jueves, 12 de diciembre de 2024

PEDRAFITA-MENHIR DA VIRXE DA RIBEIRA SACRA. Santa María de Montederramo.

PEDRAFITA-MENHIR DA VIRXE DA RIBEIRA SACRA

SOSPEITOSOS HABITUAIS VIII


[514 a] Después de eso -proseguí- compara nuestra naturaleza respecto de su educación y de su falta de educación con una experiencia como ésta. Represéntate hombres en una morada subterránea en forma de caverna, que tiene la entrada abierta en toda su extensión, a la luz. En ella están desde niños con las piernas y el cuello encadenados, de modo que deben permanecer allí y mirar sólo delante de ellos, porque las cadenas [514b] les impiden girar en derredor la cabeza. Más arriba y más lejos se halla la luz de un fuego que brilla detrás de ellos; y entre el fuego y los prisioneros hay un camino más alto, junto al cual imagínate un tabique construido de lado a lado, como el biombo que los titiriteros levantan delante del público para mostrar, por encima del biombo, los muñecos.

Platón: República. Libro VII, 514a. Madrid: Editorial Gredos, 1986.



Pedrafita-menhir da Virxe da Ribeira Sacra.
Versión debuxada de Moncho Boga, 2024.


E retorno á Ribeira Sacra, ampla reserva espitirual dos galegos, extenso territorio regado polos ríos Miño e Sil, lugar sagrado desde sempre, desde a prehistoria, máxico e misterioso, lugar de dólmenes, pedrafitas, castros..., e lugar elexido primeiro polos eremitas e logo polos grandes cenobios, que salpicaron estas noutrora recónditas e abrupas terras de ermidas, igrexas e mosteiros. Con total seguridade este é un dos grandes recursos histórico-artístico e naturais da nosa terra.

Pois ben nunha das áreas que conforman este gran territorio, aséntase esta posible pedrafita, integrante dos nosos sospeitosos habituais, que mira sorprendente cara ás infinitas terras da Ribeira Sacra: trátase da pedrafita-menhir da Virxe da Ribeira Sacra no concello de Montederramo.



Fotografía de Mónica Parente.
Extraida do blogue patrimoniogalego.

Para chegar sen contratempos hai que coller a estrada OU-0602 que leva de Leboreiro a Montederramo e, deixando atrás a ermida de San Roque e Santa María, no punto quilométrico número cinco, nunha suave curva á dereita, pouco antes de chegar á capital municipal.

Hoxendía o que podemos contemplar é un monumento-escultura, que foi promovido  pola Asociación "Amigos de Montederramo", como fito conmemorativo para lembrar as vítimas do "11M".  Este pequeno monumento foi financiado pola "Obra Social Caixa Galicia" e a escultura enfoscada nunha especie de fornacina furada na pedrafita, foi cedida pola artista ourensá Maite Vázquez. A fornacina onde se acocha a Virxe da Ribeira Sacra atópase protexida por un cristal e por dúas barras verticais de aceiro. Tamén lle colocaron unha placa de aceiro inoxidable onde se relata o motivo da obra.



Esta especie de capeliña, realizada na cara principal da pedrafita, que acocha no interior a devandita imaxe da Virxe, amosa na parte superior ou croa un rebaixe cóncavo que, segundo o sabio entender de Alberte Alonso, é o deseño característico e típico das pedrafitas vencelladas coa observación astronómica na prehistoria: un rebaixe artificial que é coñecido no ámbito da arqueoastronomía como axexadoiro. Estamos pois, diante dun verdadeiro calendario solar, astronómico, polo que esta pedrafita débese ádscribir á tipoloxía do observación astronómica.



Fotografía de Mónica Parente.
Extraida do blogue patrimoniogalego.

A nosa pedrafita está fóra de contexto posto que foi trasladada desde a parroquia de Vilar de Astrés, no lugar de As Lameiras moi preto do Castro de Madrosende: estas contornas foron arrasadas pola maquinaria excavadora para regularizar os terreos para urbanizar. Alberte Alonso mantén que neste contexto débense salientar diversos elementos que proporcionan pistas sobre o lugar de orixe a saber, un leve rechán nunha aba con dirección sur desde o cumio de As Mouras e Penalonga nas Garduñeiras a 428 m.s.n. m. Na dirección do sur discorre o Río do Porto e o camiño antigo que hoxe comunica con Paradela. En palabras de Alberte Alonso:

"Considerar que nas nosas abas, pendentes, chairas, cumios, recháns e penechairas, tamén ao carón de ancestrais camiños, de cursos de auga, nacentes de regueiros, ou mananciais, localízanse penas, cons e penedos cumprindo función de observación astronómica, son os verdadeiros calendarios solares prehistóricos que sinalan os solsticios e equinoccios, e que por medio do retoque ou manipulación da súa croa, confírmase o encaixe do sol no axexadoiro, é a zona destacada e prominente a punta-lanzadeira da intención e idea do deseño da pedrafita".

Baixo estas condicións manteño, con Alberte, que este exemplar trasladado do seu emprazamento orixinal e reconvertido nun monumento conmemorativo, é unha verdadeira pedrafita, unha das sospeitosas habituais e recalcitrantes que teñen que formar parte da listaxe das pedrafita-menhires de Galicia.


Lat 42º 16´47,62´´ N Lon 7º 30´22,73´´ O
905 m.s.n.m.

En Sigrás, no Nadal de 2024.
Saúde, sorte e libros!!!



PARA SABER MAIS E CON SENTIDIÑO

https://patrimoniogalego.net/index.php/42770/2013/05/virxe-da-ribeira-sacra/

https://catalogaciondepedrafitasdegalicia.blogspot.com/2014/03/pedrafitas-de-observacion-astronomica.html

https://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/circulos-liticos-e-pedrafitas-de-galiza_09.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario