ANTA-MÁMOA DA MINA DA BOUZA DO PRIM
Debuxo de Moncho Boga, 2026. |
No ano 2013, unha nova no xornal Faro de Vigo daba conta do achádego dunha inédita anta en Terras do Carballiño, no Concello de Cea. Informaba que a anta fora descuberta polo arqueólogo Jorge Lamas Bértolo e mais polo historiador Juanjo Álvarez, ambos os dous membros do Grupo Ecoloxista e do Centro de Estudos Chamoso Lamas. Despois disa nova e da fotografía que a acompañaba cos dous descubridores, pasou un tempo ata que souben algo mais: foi a través do extraordinario blogue de Alex Negreira megaliticia.blogspot.com xa hai uns anos. As fotos que amosa son extraordinarias; tamén se pode escudriñar a súa entrada de sendeirismo en wilkiloc que reseño nos enlaces ao final.
Debuxo de Moncho Boga, 2026. |
Sen embargo, a Anta da Mina da Bouza do Prim, en realidade foi redescuberta por estes dous extraordinarios pesquisidores das nosa arqueoloxía e historia, non descuberta posto que a mámoa está catalogada desde o ano 1995, co número de rexistro GA32076010.
Plano de situación. Google maps. |
![]() |
Fotografía de Fidel Méndez, 2026 |
A Anta e Mámoa da Mina da Bouza do Prim emprázase a unha altitude de seiscentos vinte metros nunha área baixa que debuxa unha pequena cubeta; a contorna e a mesma mámoa están cubertan de monte baixo (xesta, toxo, carqueixa, fentos) así como algúns pinos e algúns carballos.
Planta de Moncho Boga. |
A mámoa é de grandes dimensións (uns trinta e cinco metros de diámetro) e amosa o consabido funil do minucioso espolio que afecta á zona da cámara. Esta estrutura arquitectónica talvez estea menos escangallada debido á tupida vexetación que a estivo a cubrir. O estado de conservación polo tanto é bastante bó, aceptable incluso: a pesares do tremendo espolio e o desprazamento dalgún esteo, parte da estrutura orixinal da anta aínda se está a conservar.
Fotografía de Alex Negreira en megalaiticia.blogspot.com |
![]() |
Fotografía de Fidel Méndez, 2026. |
Fotografía de Alex Negreira en megalaiticia.blogspot.com |
O estado de conservación, por último, é bastante aceptable, si esceptuamos o desprazamento dalgún esteo. Malia iso, gran parte da estrutura orixinal é probable que se estea a conservar. Polos arredores inmediatos e pola superficie da mámoa aparecen ciscalladas moitas pedras de tamaño mediano que sen dúbida forman ou formaron a coiraza pétrea.
![]() |
Mosteiro de Oseira. Fotografía da páxina web do Concello de Cea. |
Sempre é unha ledicia, un pracer e unha marabillosa experiencia camiñar polas antigas Terras do Carballiño: Cea ofrece sen lugar a dúbidas unhas extraordinarias paisaxes de naturaleza e arte que se misturan de xeito absolutamente fermoso e harmonioso. Visitar Cea é inexcusable.
EN SIGRÁS, ACHEGÁNDONOS AO OUTONO DE 2026.
SAÚDE, SORTE E LIBROS!!!
ENLACES E BIBLIOGRAFÍA NECESARIOS
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/dolmen-mina-da-bouza-do-prim-245243896
https://megaliticia.blogspot.com/2025/12/Mina-da-Bouza-do-Prim.html
https://www.farodevigo.es/ourense/2013/12/31/outeiro-demuestra-o-carballino-comarcas-17308384.html
PARA CHEGAR, UN ENLACE PARA UN VÍDEO DE ALEX NEGREIRA: https://www.instagram.com/p/DYzrB33iPeRZ8A7R2b232SLBjj_JmeZFT3FzQI0/?stkn=d3V0aHB1bHlqa2xh


