Antas-dolmenes de Bembrive e Valadares. Vigo
Anta-dolmen da Mámoa de San Cosme
Para chegar. Unha vez pasadas as instalacións do Círculo Mercantil de Vigo, hai un camiño á dereita que rodea esas instalacións. Seguindo ese camiño, despois duns cen metros, aparece a Mámoa, logo dunha pronunciada curva á dereita.
A mámoa mide uns trinta metros de diámetro o sobresae cerca de dous metros e medio. No interior ahi un enorme burato de violación.
Anta-dolmen das Pereiras
Para chegar. Hai que voltar á estrada e, a preto de trinta metros da anterior, entre a primeira e a segunda casa, á dereita da pista, aparece a mámoa.
Trátase dos restos dunha mámoa cortada pola metade debido á construción dunha pista, quedando á vista os restos da cámara. Tamén foi obxecto dunha escavación arqueolóxica. Quedan á vista varios esteos, entre os que destaca os restos da pedra cobertora ou tampa.
Anta-dolmen da Mámoa de Chan da Seca
Para chegar. Hai que voltar á estrada do Campus Universitario que está a uns seiscentos cincoenta metros. Aparece un cruzamento: de fronte vaise a Zamáns; pola esquerda, a Vigo. A uns cento cincoenta metros con dirección a Vigo, hai outro cruzamento e hai que seguir pola estrada da dereita, novamente cara a Vigo. A uns mil catrocentos metros aparece outro cruzamento cunha isleta ou pequena rotonda: as dúas estradas de fronte diríxense a Vigo; a da esquerda vai a Beade e a da fronte vai a Valadares. Seguindo por esta, a uns dous mil seiscentos metros, aparec eo Colexio Público de Sobreira. Un pouco antes del hai outra isleta: débese rodeala e ir pola estrada da dereita. A uns trescentos metros, e logo corenta metros máis pola pista forestal de frotne, deixando esta estrada, chégase a unha zona onde a pista atópase cortada pola autoestrada. Á esquerda, un camiño e por él, a corenta metros, de novo á esquerda, nas leiras, pegada ao muro, aparece a mámoa.
A mámoa mide cerca de vintecinco metros de diámetro e ten unha altura de dous metros e medio.
Anta-dolmen Megalito de Chan da Seca
Desde a fronte do Colexio Público de Sobreira, hai que coller á dereita: rodéase a rotonda fronte á estrada do Colexio e hai que ir pola estrada de Seoane. A uns quince metros aparece un camiño pola dereita e , a uns douscentos metros, despois de dúas entradas de leiras á dereita, hai que ir pola leira t amén da dereita: a anta está no interior desa leira a uns cincoenta metros.
Atópase nunha mámoa que acada uns vintecinco metros de diámetro e case dous metros de altura. Amosa un funil de violación salvaxe que chega ao xabre. Nese gran burato aparece ergueito un dos esteos da estrutura arquitectónica.
Tanto
as fotografías como a información xeral foron extraidas do libro-guía
de Hidalgo Cuñarro et al, titulado "Cultura Megalítica en terras de
Candeán, Cabral, Bembrive e Valadares". Ed. Museo Municipal Quiñones de
León, Concello de Vigo 1999.
ANTAS DESTRUÍDAS DE BEMBRIVE
Fotografías: Hidalgo Cuñarro et al: "Cultura Megalítica en terras de Candeán, Cabral, Bembrive e Valadares". Ed. Concello de Vigo 1999
ANTAS DESTRUÍDAS DE BEMBRIVE
Fotografías: Hidalgo Cuñarro et al: "Cultura Megalítica en terras de Candeán, Cabral, Bembrive e Valadares". Ed. Concello de Vigo 1999
No hay comentarios:
Publicar un comentario