martes, 27 de mayo de 2014

A única cámara megalítica existente de Santiago de Compostela, en perigo de desaparición

ANTA-DOLMEN DE ZARRAMACEDO, Bando. Santiago de Compostela.

O 13 de decembro de 2012 publiquei a entrada da anta de Zarramacedo en Bando, e a súa fisonomía era  que podedes ver si entrades coa etiqueta "Terra de Santiago".

Dous anos despois, durante a visita dun bo amigo, recibín a noticia do estado actual da Anta de Zarramacedo, situada na parroquia de Bando, pertencente ao concello de Santiago de Compostela.

As fotografías que me chegaron (por cortesía de Alex Negreira e coa intermediación de Ángel Gilberto Martínez Seoane, "Papigil") falan dunha paisaxe desoladora: as pedras que se conservan vense amenazadas aló, no fondo, por un exército de eucaliptos que avanza en perfecta formación, ameazante. Os regos dos futuros exércitos coloniais xa se atopan a carón da anta, sen a máis mínima distancia de seguridade.

Alguén controla estas plantacións?

Santiago de Compostela, o mellor valor histórico-turístico e cultural do pobo galego, olvida outra tumba, unha humilde tumba se cadra, que non recibe visitas, que non deixa cartos. Visitámola catro zumbados que non facemos máis que dar a vara... Pero somos tercos e, polo menos desde aquí, non nos resignamos a perder este probe recurso arqueolóxico, si o comparanos coa formidable tumba da cidade do apóstolo.

A Porta da Mámoa, a quintana dos mortos, o Santiago Peregrino que descansa na súa  furna "dourada", protexido de todas as inclemencias, érguese todopoderoso transmutado no Santiago Matamouros, onde a nosa pequena anta, feita polos máxicos "mouros", habitantes subterránesos da nosa terra, está a perder a sempiterna batalla fronte ao brillo da belicosa relixión triunfadora.

Hoxe, como sempre, estamos cos vencidos; os vencedores están a outro nivel, lonxanos, impertérritos, noutra dimensión... As nosas testemuñas do pasado, as humildes mámoas (con cámara ou sin ela), esmorecen olvidadas no seu sono de milenios: a única cámara megalítica que se conserva no Concello de Santiago desaparecerá  incomprensiblemente para sempre si non se poñen os medios axeitados para salvala. 














Fotografías de Alex Negreira.

Información proporcionada por Ángel Gilberto Martínez Seoane.

7 comentarios:

  1. Un exempro máis da Dor que soportamos os "locos marabillosos" perante a degradación progresiva froito do Desleixe Patrimonial.
    Agradecememtos a Alex N. pola súa esencial Colaboración e Aportacións que deron orixe ao teu Artigo.
    Aperta grande, Moncho é saúdo a tod@s.

    ResponderEliminar
  2. Gracias a tí, Ángel, por darme a coñecer a situación desta anta e tamén por poñerme en contacto con Alex. Saúdos

    ResponderEliminar
  3. Esto pasa moi a menudo, pero só indicar que nós os de patrimoniogalego.net temos denunciado bastantes agresión, que ao mellor son feitas por parte de quen non ten coñecementodo do que esta a fecer e causa danos irreparables ao patrimonio. Non dubides en mandar información,(si é por mail moito mellor) ou chamar por teléfono ao Servicio de Vixilancia de Patrimonio. Pola miña parte xa está dada a información e creo que van a mandar a Policía Autonómica a Zarramacedo. Un cordial saúdo e queda aquí o directorio de protección de patrimonio. Non estamos vencidos a lei está do noso lado.


    Dirección Xeral do Patrimonio Cultural
    María del Carmen Martínez Insua - Directora Xeral
    Teléfono: 981 544 809
    Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural
    Juan Antonio Naveira Seoane - Subdirector Xeral
    Teléfono: 981 544 010
    Servizo de Planeamento e Inventario
    Ignacio Cerrada Gonzalo - Xefe do servizo
    Teléfono: 981 544 876
    Servizo de Protección e Fomento
    Antonio Díaz Otero - Xefe do servizo
    Teléfono: 981 957 288
    Servizo de Vixilancia e Inspección
    Roberto Pena Puentes - Xefe do servizo
    Teléfono: 981 545 907

    ResponderEliminar
  4. Gracias Elixio, grazas pola denuncia, grazas por todo.... Cantos teléfonos, cantas direccións... Valerán para algo ou será a outra ventaniña?. Saúdos.

    ResponderEliminar
  5. A mín valéronme. Algunhas actuacións que levei a cabo foron:
    http://patrimoniogalego.net/index.php/7942/2011/10/castelo-de-rubial/
    (ler os comentarios, a raíz diso catalogaron o Castelo), non había constancia do castelo altomedieval, son moi difíciles de ver

    Castro de Lamiño .escavación ilegal. Atendeu a Policia Municipal de Brión e pasaron o asunto a Policía Autonómica

    http://patrimoniogalego.net/index.php/1515/2011/06/castro-lamino/

    Inclusión no pxom de Rianxo do castro achado por nós

    http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2014/05/01/o-castro-do-pilotino-sera-protexido-polo-pxom-de-rianxo/

    Aparición de novos asentamentos
    http://patrimoniogalego.net/index.php/48672/2013/08/o-monte-do-castelo-de-san-martino-de-brono/
    e moitos outros , ánimo a todos. De tódalas maneira aí tendes o mail de denuncias, canto máis documentado e se fora posible co pxom municipal moito mellor
    http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/default.asp
    (esta páxina abre con internet explorer somentes)

    O mail de vililancia do Patrimonio
    vixilancia.patrimonio.cultural@xunta.es

    Aquí o dolmen de Zarramacedo ou das Derramadas
    Dolmen das Derramadas Zarramacedo. en pax 25 do pdf (ou 298 de 401 do catálogo)
    http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/26242ca008.pdf

    Mandade fotos actualizadas e o expoñede o caso, se lle chega outro mail mellor que mellor. Saúdos e e sempre para adiante,

    ResponderEliminar
  6. Elixio, se cadra expliqueime mal froito da inmediatez deste medio. Non dubido da eficacia e profesionalidade dos técnicos de Patrimonio, xente coa que trato a miúdo e que coñezo bastante ben. O probleme e a falta de vixilancia, non o tema da catalogación, e de poñer medios para protexer eses elementos: cautelas, áreas de proteción, vixilancia, etc. Entre as centos de fotografías que podes ver neste blogue hai moitas antas en peores condicións de conservación incluso que a de Zarramacedo. A simple fotografía xa é unha denuncia. En calquera caso, como tí dis, sempre para adiante. Saúdos

    ResponderEliminar