"Tú, Sócrates, comenzaste diciendo que la virtud no se puede enseñar, y ahora estás insistiendo en lo contrario, tratando de mostrar que todas las cosas vienen del conocimiento, de la justicia, y de la sensatez, hasta incluso el coraje, desde donde seguiría esa virtud. Ciertamente que se puede enseñar."
Protágoras de Abdera
Debuxo de Moncho Boga, 2025. |
Estoutra anta, asentada polas limítrofes terras dezanas dos concellos de Rodeiro e Agolada, atópase inmersa nas montareces alturas que configuran a súa paisaxe megalítica. E como sempre nos últimos tempos, viaxo a cegas, pero sin lastimarme. Viaxo sen poder sorprenderme polas curiosidades impresionantes que se atopan no camiño..., e non fago camiño ao andar. Transito desde unha cómoda silla.
![]() |
Fotografía de Elixio Vieites en patrimoniogalego.net |
Para acceder a esta anta é absolutamente necesario guiarse polo XPS. Aínda así, chégase camiñando (non hai outra forma) desde a aldea de Axiaz. Non é necesario incidir en que chegar a este emprazamento é extremadamente complicado.
O fermoso túmulo que atopo nas fotografías debuxa unha mámoa de tipo medio que non sobrepasa os quince metros por ningunha das orientacións diametrais. A mámoa semella que se está a conservar en bastante bo estado, amosando un enorme funil de saqueo, froito do abafante, menesteroso e incansable traballo dos piratas profanadores das nosas senlleiras tumbas neolíticas.
No interior deste gran burato de saqueo, aséntanse os restos da cámara megalítica que se compón de dous ou tres grandes esteos de granito. Estes probablemente debuxarían unha cámara poligonal tendente a circular, malia que as fotografías non permiten deducir esta afirmación. A altura máxima dos esteos non sobrepasa os oitenta e cinco centímetros e unha anchura de cincoenta centímetros. O grosor anda polos vinte centímetros.
![]() |
Fotografía de Elixio Vieites en patrimoniogalego.net |
Ao redor do burato onde se asentan os restos da anta e por enriba da mámoa aparecen unha boa morea de pedras espalladas: algunhas poderían formar parte da coiraza pétrea e outras, meirandes, talvez sexan os restos esnaquizados da pedra cobertora ou tampa.
O Conxunto megalítico da Anta-dolmen Cima da Costa 2 atópase moi preto, a poucos metros, da fronteira entre os concellos de Agolada e Rodeiro, como estaba a dicir mais enriba.
Fotografía de megaliticia.blogspot.com |
Para rematar, aínda que nalgures se sinala que pertence ao Concello de Agolada, a mámoa aparece no planeamento de Rodeiro, na parroquia de Guillar.
En Sigrás, mes séptimo dos romanos do ano 2025.
Saúde, sorte e libros!!!
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/RODEIRO/documents/26711ca031.pdf pax 5
https://megaliticia.blogspot.com/2015/11/mamoa-de-cima-da-costa.html
https://patrimoniogalego.net/index.php/77217/2015/08/mamoa-cima-da-costa-2/
https://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/mamoas-de-galizagalicia-provincia-de_9.html