Ídolo de Paredes. Paredes de Abaixo, Paradela
Trátase dunha peza de granito con forma rectangular que mide 22 centímetros de alto, entre 16 e 22 de ancho e 4 centímetros de grosor. Atópase no Museo de Lugo.
Fotografía: "Galicia no Tempo". Xunta de Galicia, 1991. |
Estamos diante dunha representación antropomorga gravada esquemáticamente sobre unha placa de pedra moi pouco grosa. A figura configúrase a través de varios trazos lineais que se poden interpretar como unha representación da vestimenta, completado coa insinuación da cara na parte superior. A incisión no centro da parte inferior pode interpretarse como a expresión do seu carácter feminino. Trátase dunha peza única na Península Ibérica.
A súa adscrición crono-cultural amosa dificultades: pódese interpretar como un produto da arte megalítica, posto que se atopou preto dun grupo de mámoas e, tamén, recorda aos ídolos megalíticos como o de Parxubeira. Sen embargo, a amplitude cronolóxica do megalitismo, impide tamén unha adscrición clara.
Por semellanza ou paralelismos formais con outras estelas tanto pintadas como con gravados, tamén se interpreta como asdcrita tanto ao Bronce Inicial como ao Bronce Pleno.
BIBLIOGRAFÍA
BUENO, P., FERNÁNDEZ MIRANDA, M. "El peñato de Vidiago (Llanes, Asturias" Altamira Simposium, Madrid, 451-467.
JORDÁ CERDÁ, F. "Arte de la Edad de Piedra" La Antigüedad I, Historia del Arte Hispánico, I. Madrid, 3-153.
VÁZQUEZ SEIJAS, M. "Una curiosa placa-ídolo en pedra granítica". Boletin de la Real Academia Gallega. XXII, 281-283.
tes unha errata: onde pos "antropomorga" é "antropomorfa"
ResponderEliminar