Pedrafita-menhir Marco do Vento ou Pedrafita do Seixo. Cerdedo
Para chegar: hai que coller a estrada N-541 (Pontevedra-O Carballiño) para dirixirse a Cerdedo, á altura do quilómetro 63,5. Unha vez en Cerdedo, hai que ir pola estrada que sinala Pesqueiras. Baixando cara ao fondo do val, apareceran uns carteirs que indican a dirección do parque eólico, cara ao alto.
O Monte do Seixo, "Montaña Máxica" segundo excelente publicación de Carlos Solla, atópase na Serra do Cando, a unha altitude media duns 900 ms, onde se xuntan os concellos pontevedreses de Cerdedo, Forcarei, A Lama e Cotobade.
Trátase dun lugar onde se xuntan os mitos de cidades asolagadas nas tres lagoas que noutrora existiran de Xestido (foron desecadas durante o franquismo), camiños primitivos tamén hoxe desaparecidos (grazas ao parque eólico), as poderosas e intimidantes rochas co nome de Portalén ou Porta do Alén... Campo de mámoas, campo de morte, necrópole megaglítica. Cultos atávicos que sobreviviron á carón do culto cristianizado de Santa Mariña. Toda a área atópase intímamente cinguida a ritos de fertilidade, encantamentos, acontecementos prodixiosos, etc. Trátase, a xuizo de Solla, dun auténtico Santuario, dun auténtico omphalos, dun centro do mundo mítico, e todo iso nun espazo que case non sobrepasa os 15 qms cadrados.
Segundo Carlos solla, no ano 2010, na carta arqueolóxica de Cerdedo había rexistradas 8 PEDRAFITAS e 3 ALIÑAMENTOS.
A pedrafita Marco do vento atópase a uns 100 ms de Portalén, e si estamos a falar dunha pedrafita prehistórica, estaríamos sen dúbida diante da máis poderosa da nosa terra, posto que acada unha altura de ao redor de seis metros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario