ANTA-DOLMEN CHAN DE ARMADA 1
SENDA DAS MÁMOAS DE MARÍN VII
Debuxo de Moncho Boga, 2025. |
A primeira vez que viaxei á Península do Morrazo na busca das increíbles antas que aínda se conservan na súa penechaira, esa primeira vez, dicía, buscaba unha anta denominada Chan de Armada que posuía unha gran cámara, unha pedra cobertora poderosa e un corredor desenvolvido. Isto foi en setembro do ano 1991. Dúas pistas segaban a mámoa por varias zonas, malia iso, a anta era dunha beleza extraordinaria, un prototipo dolménico, un paradigma dentro do horizonte megalítico galego.
Versión de Moncho Boga a partir de Fernando Carrera Ramírez. |
Sección da anta Chan de Armada 1. |
Fotografía de Moncho Boga, setembro de 1991. |
Fotografía de Moncho Boga, setembro de 1991. Pódese apreciar a tremenda pista forestal que pasaba á beira xusto da cámara, ocultando totalmente a mámoa por esa parte do norte. |
Escavacións do ano 2008 a cargo de J. C. Castro Carrera. |
![]() |
Fotografía do blogue ahoradosmouros.blogspot.com, 2012. Nestas datas aínda estaban sen limpar as pintadas vandálicas. |
Os trece chantos que está a conservar (probablemente non falta ningún da estrutura orixinal) destribúense do seguinte xeito: nove conforman a cámara poligonal, catro desenvolven o corredor de entrada (orientado ao suleste, como adoita ser habitual) e unha na cuberta que, ata agora, supoñíase engadida tras a escavación de Sobrino, como elemento alleo á estrutura orixinal.
Os esteos-chantos-ortostatos eríxense imbricados e apoiados uns cos outros, a partir do gran chanto da cabeceira, cunha altura decrecente desde o oeste (entre un metro e noventa centímetro e os dous metros) cara ao leste, cunha altura dun metro e medio.
No ano 2015 a prensa denunciaba o estado de abandono da anta. Fotografía, La Voz de Galicia. |
Malia que gran parte da masa tumular quedou totalmente arrasada e/ou sepultada debido á apertura da pista forestal que levaba ao Outeiro dos Loureiros, sabemos hoxe que a mámoa era e é un túmulo de grandes proporcións: o diámetro do eixo leste-oeste medía ao redor de vintecinco metros e vinte metros para o eixo norte-sul. A altura máxima non sobrepasaba o metro e oitenta centímetros. No lado do norte a pista forestal que pasaba por enriba, como estaba a dicir antes, alterou a súa fisonomía considerable e dramáticamente.
Fotografía de megaliticiablogspot.com |
![]() |
De Páxinas Galegas, 2022 |
Nas devanditas intervencións de Castro Carrera puidose constatar que a tampa ou cobertora da cámara era a orixinal. Sen embargo decidiuse non voltar a colocala no seu lugar primixenio de cubrición do dolmen debido a que se atopaba moi deteriorada e a propia composición metamórfica-xistosa da pedra podería provocar a súa rotura e subsiguente caída no interior da cámara.
![]() |
Fotografía de: https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/2024 |
![]() |
Fotografía de: https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/2024 |
Hoxe en día, eliminadas as pistas forestais e consolidada a estrutura arquitectónica, podemos contemplar e admirar un dos exemplares de arquitectura megalítica mais impresionantes da terra galega.
En Sigrás, noutro insidioso día de 2025.
Saúde, sorte e libros!!!
ENLACES E BIBLIOGRAFÍA
https://arqueologia-patinho.blogspot.com/2008/07/chan-de-armada-desvela-sus-secretos.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/marin/2015/09/16/zarzas-asfixian-area-mamoa-chan-armada/0003_201509P16C8995.htm
https://historiaymitos.blogspot.com/2009/04/mamoas-bajo-asedio-en-o-morrazo.html
https://ahoradosmouros.blogspot.com/2012/01/duas-lousas-da-mamoa-do-chan-da-armada.html
https://patrimoniogalego.net/index.php/4681/2011/09/mamoa-de-chan-da-armada-1/
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-das-mamoas-de-marin-219310977/photo-132766529
https://cousasdecarragal.blogspot.com/2025/03/marin-la-recomendada-ruta-das-mamoas.html
https://www.diariodepontevedra.es/articulo/o-morrazo/ruta-pasada-auga-estrear-senda-das-mamoas/202406162121471308969.html
https://www.diariodepontevedra.es/articulo/o-morrazo/nueva-senda-das-mamoas-marin-podra-realizarse-proximo-2-junio/202405011229341302690.html
https://www.carriola.es/index.php/noticias-de-marin-by-julio-santos/7174-el-concello-inaugura-el-proximo-domingo-la-ruta-das-mamoas-con-una-andaina-desde-el-lago-de-castineiras
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/2024-roteiro-das-mamoas-de-marin-otonal-noviembre-desde-lago-castineiras-a-lagocheiras-192112111/photo-118661999
https://nl.wikiloc.com/routes-wandelen/ruta-das-mamoas-de-marin-circular-desde-lago-castineiras-jmc-mamoas-192531087
https://it.wikiloc.com/percorsi-escursionismo/vilaboa-lago-de-castineiras-y-rio-maior-204892555




.jpg)



















