ANTA-DOLMEN DE PENACOVA II.
"Callando es como se aprende a oír; oyendo es como se aprende a hablar; y luego, hablando se aprende a callar."
Diógenes Laercio.
![]() |
Debuxo versión de Moncho Boga, 2024. |
Terras recónditas, terras abruptas, terras cheas de lendas, terras que están a conservar o sabor telúrico, o poder atemporal da fermosura, terras inscritas na pedra e de pedra, con carácter, coa dureza ctónica dos nosos antepasados.
Aí, nunha serra, nun cordal mentesío, entre Meira e Ribeira de Piquín, empázase unha necrópole atemporal composta por, polo menos, dúas mámoas con cámara megalítica mais ou menos conservada.
![]() |
Fotografía do blogue megaliticiablogspot.com |
Para chegar, pódese acceder desde o Alto do Couso (LU-751) vindo desde Meira, onde unha estrada á dereita, seguindo a pista dos muíños do Parque Eólico, levaranos ata as antas. Outro xeito é camiñando desde a aldea de Penacova, sendo un acceso dabondo complicado. Polo tanto, dun xeito ou doutro, será necesario ir equipado con XPS.
Como dicía a anta está moi cuberta de toxo e outras herbas sendo o seu estado de conservación moi malo, a pesares de conservar uns cantos esteos da estrutura arquitectónica. A preto duns cen metros atópase a anta de Penacova I.
Segundo as imaxes correspondentes, a anta-dolmen de Penacova II pode corresponder á tipoloxía de cámaras de planta poligonal con corredor desenvolvido. Algún dos esteos poden acadar os dous metros de altura. Parece conservar cinco ou seis esteos da estrutura arquitectónica.
Na suculenta información recollida do blogue de Xabier Moure (tantas veces consultado), destaca con personalidade de seu unha lenda recollida na zona que relata que na bisbarra sábese de certo que nunha das mámoas de Vilacova habia enterrado un coiro de boi que contiña no seu interior unha morea de ouro. Parece ser que ese ouro, segundo as verídicas informacións dos veciños, foi atopado sen lugar a dúbidas por uns veciños da contorna.
En Sigrás, nas augas de abril de 2025.
Saúde, sorte e libros!!!
OUTRAS COUSAS QUE SABOREAR
O humilde Concello de Ribeira de Piquín pertence ou está adscrito á Reserva da Biosfera "Río Eo, Oscos e Terras de Bourón", de xeito que é moi recomendable contemplar esta zona desde a perspectiva que ofrece esta calificación. No territorio pódense identificar corenta e un tipos de hábitat de interese comunitario, dos que once son considerados prioritarios. Peixes, londras, rato ibérico, aves, tartaruga careta...
Dicía que, aproveitando esta denominación, é poisble visitar unha boa xeita de antas e menhires, espallados por todo o territorio, así como outra boa cantidade de xacementos castrexos. Pero sen dúbida destaca a natureza, que se pode contemplar atendendo a unha boa cantidade de roteiros perfectamente sinalados. As rutas xacobeas da Costa e o Camiño Primitivo, transcorren por estas terras.
![]() |
Mapa extraído de https://es.slideshare.net/ |
ENLACES DE INTERESE
https://www.megalithic.co.uk/article.php?sid=41068
https://megaliticia.blogspot.com/2017/05/dolmenes-lugo.html
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=11293064
https://arqueoloxiadosancares.blogspot.com/2011/01/presentacion_23.html
https://es.images.search.yahoo.com/yhs/search?p=Mapa+da+Reserva+da+biosfera+R%C3%ADo+Eo%2C+Osdcos+e+terras+de+Bour%C3%B3n&fr=yhs-sz-002&type=type80260-732117
https://es.images.search.yahoo.com/yhs/search?p=Mapa+da+Reserva+da+biosfera+R%C3%ADo+Eo%2C+Osdcos+e+terras+de+Bour%C3%B3n&fr=yhs-sz-002&type=type80260-732117153&hspart=sz&hsimp=yhs-002&imgurl=https%3A%2F%2Fi0.wp.com%2Fhistoriadegalicia.gal%2Fwp-content%2Fuploads%2F2017%2F05%2FTerritorio-Eo-Oscos-Terras-de-Bur%25C3%25B3n.jpg%3Ffit%3D1600%252C890%26ssl%3D1#id=9&iurl=https%3A%2F%2Felecoturista.com%2Fwp-content%2Fuploads%2F2021%2F07%2F3-3.jpg&action=click
https://es.slideshare.net/slideshow/reserva-da-biosfera-ro-eo-os-oscos-e-terras-de-burn/65179913
No hay comentarios:
Publicar un comentario