ANTA-DOLMEN A PEDRA ALTA. Cee
Non sei en que parroquia se atopa nin as medidas dos esteos que compoñen a estrutura arquitectónica desta fermosa anta. Segundo pode colexir a través da contemplación da fotografía, semella que estamos diante dun exemplar adscrito á tipoloxía das plantas desenvolvidas de xeito circular e cun incipente corredor, ou corredor pouco desenvolvido.
Tamén, segundo o anterior criterio, a superficie da mámoa está recuberta de numerosas pedras, o que pode dar lugar á consideración ou pervivencia dunha poderosa coiraza pétrea.
Segundo a información recollida no blog do amigo Xabier Moure Salgado (onosopatrimonio), a anta confórmase a través de seis esteos e outros dous para o corredor.
Fotografía extraida do blog onosopatrimonio, de Xabier Moure Salgado