ANTA-DOLMEN MÁMOA DAS LAGOCHEIRAS 2.
SENDA DAS MÁMOAS DE MARÍN X
"Todo lo que hay ha existido siempre. Nada puede surgir de la nada. Y algo que existe, tampoco se puede convertir en nada".
Parménides de Elea
Seguindo a estela da Mámoa 1 de Lagocheiras, a Mámoa 2 atópase mesmamente na extremeira a media aba da estribación occidental do Monte Xaxán-Gagán, emprazada, como debe ser evidente, no mesmo bosque de repoboación de piñeiros e acacias así como monte baixo de silvas, toxo... Tamén presenta camiños forestais polo lado do oeste.
Así mesmo esta mámoa está composta por unha masa tumular de cativas dimensións, mais pequena que a mámoa número 1, adaptándose suavemente na dirección do comezo da pendente. Isas pequenas dimensións posibilitan que non teña moita visibilidade nin a media nin a longa distancia.
Fotografía de megaliticia.blogspot.com |
As medidas dos eixos norte-sul e leste-oeste acadan os 10 metros ata os nove, respectivamente. O burato de saqueo é poderoso: desde os dous metros e medio até o metro e medio nos correspondentes eixos, por orde.
Fotografía de megaliticia.blogspot.com |
Do interior do burato de violación ou saqueo (ou actividade menesterosa dos furtivos) emerxen varios esteos que debuxan unha cámara megalítica poligonal composta por catro chantos de pequeno tamaño. Catro deles semella que se conservan na súa posición orixinal e outros dous están lixeiramente desprazados.
No lado do norte asoma en superficie un posible e tamén cativo anel perimetral, así como algúns poucos restos visibles da coiraza que se concentran sobor de todo na orientación do norleste.
ALGUNHAS COUSAS INTERESANTES PARA VISITAR NA PENÍNSULA DO MORRAZO.
-O BOSQUE ENCANTADO DE ALDÁN (CANGAS DO MORRAZO)
Dentro do numerosos recursos culturais e turísticos que se poden visitar na Península do Morrazo, é dificil elexir, polo tanto débense visitar todos. Para destacar algún que nos últimos anos está a coller sona, decántome por este singular paraxe natural e arquitectónico.
Atópase nunha propiedade que se coñece co nome de O Frendoal, finca que foi propiedade dos Conde de Canalejas. Ao dividirse o terreno en dúas partes pola construción da estrada Cangas-Bueu, o Concello de Cangas quedouse cunha metade da devandita finca. Trátase dunha zona inesperada pola frondosidade do bosque, con diversos camiños e un cativo castelo de románticas reminiscencias.
![]() |
Castelo de O Frendoal. Fotografía www.galiciamaxica.eu |
Estamos diante dun bosque atlántico (foi coma un coto privado de caza) que inopinadamente prosperou a pesares de todas as dificultades. Consérvase o Arco dos Mouros, un acueducto de mampostería e un pequeno castelo con foxo e ponte levadiza. O castelo xa está bastante deteriorado.
En definitiva, paga a pena achegarse por esta área para admirar o que se adoita calificar como "lugar máxico", sen dúbida debido a ese aspecto romántico que lle confire a humidade e a botánica que prospera nos bosques atlánticos.
En Sigrás, nun bochornoso (e non me refiro ao clima) mes de setembro de 2025.
Saúde, sorte e libros!!!
ENLACES E UNHA POUCA BIBLIOGRAFÍA
https://megaliticia.blogspot.com/2024/07/Senda-mamoas-Marin.html
https://arqueologia-patinho.blogspot.com/2008/07/chan-de-armada-desvela-sus-secretos.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/marin/2015/09/16/zarzas-asfixian-area-mamoa-chan-armada/0003_201509P16C8995.htm
https://historiaymitos.blogspot.com/2009/04/mamoas-bajo-asedio-en-o-morrazo.html
https://ahoradosmouros.blogspot.com/2012/01/duas-lousas-da-mamoa-do-chan-da-armada.html
F. Carrera Ramírez e R. Fábregas Valcarce: "Arte parietal megalítico en le Noroeste Penínsular". Tórculo Edicións, 2006.
SOBRINO LORENZO-RUZA, Ramón. “Prospecciones arqueológicas en Morrazo”. El Museo de Pontevedra. Pontevedra. 1956.
https://patrimoniogalego.net/index.php/4681/2011/09/mamoa-de-chan-da-armada-1/
https://megaliticia.blogspot.com/2024/07/Senda-mamoas-Marin.html
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-das-mamoas-de-marin-219310977/photo-132766529
https://cousasdecarragal.blogspot.com/2025/03/marin-la-recomendada-ruta-das-mamoas.html
https://www.diariodepontevedra.es/articulo/o-morrazo/ruta-pasada-auga-estrear-senda-das-mamoas/202406162121471308969.html
https://www.diariodepontevedra.es/articulo/o-morrazo/nueva-senda-das-mamoas-marin-podra-realizarse-proximo-2-junio/202405011229341302690.html
https://www.carriola.es/index.php/noticias-de-marin-by-julio-santos/7174-el-concello-inaugura-el-proximo-domingo-la-ruta-das-mamoas-con-una-andaina-desde-el-lago-de-castineiras
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/2024-roteiro-das-mamoas-de-marin-otonal-noviembre-desde-lago-castineiras-a-lagocheiras-192112111/photo-118661999
https://nl.wikiloc.com/routes-wandelen/ruta-das-mamoas-de-marin-circular-desde-lago-castineiras-jmc-mamoas-192531087
https://it.wikiloc.com/percorsi-escursionismo/vilaboa-lago-de-castineiras-y-rio-maior-204892555
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/marin/2008/03/15/arqueologos-reconstruiran-mamoa-chan-armada/0003_6653268.htm
https://pt.wikiloc.com/trilhas-trekking/ruta-das-mamoas-de-marin-circular-desde-lago-castineiras-jmc-mamoas-192531087
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/comarca-do-morrazo/cangas/bosqueencantado/