mércores, 1 de xullo de 2026

ANTA-DOLMEN 5 DA NECRÓPOLE DA CHAN DA CRUZ. San Vicenzo de Trasmañó, Redondela

ANTA-DOLMEN 5 DA NECRÓPOLE DA CHAN DA CRUZ.

RUTA MEGALÍTICA DA CHAN DA CRUZ, MONTE PENIDE-MIRALLO

"Si solo pudiéramos ver los torrentes de hipocresía y crueldad, las mentiras, el degüello, las violaciones de toda obligación de la humanidad que ha fluido de esta fuente en el curso de la historia de las naciones cristiantas, ante tal visión palidecerían los peores cuadros mentales que nos pudieramos formar del infierno."

Henry Huxley, T.


Debuxo versión de Moncho Boga, 2026.

Para chegar a estoutra mámoa da necrópole ou Conxunto Tumular da Chan da Cruz, desde os últimos catrocentos cincoenta metros (ver a descrición do percorrido nas entradas anteriores), hai que chegar obrigatoriamente a outro cruzamento que leva dereitamente á penechaira e hai que coller cara ao notre. A anta atópase á esquerda. Sei que con estas indicacións probablemente non imos chegar, polo tanto recomendo encarecidamente axudarse do XPS. Moi bonito, pero tampouco seguro, é ir cun mapa.


Foto extraída de megaliticiablogspot.com

Mirando por aquí e por acullá, é mais que probable que esta mámoa sexa a que Mergelina anotou no seu mapa con número 12 (Túmulo XII) no ano 1936. Tamén corresponde coa mámoa 11 da numeración de Hidalgo Cuñarro e Torres Goberna de 1980. Así mesmo e seguro que sexa a que leva o número 10 segundo a prospeción levada a cabo polo Grupo de Arqueoloxía Alfredo Alén.

Neste punto debo subliñar que esta mámoa (como algunhas outras da necrópole) aparece situada dentro dos limites parroquiais de Santo Estevo de Negros. Como non teño seguridade algunha sobre a súa adscrición parroquial, optei por San Vicenzo de Trasmañó seguindo a opción que ven  sinalada no PXOM de Redondela.


Situación da Anta número 5. Google maps.

Sexa como sexa, a anta está hoxe á vista e dicir, os poucos restos que se están a conservar, froito da limpeza que supoño será habitual, tanto polo desbroce dos montes como polo adecentamento destes senlleiros elementos protagonistas da Ruta oficial.


Debuxo a partir de Vázquez Collazo.

Como sempre nesta zona (e en case todas as de Galicia) a mámoa estaba cuberta de eucaliptos, piñeiros, monte baixo (uz, toxo, silvas e fieitos) así como algún tobo dos mamíferos que poboan os bosques. Como xa sabemos estes terrenos pertencen á Comunidade de Montes en Man Común da parroquia de Negros.


Fotografía de Xosé Couñago de https://montepenide.wordpress.com

Cando se chega ao emprazameto desta mámoa, veremos un túmulo de tamaño mediano grande que acada uns vinteseis metros  do eixo norte-sul, os vintecindo no leste-oeste e unha elevación na cota mais alta de case dous metros (a  área do norte, mais ou menos).


Foto extraída de megaliticiablogspot.com

Aparecen dúas singularidades: unha morea de terra e unha gabia que leva ao gran burato do "meticuloso" expolio. Esa terra semella que procede da gabia que chega ata a cámara e ao burato de violación, á croa da mámoa. 


Foto extraída de megaliticiablogspot.com

Nese devandito funil do salvaxe expolio eríxense os tres esteos á vista que permanecen da súa primitiva estrutura arquitectónica ou cámara megalítica: son tres chantos con lixeira inclinación cara ao centro do burato. Deixar constancia tamén de que a cara do norte da mámoa é a que mellor se conserva de todo o conxunto. Pola superficie da mámoa pódense apreciar algúns croios e pedras de granito de mediano tamaño que ben poideran formar parte da coiraza pétrea.


Unha visión da Anta número 5.

Os tres esteos de granito miden, o meirande ao redor dos oitenta centímetros de altura e case un metro e trinta centímetros de anchura. O mais cativo non acada os setenta centímetros de alto, os noventa de ancho e un grosor duns trinta centímetros. Tamén me contan que probablemente haxa un cuarto chanto oculto pola terra ou pola colmatación.


Panel das antas da Ruta.

Desde esta mámoa, visible a longa distancia, albíscanse, cando o monte está limpo de maleza, moitas das outras mámoas que conforman a necrópole.

EN SIGRÁS, REMATANDO O MES DAS MEIGAS, 2026.
SAÚDE, SORTE E LIBROS!!!


BIBLIOGRAFÍA E ENLACES QUE PAGAN A PENA

https://megaliticia.blogspot.com/2025/12/Necropole-Monte-Penide.html

José Manuel Hidalgo Cuñarro e Fernando Javier Costas Goberna, “El gran conjunto megalítico de Monte Penide, Redondela-Pontevedra.” El Museo de Pontevedra, XXXIV, 1980

Cayetano Mergelina, “Notas sobre arqueología gallega. Las mámoas de Chan da Pedra do Couto y de San Colmado.” Boletín del Seminario de Arte y Arqueología, Tomo 4,1º., curso de 1935-36. Valladolid, 1936.

Patiño Gómez, R.: “La necrópolis megalítica de Monte Penide – Vixiador”. Traballos de Arqueoloxía, 1992. Publicación do grupo de arqueoloxía Alfredo García Alén.

Filgueira Valverde y García Alén, “Inventario de monumentos megalíticos de la provincia de Pontevedra.” El Museo de Pontevedra, XXXI. Pontevedra 1977.

R. Fábregas Valcarce, X. Carballo Arceo y V. Villoch Vázquez. Petroglifos y Asentamientos: El caso de Monte Penide (Redondela Pontevedra).

Antonio Martínez Cortizas, Ramón Fábregas Valcarce, Susana Franco Maside. Evolución del paisaje y actividad humana en el área de Monte Penide (Redondela Pontevedra).

Ramón Boga Moscoso, “Guía de dólmenes de Galicia.” Bahía 1997.

Baños Rodríguez et al, “Antas e pedraditas de Galicia.” Asociación de Amigos do Museu Arqueolóxico A Coruña, 1996.

https://montepenide.wordpress.com/

https://oestrymnio.blogspot.com/2013/03/monte-penide-necropolis-megalitica-y.html

https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/mamoa-inedita-1-das-pedras-do-picos-cabeiro-o-vixiador-2633234

https://web.archive.org/web/20140111003856/http://www.acitania.com/Visita_Guiada_MontePenide-ACITANIA.pdf

https://turismoriasbaixas.com/es/search/museo-virtual-monte-penide-prehistorico

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-dos-tumulos-de-monte-penide-monte-mirallo-redondela-45986051

https://www.galiciamaxica.eu/galicia/mirador-de-coto-fenteira/

https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=56&id=2345

https://sanvicentedetrasmano.wordpress.com/2013/01/28/ruta-de-los-misterios-y-las-leyendas/

https://montepenide.wordpress.com/category/castro-de-negros/

https://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/mamoas-de-galizagalicia-provincia-de_9.html

https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/11/o-castro-de-negros.html

https://redondela.gal/categoria/turismo-redondela/que-ver/

https://espanaviajar.com/pontevedra/pueblos/redondela/

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/monte-penide-roteiro-prehistorico-9144743

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2013/05/06/redondela-musealizara-mayor-yacimiento-mamoas-galicia/0003_201305V6C3991.htm

https://sanvicentedetrasmano.wordpress.com/2013/01/28/que-ver/

https://www.google.com/maps/dir/Redondela,+Pontevedra/Petr%C3%B3glifos+de+Chan+da+Cruz,+Unnamed+Road,,+36811+Redondela,+Pontevedra