIL: embudo.
GLOBULAR: Pequeno corpo ou obxecto de forma esférica.
GRADE: Aveño de labranza que consiste nun bastidor de madeira formado
por traveseiros nos que se atopan os
dentes que son os que efectúan o labor de esterroar a terra despois da labra.
HELIOFORME: Do grego helios (Sol);
que posúe forma de Sol.
ÍDOLO: Do latín idolu, e do grago eidolon. Imaxe con atributos divinos.
IDOLIFORME: Con forma de ídolo.
ICONO: Elemento grego de formación de palabras (eikonos) que significa
imaxe.
IMBRICADO:Díse das cousas que se recobren parcialmente, ao xeito das
tellas dun tellado.
INCINERACIÓN: Reducir ou
converter unha cousa en cinsa.
INHUMACIÓN: Enterrar, sepultar un morto.
LÍTICO: Do grego lithos
(pedra). Relativo ou pertecente á pedra.
LOUSA: Tampa de pedra longa que cobre a anta.
MACHADAS: Ferramenta con mango cortante, máis pequena que o machado.
MÁMOA: Do Latín mammula (teta pequena) ou de mamma (mama). Sepulcro prehistórico da época megalítica formado por
unha masa tumular artificial de terra que recobre a anta. Adoita ter planta
circular cun máximo de trinta metros de diámetro e non soe sobrepasar os cinco
metros de altura.
MAMPOSTERÍA: Obra feita con
materiais non uniformes e colocados de xeito que garden unha liña ou unha orde
determinada.
MAZA: Antiga arma contundente con mango e unha cabeza grosa.
MEDIOEVO: Período histórico que transcorre aproximadamente entre os
séculso V e XV; Idade Media.
MEGALITISMO: De mega (grande) e lithos. Período da prehistoria que se caracteriza pola construcción
de moimentos, xeralmente funerarios, a base de pedras de gran tamaño.
MENHIR: Do bretón men (pedra) e hir
(longa). Moimento megalítico que consiste nunha pedra vertical chantada no chan
que posúe algún tipo de simbolismo. En Galicia coñecese co nome de pedrafita.
MESOLÍTICO: Do latín meso-
(medio) e do grego lithos .
Corresponde a un período da Idade de Pedra de transición entre o Paleolítico e
o Neolítico.
MICROLITO: Pedra pequena.
NECRÓPOLE: Do grego nekros (morto, cadaleito) e de polis (cidade). Cidade dos mortos:
emprégase onde hai enterramentos das épocas antigas.
NEOLÍTICO: Do latín neo- (novo) e do grego lithos. Período da Idade de Pedra que
segue ao Mesolítico. Caracterízase por ser a Idade da Pedra Pulida. Neste
período descúbrese a agricultura e a gandeiría, co que se pasa do nomadismo do
paleolítico ao sedentarismo. Aparecen as primeiras cidades.
OPHIUSA: O máis antigo nome aplicado á Península Ibérica. Débese
posiblemente aos focenses e o seu
siñificado era “país das serpes”.
OUTEIRO: Pequena elevación do terreo, altiño.
PALEOLÍTICO: Do latín paleo- (antigo)
e do grago lithos (pedra). Período
máis antigo da Idade da Pedra, no que aparecen as primeiras civilizacións
humanas, de carácter depredador, e que empregan uteis de pedra tallada.
PEDRAFITA: Pedra chantada,
fincada na terra; menhir.
PETRÓGLIFO: De petro-
(pedra) e do grego glifo- (siño).
Gravado rupestre ao aire libre, seguramente de época prehistórica (Idade do
Bronce). En Galicia presenta: espirais, círculos, labirintos, animais, cazoliñas,
cadrados, esvásticas, pegadas de animais, etc.
PROTOHISTORIA: Do grego protos (primeiro).
Primeira historia; prehistoria.
RITO: Costume, hábito. Conxunto de cerimonias dun culto relixioso.
ROMÁNICO: Estilo artístico que predomina en Europa nos séculos XI, XII
e parte do XIII que se caracteriza, en arquitectura, polo emprego do arco de
medio punto e a bóveda de canón.
SACHO: Aveño de labranza que consta dunha pa ao cabo dun mango.
SEIXO: Pedra xeralmete lisa, dura e de pequeño tamaño.
SERPENTIFORME: Que posúe forma de serpe.
SÍMBOLO: Siño que representa unha idea ou cousa por razón
da semellanza entre o símbolo e o simbolizado.
SOBREIRA: Árbore da familia das cupulíferas de folla perenne e madeira
moi dura. Da súa cáscara sae o cortizo.
TAMPA: Lousa de pedra horizontal que cobre outras chantadas
verticalmente.
TRABE: Largueiro da parte superior do tear.
VISIGÓTICO: Arte que se caracteriza por empregar un arco de ferradura
característico na arquitectura, e por unha gran riqueza na orfebrería.
Introducir á Terminoloxía ou Tecnicismos é un feito ilustrativo que axuda na esencia da formación na xente interesada "nestas cousas". Un particular acto de boa vontade na educación, expansión e divulgación do Coñecemento.
ResponderEliminarNoraboa, Moncho.