martes, 6 de mayo de 2014

Pedrafita-menhir Pozo do Demo. Verín, Ourense.



Pedrafita-menhir Pozo do Demo. Verín, Ourense.



Cada certo tempo recibimos agradables noticias, non tanto en canto ao estado das nosas pedrafitas, como en canto á aparición de novos elementos. Este último exemplar chegou a min por medio do blogue (tan nomeado no meu universo virtual) de Xabier Moure, onosopatrimonio. A ficha que amosa Xabier no seu blogue levoume aos boletíns  da Sociedade Antropolóxica Galega denominados Cadernos de Campo. O artigo publicado no Caderno de Campo nº 7 (decembro de 2013) amósanos unha interesante descrición, fotografía e debuxo desta  extraordinaria pedrafita.





Foi atopada por Rafael Castro na comarca do Támega, na beira dun camiño histórico que levaba cara ao couto mineiro de Vilardevós. O monolito estivo talvez erecto nas proximidades deste vello camiño e posúe unha boa xeira de cazoliñas na súa parte superior. A pedrafita debe pesar unhas tres toneladas. O Camiño  leva de Cabreiroa á Veiga de Meás: foi durante o arranxo dese camiño cando se atopou a pedrafita, que se atopa deitada á beira do devandito camiño.





A gran pedrafita, unha das máis interesantes de Galicia, posúe, como se dicía, un conxunto de cazoliñas que ocupa o que parece a parte superior da peza.. A Pedrafita, por último, está rodeada de numerosos pedtroglifos, a maioría de cazoliñas e un (medio esnaquizado) de círculos concéntricos. No que parece ser a parte de abaixo aparece un rebaixe que podería ser feito para que a pedrafita fose encaixada noutra peza.

Lamentablemente, de momento, non temos datos sobre as súas dimensións, sobre os datos lendarios nin si estamos diante dun contexto megalítico.



Tanto o debuxo como a fotografía foron realizados por Rafael Castro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario