ATENTADO CONTRA A PEDRAFITA-MENHIR o Marco das Catro Cruces. Bande
Onte, 27 de agosto, chegou ao meu correo unha triste noticia, daquilas que nunca desexas recibir, a saber, a agresión (unha máis) incontrolada e salvaxe a unha pedrafita galega.
Trátase da pedrafita-menhir O Marco das Catro Cruces, publicada neste mesmo blog o 26 de xullo de 2012, baixo o título "Antas-dolmenes da Baixa Limia IV".
O correo que me chegou onte foi enviado polo amigo (incombustible defensor do noso patrimonio) Xabier Moure Salgado, e as fotografías que o acompañan foron tomadas por Pablo Corujo, mentres realizaba labores de xeolocalización de varias necrópoles megalíticas da bisbarra.
Como sabedes, a pedrafita funcionou desde tempos pretéritos como marco de termo (Calvos e Corvelle de Bande; Cexo e Banqueses de Verea) entre catro parroquias e dous concellos.
Segundo me conta Xabier, os veciños de Corvelle conmemoraban á beira da pedrafita as batidas de caza do lobo que se facían na Idade Media: pedíanlle proteción contra os riesgos que entrañaba tan peligrosa actividade cinexética. Moi cerca aínda se están a conservar dous foxos antigamente destinados a isa actividade.
Parece claro que se trata dunha pedrafita que logo foi reutilizada como marco de termo: atópase no contexto de necrópoles megalíticas e, ademais, a súa forma pode levarnos a considerala dentro da tipoloxía de tipo fálico.
Pois ben, esta extraordinaria pedrafita foi esnaquizada por unha máquina escavadora, ficando medio soterrada. Pablo Corujo localizou entre a desfeita unha pedras de boa factura que parece que non son de colocación moderna.
En definitiva, e por si serve de algo, este feito foi xa denunciado ao Servizo de Patrimonio de Ourense e tamén no Concello de Bande.
Con todo, debemos subliñar e salientar, como me acaba de comunicar Xabier Moure, a boa disposición e dilixencia do Concello de Bande, posto que aos poucos de saber da desfeita, inmediatamente levantaron un informe para poñelo en rápido coñecemento da administración competente.
Estado en que quedou a pedrafita despois do arrase da máquina paleadora:
Con todo, debemos subliñar e salientar, como me acaba de comunicar Xabier Moure, a boa disposición e dilixencia do Concello de Bande, posto que aos poucos de saber da desfeita, inmediatamente levantaron un informe para poñelo en rápido coñecemento da administración competente.
Estado en que quedou a pedrafita despois do arrase da máquina paleadora:
Cómpre salientar, no presente caso, a dilixencia do Concello de Bande. Aos poucos de poñerme en contacto con eles achegáronse ata o lugar para levantar informe da desfeita e poñelo en coñecemento da administración competente.
ResponderEliminarGrazas Xabier, queda convenientemente plasmado.
ResponderEliminarAs daguerres non dan a entender ben o que nas túas parolas dis; as perspectivas non dan a entenderlas ven. O que non quita pra tomar o asunto con seriedad e penalizar a quen o fixo. Sen duda algunha.
ResponderEliminarUnha pena na pena de perpianho
Deica entón