PEDRAFITA-MENHIR DAS QUINTAS 6.
SOSPEITOSOS HABITUAIS 7.“No te imagines que los demás tienen tanto interés en escucharte como el que tú tienes de hablar.”
Antístenes
Pedrafita-Menhir na contorna do Pozo do Demo, segundo versión de Moncho Boga, 2024. |
Atópase nos arredores do colosal Castro das Quintas, poboado castrexo que semella inexpugnable en canto aos seus elementos defensivos. Pero a importancia deste enclave ou desta zona mídese tamén polas abondosas estacións de arte rupestre, tanto de menhires como de petróglifos, algún deles único en Galicia en canto ao seu aspecto formal e estilístico.
O lugar de As Quintas, no antigo camiño da Baixada a San Xosé, onde atopamos a Veiga de Meás, o Pozo do Demo con seis posibles pedrafitas-menhires abatidas que, xunto aos outros moitos elementos prehistóricos atopados nos últimos anos, caracterizan esta zona como a área de meirande concentración de pedrafitas de toda Galicia, sen ningunha dúbida.
A meirande parte destas pedrafitas, que iremos publicando pouco a pouco, atópanse na contorna inmediata do Pozo do Demo, en pequenas penechairas e orientados cara ao N. Na área, seguindo a Alberte Alonso, atopáronse restos arqueolóxicos que van desde o neolítico ata a Idade Media: círculos líticos, pedrafitas, pedras abaladoiras, petróglifos, trilitos, emprazamentos rupestres, pías, castros e algunha necrópole. A etnografía, o folclore e a toponimia vencellada con eles danos unha perspectiva do tremendo potencial da Terra de Verín e xeral e desta área en particular.
Malia que algúns investigadores manteñen que este raro esteo é un panel de petróglifos, a miña consideración, desde a distancia, é que semella unha pedrafita abatida, con todas as dificultades inherentes á carecterización pedrafiteira. Desde este pequeno foro, vouna tratar como unha das miñas "sospeitosas habituais".
Trátase dun gran esteo, monolito, de forma xeral cadrangular aínda que mais picudo no que pode ser a croa. Mide ao redor de dous metros para a altura e un metro na parte mais ancha que coincide co que pode ser a base. Pola súa superficie aparecen un conxunto de coviñas hemiesféricas, polo que talvez poda ser considerado un panel de petróglifos, aínda que pola súa forma eu inclínome pola consideración de pedrafita-menhir, con toda a prudencia que sempre recubren estes singulares elementos prehistóricos.
![]() |
Pedrafita-menhir das Quintas 6. Fotografía de Rafa Castro. |
Ao redor do Pozo do Demo, nome con que se coñece esta gran falla tectónica por onde baixa o torrente do mesmo nome, ata que se converte no regato de Cabreiroá, discorren moitas rutas de sendeirismo, todas elas espectaculares, de certa dificultade, onde se pode desfrutar das millores paisaxes e unha morea de patrimonio esquecido.
O Pozo do Demo é unha gran falla tectónica por onde baixa un torrente que se converte no regato de Cabreiroá: unha espectacular cova onde desauga o regato que serpentea desde a Veiga de Meás, onde forma unha gran poza da que non se ve o fondo. Contan os mais vellos que si botamos unha pedra atada a unha corda longa, vaise afundindo e semella que non chega ao fondo: cando recolles a corda ésta volta negra e queimada, como si voltase dás mesmas portas do Inferno.
Por todas estas notas, podemos considerar e consideramos que a Pedrafita-Menhir das Quintas ben pode pasar a formar parte do impresionante patrimonio pedrafiteiro da nosa terra, como un dos nosos/as "sospeitosos/as habituais".
Xa vai algúns anos (2017), unha nota de prensa anunciaba que o Concello de Verín reordenaría os recursos turísticos que se espallan por toda a área e/ou contorna do Pozo do Demo, informando que sería un auténtico museo natural ao aire libre, mediante a elaboración de seis roteiros temáticos. O plan prevía a recuperación de varios megálitos e a escavación dalgún outro xacemento arqueolóxico. No sei si se concrectaron estas actuacións, pero o que teño claro é que este lugar é moito mais que un enclave natural: é un espazo no que aínda se esconden variados recursos tanto naturais e histórico-artísticos como arqueolóxicos.
Debo, por último, referirme á colección Taboada Chivite, que foi elaborada polo gran Bruno Rúa: trátase dunha colección que se centra no patrimonio inmoble, abranguindo desde xacementos arqueolóxicos, arquitectura relixiosa e nobiliar, arquitectura industrial e recompilacións etnográficas. O 14 de abril de 2017 presentouse na biblioteca de Verín un libro resumo de toda a colección e o primeito dos dezasete volumes a saber, "Mámoas, estelas e pedrafitas".
Paga a pena perderse nas a veces abruptas terras do Alto Támega. Unha visita e moitas mais son absolutamente recomendables á Terra de Verín-Monterrei.
En Sigrás, moi preto do Entroido de 2025.
Saúde, sorte e libros!!!
BIBLIOGRAFÍA INDISPENSABLE
Sociedade Antropolóxica galega Proxecto Alto Támega. Universidade de Vigo
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/verin-comarca-de-verin-ourense-prg-150-sendeiro-do-pozo-do-demo-22216460
https://patrimoniogalego.net/index.php/70396/2015/03/as-quintas-6/
https://catalogaciondepedrafitasdegalicia.blogspot.com/
https://www.queverengalicia.com/2014/06/pr-g-150-sendeiro-do-pozo-do-demo-verin.html
https://naturalezadiego.wordpress.com/2023/08/18/ruta-pozo-do-demo/
https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/ruta-do-bufo-do-pozo-do-demo-16786836
https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/sae-luz-estilo-propio-arte-rupestre-alto-tamega
Bruno Rúa Martínez: Aldeas de Tamagania
Bruno Rúa: Mámoas, estelas e pedrafitas. Colección Taboada Chivite.
Garganta de O Pozo do Demo | joseconxo | Flickr
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/prg-150-sendeiro-de-o-pozo-do-demo-87716142