PEDRAFITA-MENHIR O HOME DO LAZO.
SOSPEITOSOS HABITUAIS IV
Los griegos, que en sus dioses dicen y a la vez callan la doctrina secreta de su visión del mundo, erigieron dos divinidades, Apolo y Dioniso, como doble fuente de su arte. En la esfera del arte estos nombres representan antítesis estilísticas que caminan una junto a otra, casi siempre luchando entre sí, y que sólo una vez aparecen fundidas, en el instante del florecimiento de la «voluntad» helénica, formando la obra de arte de la tragedia ática. En dos estados, en efecto, alcanza el ser humano la delicia de la existencia, en el sueño y en la embriaguez. La bella apariencia del mundo onírico, en el que cada hombre es artista completo, es la madre de todo arte figurativo y también, como veremos, de una mitad importante de la poesía.
FRIEDERICK NIEZSCHE: "El nacimiento de la tragedia, Alianza, Madrid 1973, p.230-234".
Pedrafita-Menhir O Home do Lazo, segundo versión de Moncho Boga. |
No ano 2028 dúas noticias na prensa minoritaria viñeron a chamar a miña atención: notificaban a posible existencia dunha pedrafita no lugar de Lazo, pertencente á parroquia de Camelle no Concello de Camariñas. Apostillaban que, segundo a Asociación Ecoloxista PX de Ponte do Porto, podería ser a única pedrafita identificada na Ría de Camariñas.
Como sabedes, a miña curiosidade sobre o peliagudo tema das pedrafitas galegas, non ten límite. Son un irredento defensor da posibilidade de que toda pedra chantada con forma mais ou menos fusiforme (ou non) con nome e acervo de lendas e outros moitos criterios que veño sinalando desde este blog, é susceptible de entrar a formar parte dun posible e necesario inventario-catálogo do misterioso e ignoto universo destes noutrora elementos probes do megalitismo galego. Incluso aínda que sexa unha formación natural, esa é unha xustificación dabaondo suficiente para esa consideración, sobre todo cando están rodeadas de brumosas lendas.
Nesas novas ás que aludía antes, que son o único que atopei por mais que rastrexei datos, definíase o Home do Lazo como unha formación pétrea ubicada nos montes do mesmo nome, a cal podería ser a primeira pedrafita indentificada na Terra de Soneira e Ría de Camariñas. Trátase, dicíase, dunha colosal pedra chantada, fincada, rodeada por unha morea de lousas que semella están colocadas para soster a pedrafita. O seu gran tamaño permite que sexa visible desde longa distancia. A súa situación moito pouco accesible sempre fixo que se tivese como unha mais das primorosas e caprichosas formacións rochosas que abondan na Serra da Pena Forcada e nos Montes de Camelle que, desde o Cabo Vilán, segue a Brañas, Pasarela e Traba.
O Colectivo Ecoloxista PX de Ponte do Porto, ademais de localizar numerosos elementos etnográficos e arqueolóxicos (mámoas, albarizas, petróglifos, penas lexendarias...), tamén detectaron "varios dólmenes moi preto desta posible pedrafita na zona da Costa dos Cabalos, en Lazo e Brea".
Parece ser (aínda que non fun quen de atopalas por mais que investiguei) que a pedrafita está rodeada de relatos lexendarios e é moi popular na bisbarra precisamente por iso. O Colectivo PX non ten dúbida algunha da adscrición deste gran esteo ao mundo megalítico: a enorme pedra foi colocada pola man do home, é artificial, non unha rocha natural calquera.
Para rematar, seguindo esas informacións, desde o ano 1974, o lugar de Lazo pertence á parroquia de Camelle. O antigo camiño que parte de A Grixa, a antiga igrexa parroquial, une Lazo con Ponte do Porto por unha pista de terra e, ademais, a estrada asfaltada comunica o lugar de Lazo coa que leva de Arou a Santa Mariña.
En canto á etnografía, o único que puiden atopar con respecto ao topónimo foi que talvez faga referencia aos "lazos" que se adoitaban facer para pedir unha boa hora no parto: cos lazos tocábanse os peitos das mulleres e dos animais para propiciar unha boa lactancia aos recén nacidos. Con respecto ao topónimo "Home" hai varios casos en Galicia como "Valdohome", "Pedra do Home"... Normalmente, si seguimos a Moralejo este sería un hidrónimo de orixe paleoeuropeo, segundo varios exemplos documentodos coa forma latinizada por falsa etimoloxía Homine. Sen embargo, si seguimos a Monteagudo, podemos relacionar o topónimo con Omen, inis, que ven a significar agüeiro, presaxio... Si adoptamos esta interpretación e temos en conta a forma antropomorfa do esteo, non é dificil deducir unha asimilación do esteo coma un home que fai presaxios, adivinacións, etc, etc.
En definitiva, a falta de mais informacións, a pedrafita-menhir do Home do Lazo é unha candidata extraordinaria para pasar a engrosar as filas do apaixoante mundo pedrafiteiro de Galicia: un sospeitoso habitual mais.
"Se non è vero" esperemos que polo menos sexa "ben trovato".
En Sigrás, no outono chuvioso do ano 2024.
QUEDAN COUSAS POR VER EN CAMARIÑAS?
A miña recomendación é sempre perderse polos moitos camiños, estradas e vericuetos que xalonan toda esta impresionante xeografía da Costa da Morte. Entre arte, natureza e paisaxe, así como un bo xantar, podemos disfrutar dun día ou de varios de xeito impresionante. Aínda así, non podo evitar a recomendación duns cantos lugares que xa son un tópico na literatura turística do Concello de Camariñas. Entroutros moitos recursos turístico-culturais...:
NÚCLEO URBANO E PORTO DE CAMARIÑAS
CABO E FARO VILÁN
CEMITERIO DOS INGLESES
CASTELO DO SOBERANO
IGREXA DE SANTA MARÍA DE XABIÑA
NÚCLEO DE AROU
CAMELLE E MUSEO DE MAN
RUTA DOS NAUFRAXIOS
PONTE DO PORTO
DUNA DO MONTE BRANCO
ENLACES E BIBLIOGRAFÍA
J.J. Moralejo, "Hidronimia prerromana de Gallaecia", en Onomástica Galega II, ed. Dieter Kremer, 2013
Luis Monteagudo García. "La religiosidad, callaíca: estela funeraria romana de Mazarelas (Oza dos Ríos, A Coruña), cultos astrales, priscilianismo y outeiros". Separata do ANUARIO BRIGANTINO 1996, nº 19.
https://www.adiantegalicia.es/costa-da-morte/2018/09/11/el-home-de-lazo-podria-ser-el-unico-menhir-identificado-de-la-ria-de-camarinas-segun-el-colectivo-px.html
https://www.adiantegalicia.es/reportaxes/2022/04/20/home-de-lazo-y-home-do-curbeiro-dos-gigantes-en-los-montes-de-xavina.html
https://guia.turismocamarinas.net/es/inicio#1729494258390
https://arqueotoponimia.blogspot.com/2023/07/o-suido-e-valdohome.htmlhttps://www.visitacostadamorte.com/es/rutassendas/prg190rutadosmuinospontedoporto
https://www.caminodosfaros.com/duna-de-monte-branco/
https://camarinas.net/media/documentos/16_RUTA_DOS_NAUFRAXIOS.pdf
https://www.paxinasgalegas.es/fiestas/r8⁹8⁸uta-de-los-naufragios-camari%C3%B1as-23720.html
https://www.caminodosfaros.com/puerto-de-camarinas/
https://www.caminodosfaros.com/faro-vilan/
https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/277440224/cemiterio-dos-ingleses?langId=es_ES&tp=9&ctre=40000100
https://turismocamarinas.net/que-hacer/castillo-soberano/
https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/10290/arou?langId=es_ES&tp=3&ctre=15
https://museos.xunta.gal/es/exposicion/museo-del-ermita-o-man#gallery-1
No hay comentarios:
Publicar un comentario