Antas-dolmenes da Serra do Suído. A Lama
Estamos diante de dúas atípicas mámoas con restos das súas correspondentes antas ubicadas nas altas e montesías terras da Serra do Suído.
Pódese chegar seguindo a antiga ruta PR-G25 Foxo do Lobo, de 11,7 quilómetros. Para chegar ao inicio da rota hai que partir do lugar de Xesta, no concello pontevedrés de A Lama. Unha vez no inicio (Ermida dos Prados) hai que andar uns oitocentos metros ata A Grifa e, despois duns dous quilómetros e cen metros, chégase á primeira mámoa. A segunda atópase a uns trescentos metros da primeira.
Primeira mámoa da ruta Foxo do Lobo |
Trátase de dúas tan espectaculares como curiosas mámoas que, segundo as fotografías, conservan gran parte dos esteos da estrutura arquitectónica megalítica. O espectacular radica en que entre os restos da masa turmular, entrevense varios dos esteos das súas cámaras; o curioso é que forman parte dun novedoso grupo de antas ou mámoas que rachan coa imaxe que vimos amosando das antas galegas.
Si o normal é contemplar as mámoas co seu sempiterno funil de violación, feito polos tercos e incansables buscadores de tesouros, neste caso a imaxe preséntasenos ao revés: o que sobresae é o cume da estrutura tumular onde adoita aparecer o devandito funil. Por iso chámame poderosamente a atención que, nas dúas mámoas da Serra do Suído, aparezan os esteos misturados coa masa tumular que se vai esmorecendo pouco a pouco debido á acción erosiva.
Lamentablemente as fotografías non me permiten seguir afondando na análise, posto que o detalle non me deixa contemplar a perspectiva.
Vista da primeira anta da ruta Foxo do Lobo |
Vista da segunda anta da ruta Foxo do Lobo |
Información da ruta e fotografías extraidas do blogue sudandobotas.blogspot.com
Me parece que no son mámoas, sino refugios para conejos construídos por la Sociedade de Caza con piedras (algunas de gran tamaño) y tierra. Yo los vi hacer en Cotobade y son exactos. Saludos y enhorabuena por el blogue. Federico de la Peña
ResponderEliminar