PEDRAFITA-MENHIR DA CAPELA DE SAN MARCOS, Fene.
Atópase entre as parroquias de Regoela e Sillobre, a primeira do Concello de Cabanas e a segunda do Concello de Fene.
Teño que agradecer, unha vez máis, ao incansable Xabier Moure, o envío de información tanto gráfica como escrita ao redor desta máis que probable pedrafita.
A excursión ao lugar de Xabier Moure proporcionou uns extraordinarios resultados: ao chegar, adicáronse a restrexar a contorna na busca do marco-pedrafita. Cando xa desesperaran, botáronlle unha ollada á capela adicada a San Marcos: nun dos muros caleados da sacristía, enfoscada na parte de abaixo, albiscaron a pedrafita reutilizada e colocada horizontalmente.
Un veciño contoulles a Xabier e compañía que cando se engadiu a sacristía á ermida, decidiron deixar o marco no seu emprazamento orixinal, pero deitado. Parece que estamos, sen dúbida, diante dun lugar (un máis) cristianizado: romaría e feira anual permiten deducir que este espazo foi sempre un lugar sagrado, un centro de encontro. Ademais, como acontece con outras pedrafitas do Golfo Ártabro, repítese con asombrosa regularidade a potencia sanadora do elemento que nos ocupa. A saber, a este emprazamento levaban toda clase de animais tanto para que curasen de diversas doenzas como para que quedasen preñados. Para que o rito se cumplise debíanse dar sete voltas ao redor do marco (mantivose logo ao redor da ermida) e a continuación había que levalos a beber á Fonte do Santo.
Fotografía e información proporcionadas por Xabier Moure. Ver o seu blogue: onosopatrimonio.
Coma sempre, Moncho, coma sempre...
ResponderEliminarSometendo as xentes, sometendo as súas rochas, penedos, e pedras...fitas uqe lles causaban tanta ilusións as mesmas dos luares e que logo podería ser cun tolo dixera: Ista fica equí e se cadra tamen tumbada, maís ficará entón e sempre.
Podería ser que dese xeito inda temos e chéganos esa lembranza pétrea dos nosos antergos polo antoxo dalgún sensibel home da pedra...
Quen o sabe, terquedad?
Apertas longas neste primeiro do mallo festas do traballo. Saúdos