Amosando publicacións coa etiqueta Terra do Deza. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Terra do Deza. Amosar todas as publicacións

venres, 28 de agosto de 2026

ANTA-DOLMEN CHAIRA DO MEDIO. Santa María de Ventosa, Agolada.

ANTA-DOLMEN CHAIRA DO MEDIO

9.-POR TERRAS DE VENTOSA: RUTA MEGALÍTICA DE AXIAZ

"Cada guerra es una destrucción del espíritu humano."

Henry Miller


Debuxo de Moncho Boga, 2025.

E, con sentidiño, vou chegando ao remate desta xeira de extraordinarias antas que están a salpicar de xeito harmonioso e inexplicable o Concello de Agolada. E chego á tremendamente descoñecida Anta-Dolmen da Chaira do Medio. Debido sobre todo aos seus motivos artísticos novedosos, a anta foi declarada BIC por resolución do 15/03/2021 e publicouse no DOGA nº 70 do 08/04/2021. A pesares, polo tanto, de ter a máxima proteción que concede a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, a anta permanece no mais absoluto abandono: a desidia institucional prevalece sobre a obligatoriedade legal da súa proteción.



Mapa de situación. Google maps.

Atópase moi preto das mámoas que conforman a Necrópole de As Namelas e por iso o traxecto para chegar é o mesmo que veño describindo nas entradas anteriores. Sexa como sexa, é imperioso levar con un o XPS. A súa situación xeográfico-orográfica a localiza na chaira inferior da aba do Coto e a vexetación que prospera con fruición é o monte baixo alternando con monte alto, sobre todo de piñeiros.



Planta da Chaira do Medio versión
a partir de Fábregas-Penedo1995 (ver bibl.)

O contido desta entrada é un resumo do fundamentado estudo que os investigadores Ramón Fábregas e Rafael Penedo publicaron no ano 1995. Neste pequena e estupenda investigación, dase a nova, a información e a análise pormenorizados, das gravuras atopadas nun dos esteos da Anta da Chaira do Medio. A importancia do achádego céntrase no novedoso do motivo da gravura, sen paralelos no megalitismo galego (malia que si os hai moi semellantes nos petróglifos), polo que se trata dun caso único, illado, e ubicado en pleno corazón da Terra do Deza, abondosa noutro tipo de gravuras diferentes temáticamente.


Fotografía de Manuel Busto Galego en ospendellos.blogspot

A Anta localízase no contexto do Val de Camba (en terras de Ventosa), que está formado ou comprende os concellos de Agolada, Lalín e Rodeiro. Xa sinalei noutras entradas deste mesmo blogue a importancia deste val no conxunto do megalitismo dezano: aí se ubican as antas decoradas de Parada de Alperiz, as do Coto do Cornellal, As Namelas, o Monte Guillar...


Mapa do Val de Camba do ano 1931.
Extraído do blogue, historiasdedeza.wordpress.com

Atópase a unha altitude de case seiscentos metros e acubíllase nunha mámoa de pequenas dimensións: ao redor dos trece metros no diámetro norte-sul, os once metros no leste-oeste así como uns cincoenta centímetros de altura. Como dicía, no interior desta mámoa atópase a estrutura arquitectónica ou anta, moi remexida, violada, espoliada, que sobresae dese funil conservando cinco esteos de granito, dos que só un parece ser que está fora do lugar orixinal. Desenvolve unha planta poligonal simple posto que non se aprecia resto algún do corredor de entrada.


Esteo decorado da Anta Chaira do Medio. Fotografía extraída
de Fábregas-Vilaseco (Ver Bibl.)

Segundo Fábregas-Penedo (1995, ver bibli.), o esteo no que se debuxa a gravura é de granito e mide uns sesenta e tres centímetros de longo, case cincoenta e cinco de ancho e atinxe un grosor medio duns vintedous centímetros. A altura máxima desde o chan é de ao redor de sesenta centímetros. A orientación da gravura prodúcese cara ao noroeste. A técnica da feitura é o piqueteado, moi irregular neste caso. O motivo gravado adopta unha forma que tende a rectangular, con oito liñas transversais case paralelas e continúa mais aló do chan, na parte soterrada, fincada, do esteo.


O motivo "escaleriforme" da Anta Chaira do Meido. Versión propia
a partir de Anxo R. Paz en Fábregas-Vilaseco (Ver bibl.)

Precisamente unha das grandes particularidades desta gravura é a non existencia de paralelos nin próximos nin en xeral no contexto megalítico galego, mais que os "escaleriformes" de Pena das Cazolas en Silleda, outro rectangular en Campo Lameiro..., pero sempre ao aire libre. Os outros paralelos os atopan fora de Galicia. E dicir, aparece en múltiples contextos, interpretándose que en xeral poderían corresponderse con figuracións humanas, intencións relixiosas ou facer referencia a antepasados míticos...



Panel cos debuxos da ruta.

En definitiva, a gravura interpretada pode ser datada, tendo en conta o seu illameto dentro do contexto do megalitismo galego e faltando evidencias cronolóxicas concretas, en torno a finais do IV milenio a. de X.C.

Para rematar, a única fotografía que atopei desta silandeira anta é de Manuel Busto, ilustre coñecedor, divulgador e investigador das terras do Concello de Agolada.


EN SIGRÁS, NOS PRIMEIROS FRÍOS ESTIVAIS DE 2026.
SAÚDE, SORTE E LIBROS!!!


BIBLIOGRAFÍA E ENLACES INSOSLAIABLES

https://megaliticia.blogspot.com/2015/11/mamoas-da-chaira.html

https://patrimoniogalego.net/index.php/77106/2015/08/mamoa-de-coto-cornellal/

https://patrimoniogalego.net/index.php/77217/2015/08/mamoa-cima-da-costa-2/

https://catalogaciondepedrafitasdegalicia.blogspot.com/

Ramón Fábregas Valcarce: "En torno al megalitismo gallego." PDF.

Ramón Fábregas Valcarce e Rafael Penedo Romero: "Antropomorfo grabado en un túmulo Megalítico de Agolada /Pontevedra)." Departamento de Historia l. Universidade de Santiago de Compostela. PDF.

Fábregas Vácarce e Vilaseco Vázquez: "O Megalitismo na Comarca do Deza. Un proxecto para a conservación do patrimonio arquitectónico inmoble." PDF.

Fábregas Valcarce et al.: "Estudios en torno ao Megalitismo da Comarca de Deza. Primeiros Resultados". Departamento de Historia 1. USC.

Fábregas Valcarce R., Penedo Romero, R.: "Ortostato grabado de Agolada (Pontevedra): Un nuevo motivo grabado en el arte megalítico del NW Penínsular.", Ed. Sociedade Portuguesa de Antropología Cultural, 1995.

Fernando Carrera Ramírez: "El dolmen de Os Muíños (Agolada, Pontevedra). Intervención para la documentación y protección de la pintura megalítica conservada".

Fernando Carrera Ramírez e Ramón Fábregas Valcarce: "Arte parietal megalítico en el Noroeste Peninsular. Conocimiento y conservación" Tórculo Edicións, 2006.

https://ospendellos.blogspot.com/2018/05/aldeas-con-corazon-axiaz-rio-vilar.html

https://megaliticia.blogspot.com/2025/09/Dolmenes-Pontevedra.html

https://ospendellos.blogspot.com/2016/03/mamoas-do-coto-cornellal-axiaz.html
https://fonte.es/A-PORTADA/2018-04-16~Toponimia_de_Agolada.html

https://www.instagram.com/manuelbustogalego/

http://www.agolada.es/turismo/que-ver

https://ospendellos.blogspot.com/

https://historiasdedeza.wordpress.com/category/agolada/

aopedofarelo Desde Agolada-Pontevedra

https://dagolada.blogspot.com/

https://aquamlatam.blogspot.com/

https://www.youtube.com/watch?v=jK-0_YFSzII

https://megaliticia.blogspot.com/2025/10/Petroglifos-Pontevedra-Deza-Tabeiros.html

https://folletosturisticos.com/ngg_tag/agolada/#gallery/agolada/5668
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/comarca-do-deza/agolada/
iglesia-de-san-xulian-de-ventosa

https://canedo.eu/Comarcas/PONTEVEDRA/3_Deza.html

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/
sobreirais-do-rio-arnego-agolada-pontevedra-668906

https://ospendellos.blogspot.com/2017/01/roteiro-cultural-dos-petroglifos-de.html

https://patrimoniogalego.net/index.php/77720/2015/09/petroglifos-do-couto-da-aspra/

https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/subida-ao-monte-farelo-a-golada-e-antas-de-ulla-44864919/photo-29452676

https://www.rios-galegos.com/ulla/index.html

https://historiadeza.wordpress.com/2024/12/14/la-iglesia-de-san-xulian-de-ventosa-la-catedral-del-arte-rural-gallego/

https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/sobreiral-do-arnego/20240705081019201775.html

https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/view/306/302/256

https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/7467/pazo-de-borraxeiros?langId=es_ES&tp=9&ctre=36

https://genealogiasdegalicia.wordpress.com/2012/01/21/condado-de-borrajeiros/

https://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com/search?q=Anta+Coto+do+Cornellal

https://historiasdedeza.wordpress.com/category/xeografia/

mércores, 26 de agosto de 2026

ANTA-DOLMEN DA NECRÓPOLE DAS NAMELAS 2. Santa María de Ventosa, Agolada

ANTA-DOLMEN DA NECRÓPOLE DAS NAMELAS 2.

8.-POR TERRAS DE VENTOSA: RUTA MEGALÍTICA DE AXIAZ


"Somos mucho más fuertes cuando nos tendemos la mano y no cuando nos atacamos, cuando celebramos nuestra diversidad […] y juntos derribamos los poderosos muros de la injusticia."

Cynthia Mckinney



Debuxo de Moncho Boga, Sigrás 2025.

Deixo atrás a Necrópole do Cornellal e diríxome cara á necrópole do lugar denominado As Namelas, aínda na parroquia de Ventosa. Sigo camiñando coas palabras e a imaxinación, sigo por eses agrestes montes, sigo por entre silvas, xestas..., camiños pedregosos, repoboacións forestais, sigo camiñando na busca dos elementos colosais que supuxeron a primeira apropiación dun espazo, a primeria arquitectura monumental con sentido decidido de perdurar, cunha utilización continuada durante milenios nalgúns casos, a primeira humanización da paisaxe que se coñece en Galicia. 


Situación da Anta Namelas 2. Google maps.

Sigo polo tanto escudriñando esas enormes construcións dos homes do Neolítico, aquiles homes que cun enorme esforzo adicaron unha tremenda cantidade de tempo e esforzo á morte, ao culto aos antepasados e que semella  perdura e perdurará en Galicia a pesares dos cambios de milenios: o ancestral culto á morte. 


Fotografía extraída da páxina web patrimoniogalego.net

As antas galegas, como se ven mantendo na bibliografía especializada, preséntanse pois como a primeira arquitectura monumental. Non só a función funeraria, senon que se conforman como as primeiras construcións que foron feitas coa intención clara de perdurar, talvez cun senso de "eternidade." Por iso talvez se converteron en referentes, destacando e dominando a paisaxe: unha apropiación tanto simbólica como real do territorio.

A mámoa da anta 2 de As Namelas é das do tipo medio pequeno acadando nos seus eixos os dez metros no norte-sul e case os trece no eixo leste-oeste. Presenta abondosos restos da coiraza pétrea.


Fotografía de Alex Negreira do blogue megaliticia.blogspot.com

Forma parte dunha necrópole composta por cinco mámoas, das que a número 1 foi completamente desfeita posiblemente debido a labouras forestais. Confórmase a través dunha cámara de planta poligonal, de reducidas dimensións, que conserva seis esteos, dous deles con decoración xeométrica a xeito de gravuras de traza ondulada e crebada.  Están perfectamente imbricados entre sí, feito común para garantir a estabilidade do conxunto arquitectónico.


As gravuras en dous esteos da cámara.
Fotografía de Alex Negreira do blogue megaliticia.blogspot.com


Os seis esteos están na súa posición orixinal e, ademais, aparece outro chanto ou laxe desprazada no lado do suleste da mámoa que parece que foi esnaquizado e rebaixado: probablemente é o que queda da pedra cobertora ou tampa.  Por outro lado, a uns cen metros desta anta atópase a Anda de As Namelas 3.


Planta da anta de As Namelas 2. A partir de Penedo et alii.

Como dicía antes, os gravados atópanse sobre a cara interna de dous esteos da cámara: consisten nun motivo xeométrico que está composto por liñas en zigue-zague ou liñas ondeadas gravadas en paralelo. Trátase posiblemente dun tipo de representación xeométrica a xeito de decoración que é típico ou moi común na arte megalítica do horizonte tumular de Galicia.


Panel cos debuxos das antas da ruta.

Sen moito mais que dicir, dispóñome a perxeñar o seguinte elemento desta imaxinada (non por imaxinada menos real) ruta das frondosas terras de Ventosa.





EN SIGRÁS, REMATANDO O MES DE AUGUSTO DE 2026.
SAÚDE, SORTE E LIBROS!!!


BIBLIOGRAFÍA E ENLACES IMPRESCINDIBLES

https://megaliticia.blogspot.com/2015/11/mamoas-da-chaira.html

https://patrimoniogalego.net/index.php/77106/2015/08/mamoa-de-coto-cornellal/

https://patrimoniogalego.net/index.php/77217/2015/08/mamoa-cima-da-costa-2/

https://catalogaciondepedrafitasdegalicia.blogspot.com/

Ramón Fábregas Valcarce: "En torno al megalitismo gallego." PDF.

Ramón Fábregas Valcarce e Rafael Penedo Romero: "Antropomorfo grabado en un túmulo Megalítico de Agolada /Pontevedra)." Departamento de Historia l. Universidade de Santiago de Compostela. PDF.

Fábregas Vácarcel e Vilaseco Vázquez: "O Megalitismo na Comarca do Deza. Un proxecto para a conservación do patrimonio arquitectónico inmoble." PDF.

Fábregas Valcarce et al.: "Estudios en torno ao Megalitismo da Comarca de Deza. Primeiros Resultados". Departamento de Historia 1. USC.

Fábregas Valcarce R., Penedo Romero, R.: "Un nuevo motivo grabado en el arte megalítico del Nw Penínsular", 1995

Fernando Carrera Ramírez: "El dolmen de Os Muíños (Agolada, Pontevedra). Intervención para la documentación y protección de la pintura megalítica conservada".

https://ospendellos.blogspot.com/2018/05/aldeas-con-corazon-axiaz-rio-vilar.html

https://megaliticia.blogspot.com/2025/09/Dolmenes-Pontevedra.html

https://ospendellos.blogspot.com/2016/03/mamoas-do-coto-cornellal-axiaz.html
https://fonte.es/A-PORTADA/2018-04-16~Toponimia_de_Agolada.html

https://www.instagram.com/manuelbustogalego/

http://www.agolada.es/turismo/que-ver

https://pendellos.blogspot.com/

https://ospendellos.blogspot.com/

https://historiasdedeza.wordpress.com/category/agolada/

aopedofarelo Desde Agolada-Pontevedra

https://dagolada.blogspot.com/

https://aquamlatam.blogspot.com/

https://www.youtube.com/watch?v=jK-0_YFSzII

https://megaliticia.blogspot.com/2025/10/Petroglifos-Pontevedra-Deza-Tabeiros.html

https://folletosturisticos.com/ngg_tag/agolada/#gallery/agolada/5668
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/comarca-do-deza/agolada/
iglesia-de-san-xulian-de-ventosa

https://canedo.eu/Comarcas/PONTEVEDRA/3_Deza.html

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/
sobreirais-do-rio-arnego-agolada-pontevedra-668906

https://ospendellos.blogspot.com/2017/01/roteiro-cultural-dos-petroglifos-de.html

https://patrimoniogalego.net/index.php/77720/2015/09/petroglifos-do-couto-da-aspra/

https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/subida-ao-monte-farelo-a-golada-e-antas-de-ulla-44864919/photo-29452676

https://www.rios-galegos.com/ulla/index.html

https://historiadeza.wordpress.com/2024/12/14/la-iglesia-de-san-xulian-de-ventosa-la-catedral-del-arte-rural-gallego/

https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/sobreiral-do-arnego/20240705081019201775.html

https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/view/306/302/256

https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/7467/pazo-de-borraxeiros?langId=es_ES&tp=9&ctre=36

https://genealogiasdegalicia.wordpress.com/2012/01/21/condado-de-borrajeiros/

https://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com/search?q=Anta+Coto+do+Cornellal

venres, 21 de agosto de 2026

ANTA-DOLMEN COTO DO CORNELLAL 4. Santa María de Ventosa, Agolada.

ANTA-DOLMEN DO COTO DO CORNELLAL 4 

6.-POR TERRAS DE VENTOSA: RUTA MEGALÍTICA DE AXIAZ 

"Como vivo en milenios, siempre se me hace raro el oír hablar de las estatuas o los monumentos. No consigo pensar en una estatua que le esté dedicada a un hombre de mérito sin imaginarla derribada y destruida a causa de las guerras del futuro."

Walter Benjamin



Debuxo Moncho Boga, 2026.

No mesmo lugar de Axiaz, na mesma parroquia de Santa María de Ventosa, no mesmo Concello de Agolada..., sigo entretido intentando ensinar e divulgar os megaliterios segredos destas menesterosas terras. Sigo na Terra do Deza, sigo no Corazón de Galicia.


Mapa de situación. Google maps.

É como sigo por estes amenos paisaxes, xa é o intre de recordar o xeito de como achegarse, a ser posible en automóbil, que andar cansa moito: pois ben, desde a estrada N-640, saíndo da capital municipal, hai que obrigatoriamente coller cara á dereita como si fósemos para a Igrexa parroquial. Desde aí xurde unha desviación que leva dereitamente a Axiaz e, neste morriñento lugar, é convinte coller outro desvío cara ao sul na busca do río Turubelo. A case pouco menos dun quilómetro, desviámonos unha vez mais á dereita por unha pista-estrada ata que, si non chegamos á necrópole, é que estamos perdidos. Por iso recomendo encarecidamente conectar o XPS. As mámoas dispóñense mais ou menos na direción do suroeste.



Fotografía de Alex Negreira en megaliticia.blogspot.com

A Anta-dolmen mámoa do Cornellal 4 (mámoa da Chaira 2) a talhora ubícase nunha especie de vagoada ou cunca de moi sueve e lixeirísima pendente. O monte baixo é o rei das especies botánicas que salpican a contorna inmediata e a non tan inmediata: prosperan de xeito  milagreiro os fentos, a carqueixa, as silvas, algún toxo e, por riba de todos, a xesta.

Esta mámoa parece ser que non estivo a sofrir graves alteracións antrópicas, malia que onde se manifesta con rotundidade e alevosía é no consabido burato do espolio, que xa parece formar parte consustancial da estrutura dunha calquera mámoa-túmulo galega. Segundo me contan, debido aos relativamente numerosos incendios forestais, a mámoa estivo a sufrir un proceso de erosión mais rápido e consistente, coa conseguinte perda dunha boa parte da masa tumular apreciable sobre todo en altura.



Fotografía de Alex Negreira en megaliticia.blogspot.com

Como se pode colexir, a nosa mámoa 4 atópase bastante ben conservada cunhas dimensións de tipo medio, a fochanca de espolio está bastante colmatada e unha boa morea de restos de pedra, elementos necesarios para unha potente coiraza pétrea. 

As medidas da mámoa van desde os case dezasete metros no diámetro orientado cara ao norleste-suroeste até os quince  metros no que vai cara ao noroeste-suleste. En canto á altura, non sobresae mais dos setenta centímetros. O burato do espolio, desfeita ou violación, amosa unha medidas aproximadas duns case catro metros por pouco mais dos tres. A profundidade é de pouco mais de trinta centímetros debido á colmatación.


Debuxo esquemático, Moncho Boga, 2026.

No que respecta aos poucos restos que se están a conservar da estrutura arquitectónica ou cámara, pódense cifrar en tres esteos. Semella que un deles non corresponde á devandita estrutura da cámara e os outros dous están arrimados un case enriba do outro e non se aprecia que estean imbricados. Por iso non é posible reconstruir a súa planta, a súa disposición xeral nin, polo tanto, o que poidera medir. 


Panel cos debuxos das antas que compoñen a ruta.

As dimensións cativas destes esteos son moi similares: ao redor de pouco mais de sesenta centímetros de ancho, entre dez e quince para o grosor e uns corenta centímetros de altura. A lousa mais cativa apenas chega aos corenta de ancho, pouco mais de dez de groso e o mesmo para a altura.

Con esta somera descrición, vou rematando, pouco a pouco, case sen decatarme, o relato das características formais das antas que aínda se están a conservar milagrosamente da necrópole do Cornellal.


En Sigrás, despois das vacacións estivais de 2026.
SAÚDE, SORTE E LIBROS!!!


BIBLIOGRAFÍA E ENLACES QUE NON SE DEBERÍAN ESQUECER:

https://megaliticia.blogspot.com/2015/11/mamoas-da-chaira.html

https://patrimoniogalego.net/index.php/77106/2015/08/mamoa-de-coto-cornellal/

https://patrimoniogalego.net/index.php/77217/2015/08/mamoa-cima-da-costa-2/

https://catalogaciondepedrafitasdegalicia.blogspot.com/

Ramón Fábregas Valcarce: "En torno al megalitismo gallego." PDF.

Ramón Fábregas Valcarce e Rafael Penedo Romero: "Antropomorfo grabado en un túmulo Megalítico de Agolada /Pontevedra)." Departamento de Historia l. Universidade de Santiago de Compostela. PDF.

Fábregas Vácarcel e Vilaseco Vázquez: "O Megalitismo na Comarca do Deza. Un proxecto para a conservación do patrimonio arquitectónico inmoble." PDF.

Fábregas Valcarce et al.: "Estudios en torno ao Megalitismo da Comarca de Deza. Primeiros Resultados". Departamento de Historia 1. USC.

Fábregas Valcarce R., Penedo Romero, R.: "Un nuevo motivo grabado en el arte megalítico del Nw Penínsular", 1995

Fernando Carrera Ramírez: "El dolmen de Os Muíños (Agolada, Pontevedra). Intervención para la documentación y protección de la pintura megalítica conservada".

https://ospendellos.blogspot.com/2018/05/aldeas-con-corazon-axiaz-rio-vilar.html

https://megaliticia.blogspot.com/2025/09/Dolmenes-Pontevedra.html

https://ospendellos.blogspot.com/2016/03/mamoas-do-coto-cornellal-axiaz.html
https://fonte.es/A-PORTADA/2018-04-16~Toponimia_de_Agolada.html

https://www.instagram.com/manuelbustogalego/

http://www.agolada.es/turismo/que-ver

https://pendellos.blogspot.com/

https://ospendellos.blogspot.com/

https://historiasdedeza.wordpress.com/category/agolada/

aopedofarelo Desde Agolada-Pontevedra

https://dagolada.blogspot.com/

https://aquamlatam.blogspot.com/

https://www.youtube.com/watch?v=jK-0_YFSzII

https://megaliticia.blogspot.com/2025/10/Petroglifos-Pontevedra-Deza-Tabeiros.html

https://folletosturisticos.com/ngg_tag/agolada/#gallery/agolada/5668
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/comarca-do-deza/agolada/
iglesia-de-san-xulian-de-ventosa

https://canedo.eu/Comarcas/PONTEVEDRA/3_Deza.html

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/
sobreirais-do-rio-arnego-agolada-pontevedra-668906

https://ospendellos.blogspot.com/2017/01/roteiro-cultural-dos-petroglifos-de.html

https://patrimoniogalego.net/index.php/77720/2015/09/petroglifos-do-couto-da-aspra/

https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/subida-ao-monte-farelo-a-golada-e-antas-de-ulla-44864919/photo-29452676

https://www.rios-galegos.com/ulla/index.html

https://historiadeza.wordpress.com/2024/12/14/la-iglesia-de-san-xulian-de-ventosa-la-catedral-del-arte-rural-gallego/

https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/sobreiral-do-arnego/20240705081019201775.html

https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/view/306/302/256

https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/7467/pazo-de-borraxeiros?langId=es_ES&tp=9&ctre=36

https://genealogiasdegalicia.wordpress.com/2012/01/21/condado-de-borrajeiros/

https://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com/search?q=Anta+Coto+do+Cornellal




luns, 10 de agosto de 2026

ANTA-DOLMEN COTO DO CORNELLAL 3. Santa María de Ventosa. Agolada

ANTA-DOLMEN DO COTO DO CORNELLAL 3

3.-POR TERRAS DE VENTOSA: RUTA MEGALÍTICA DE AXIAZ 

"La paz no es simplemente la ausencia de guerra, sino el cese de la violencia estructural que el sistema ejerce cotidianamente sobre los individuos."

Herbert Marcuse


Debuxo versión de Moncho Boga, 2026.

Continúo polas indómitas terras do Concello de Agolada, polas terras altas da parroquia de Ventosa, polas terras chairas do lugar de Axiaz. Continúo por Terras do Deza e sigo camiñando por unha ruta de coñecemento, de iniciación. Un microuniverso máxico, duro ás veces, magnánimo outras. Sexa como sexa, estas terras teimudas e antigas sempre van deparar agradables e venturosas sorpresas. E, por suposto, unha das grandes sorpresas é a presenza milenaria das antas que estou a amosar nesta ruta.


Mapa de situación Coto do Cornellal 3. Google maps.

As antas 1 (desaparecida) 2 e 3 forman un pequeno conxunto, situadas na cima dunha vagoada enriba dun pequeno outeiro e están moi preto unhas das outras. Na zona predomina o monte baixo e as repoboacións forestais.


Planta da Anta 3 a partir de Penedo Romero.

En canto á arquitectura megalítica ou cámara, este exemplar está a conservar catro esteos, tres deles no seu emprazamento orixinal e o outro desprazado, de xeito que non é posible deducir a adscrición tipolóxica da anta. A altura da mámoa non vai mais aló do metro.


Fotografía de Alex Negreira, blogue megaliticiablospot.com

Pouco mais teño para engadir sobre esta anta-mámoa..., sen embargo é necesario subliñar a importancia da conservación. Malia que só se están a conservar uns cantos esteos, sería de vital importancia non esquecer que estas pedras, que permaneceron ergueitas durante milenios, case cun soplo poden desaparecer para sempre. Aínda estamos a tempo de protexer estes monumentos canto mais que é unha das máximas fundamentais da Lei do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotografía de Ángel Utrera do blogue ospendellos.blogspot.com
2016.


Panel cos debuxos da ruta.


EN SIGRÁS, NOS ÚLTIMOS ESTERTORES DE XULLO DE 2026
SAÚDE, SORTE E LIBROS!!!

BIBLIOGRAFÍA E ENLACES CON PERSONALIDADE DE SEU

https://patrimoniogalego.net/index.php/77106/2015/08/mamoa-de-coto-cornellal/

https://patrimoniogalego.net/index.php/77217/2015/08/mamoa-cima-da-costa-2/

https://catalogaciondepedrafitasdegalicia.blogspot.com/

Ramón Fábregas Valcarce: "En torno al megalitismo gallego." PDF.

Ramón Fábregas Valcarce e Rafael Penedo Romero: "Antropomorfo grabado en un túmulo Megalítico de Agolada /Pontevedra)." Departamento de Historia l. Universidade de Santiago de Compostela. PDF.

Fábregas Vácarcel e Vilaseco Vázquez: "O Megalitismo na Comarca do Deza. Un proxecto para a conservación do patrimonio arquitectónico inmoble." PDF.

Fábregas Valcarce et al.: "Estudios en torno ao Megalitismo da Comarca de Deza. Primeiros Resultados". Departamento de Historia 1. USC.

Fábregas Valcarce R., Penedo Romero, R.: "Un nuevo motivo grabado en el arte megalítico del Nw Penínsular", 1995

Fernando Carrera Ramírez: "El dolmen de Os Muíños (Agolada, Pontevedra). Intervención para la documentación y protección de la pintura megalítica conservada".

https://ospendellos.blogspot.com/2018/05/aldeas-con-corazon-axiaz-rio-vilar.html

https://megaliticia.blogspot.com/2025/09/Dolmenes-Pontevedra.html

https://ospendellos.blogspot.com/2016/03/mamoas-do-coto-cornellal-axiaz.html
https://fonte.es/A-PORTADA/2018-04-16~Toponimia_de_Agolada.html

https://www.instagram.com/manuelbustogalego/

http://www.agolada.es/turismo/que-ver

https://pendellos.blogspot.com/

https://ospendellos.blogspot.com/

https://historiasdedeza.wordpress.com/category/agolada/

aopedofarelo Desde Agolada-Pontevedra

https://dagolada.blogspot.com/

https://aquamlatam.blogspot.com/

https://www.youtube.com/watch?v=jK-0_YFSzII

https://megaliticia.blogspot.com/2025/10/Petroglifos-Pontevedra-Deza-Tabeiros.html

https://folletosturisticos.com/ngg_tag/agolada/#gallery/agolada/5668
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/comarca-do-deza/agolada/
iglesia-de-san-xulian-de-ventosa

https://canedo.eu/Comarcas/PONTEVEDRA/3_Deza.html

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/
sobreirais-do-rio-arnego-agolada-pontevedra-668906

https://ospendellos.blogspot.com/2017/01/roteiro-cultural-dos-petroglifos-de.html

https://patrimoniogalego.net/index.php/77720/2015/09/petroglifos-do-couto-da-aspra/

https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/subida-ao-monte-farelo-a-golada-e-antas-de-ulla-44864919/photo-29452676

https://www.rios-galegos.com/ulla/index.html

https://historiadeza.wordpress.com/2024/12/14/la-iglesia-de-san-xulian-de-ventosa-la-catedral-del-arte-rural-gallego/

https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/sobreiral-do-arnego/20240705081019201775.html

https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/view/306/302/256

https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/7467/pazo-de-borraxeiros?langId=es_ES&tp=9&ctre=36

https://genealogiasdegalicia.wordpress.com/2012/01/21/condado-de-borrajeiros/

https://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com/search?q=Anta+Coto+do+Cornellal

venres, 31 de xullo de 2026

ANTAS-DÓLMENES DE AXIAZ. Santa María de Ventosa, Agolada

ANTAS-DÓLMENES DE AXIAZ

POR TERRAS DE VENTOSA: RUTA MEGALÍTICA DE AXIAZ.


"Sólo hay una guerra que puede permitirse el ser humano: la guerra contra su extinción."

Isaac Asimov


Panel cos debuxos das antas da Ruta Megalítica de Axiaz.

Voltamos ao Concello de Agolada, a esta terra dezana espectacularmente rica en xacementos arqueolóxicos e onde destacan con importancia de seu tanto as estacións de petróglifos como as necrópoles megalíticas, que salpican absolutamente todo o seu territorio. Non é a primeira entrada que adico a estas terras, pero é a primeira vez que o enfoque vai ser distinto, un enfoque que pode permitir coñecer un recuncho do Concello de Agolada a nivel megalítico, mediante o desenvolvemento dunha ruta mais ou menos pormenorizada que encadra unhas poucas necrópoles moi próximas entre sí.


Situación das antas da ruta. A Anta Cima da Costa
atópase dentro dos límites do Concello de Rodeiro. Google maps.

Malia que esta entrada leva o título de Antas-dólmenes de Axiaz, permitínme a licencia de engadir dúas antas que, pola cercanía, merecen estar nesta ruta: a Anta da Cima da Costa que pertence ao limítrofe Concello de Rodeiro (parroquia de Santa María de Guillar) e está moi preto da imaxinaria línea de fronteira na mesma chaira dos montes de Axiaz; e tamén unha anta da Necrópole da Portela, pertencente á parroquia de San Miguel de Gurgueiro, ao norte da chaira de Axiaz, sen comunicación directa, que eu saiba. Son dous exemplares que, pola súa cercanía,  considero que deben aparecer necesariamente nesta ruta megalítica.



Vista do Lugar de Axiaz. Fotografía de Ángel Utrera, na entrada "Aldeas con  corazón. Axiaz-Río-Vilar-Treilamas", do blogue ospendellos.blogspot.com

A meirande parte das antas que amoso xa foron publicadas neste blogue en sendas entradas, a primeira en xullo de 2012 e a segunda (Cima da Costa) en setembro de 2025. Co paso do tempo, e coa distancia, creo que é mais proveitoso e fecundo  ir construindo entradas ao redor de rutas megalíticas, posto  que as antas case nunca están illadas senon que forman agrupacións ou necrópoles, de xeito que a publicación en roteiros pode axudar a comprender mellor este extraordinario fenómeno arqueolóxico: o horizonte megalítico galego. Revisitar, ademais, estes exemplares tamén permite  albiscar o seu estado de conservación ao longo do tempo, e do mesmo xeito incorporar novos elementos que antes descoñecía. Para esto foi fundamental a ruta proposta por Alex Negreira no seu extraordinario blogue megaliticiablogspot.com.

Efectivamente, a ruta por terras de Axiaz, na parroquia de Ventosa, engade a necrópole da Portela (a mais lonxana, na parroquia de Gurgueiro), a necrópole central do Coto do Cornellal, Cima da Costa, As Namelas e a Chaira do Medio. Intentarei amosar e describir once cámaras megalíticas, algunhas en irregular estado de conservación, susceptibles de ser visitadas e contempladas en todo o seu primitivo esplendor. Precisamente o estado de abandono de todas elas lévame a elevar un berro de protesta e denuncia. Si esta entrada vale de algo, espero que sexa para que as autoridades competentes solucionen a súa situación de total e absoluto abandono, tendo en conta ademáis que algunhas delas teñen o nivel de máxima proteción ao seren declaradas BIC.



Agolada na Comarca do Deza. Extraído de:
https://canedo.eu/Comarcas/PONTEVEDRA/3_Deza.html

O estudo detallado do conxunto arqueolóxico do Coto do Cornellal (centrado nos paneis de petróglifos e nas mámoas) foi realizado e dado a coñecer polos traballos de catalogación e prospección ralizados entre os anos 2001 e 2004 polo Departamento de Historia 1 da USC. O obxectivo central deses estudos de investigación foi a comprobación da interación entre as "mámoas e o medio físico e o entorno socioeconómico, e os cambios producidos nesta relación ao longo do tempo."


Mapa do Concello de Agolada coas súas 24 parroquias e
os concellos límitrofes.

O Coto do Cornellal (ao que aquí engado, repito, varias áreas adxacentes) debuxa unha penechaira que se alza ao sur do lugar de Axiaz e ao norte do río Turubelo. Á grande cantidade de paneis de petróglifos catalogados, hai que lle engadir tamén a extraordinaria densidade de mámoas.



Panel de petróglifos do Coto do Cornellal.
Fotografía megaliticiablogspot.com

A necrópole das Namelas localízase moi preto do Coto do Cornellal, como dicía antes, próxima tamén ao lugar de Axiaz. Nesta área  atópase da devandita necrópole do Cornellal, a Mámoa da Chaira do Medio, a Mámoa da Cima da Costa, a Mámoa do Turubelo..., a unha altitude de mais de quinientos metros nunha aba que descende paseniñamente na orientación norte-sul ata o río Arnego. Na outra beira do Val de Camba atópase o famoso conxunto da Chan da Cruz (Parada de Alperiz-Lalín) moi preto tamén doutras necrópoles do límitrofe Concello de Rodeiro.


Unha imaxe das ruta das Sobreiras no río Arnego. Fotografía:
es.wikiloc.com/rutas-senderismo

A meirande parte das mámoas e das antas que entran neste pequeno gran percorrido son en xeral de cativo tamaño (de entre quince e vinte metros  de diámetro máximo) e ao redor dun metro para a altura. No Coto do Cornellal, dunha ducia de antas, só dúas non tiñan evidencia de cámara megalítica. Na necrópole das Namelas, a mámoa número 1 foi destruida vai uns anos e correspondía a unha cámara poligonal  conformada con seis esteos.


Planta versión propia (a partir de Penedo) da desaparecida Anta das Namelas 1.

Pola súa ubicación, en xeral, as mámoas parecen estar vencelladas a vías de tránsito tanto nos seus ámbitos de  acceso como no  interior: non só dominan o territorio, senon que tamén se dispoñen sobre as rutas e as  liñas de tránsito que se localizan na parte do noroeste. 


A Ponte dos Cabalos sobre o río Arnego. O Camiño Real,
talvez o primitivo camiño prehistórico, que comunicaba con Ventosa.
Fotografía de: ospendellos.blogspot.com/2017

Por iso nas conclusións de Fábregas-Penedo (ver bibl.), considérase que é este un importante nó de comunicación entre o Val do río Arnego no suroeste, a área de Axiaz e, seguindo as estribacións na direción leste, as terras altas que forman parte da Dorsal Galega. Sería polo tanto unha ruta que comunica as necrópoles desde Parada de Alperiz ata a Serra do Farelo. Por iso para estes autores o punto central, o Coto do Cornellal, é o lugar de distribución tumular, a charnela, acompañado doutros lugares case anexos como As Namelas, Chaira do Medio, Cima da Costa, Mámoas da Portela, etc.


Calco dun dos esteos da Anta dos Muíños,
Extraído de Fernando Carrera Ramírez, ver bibl.

A importancia do horizonte megalítico do Concello de Agolada é absolutamente extraordinaria tanto en canto á densidade de mámoas como á calidade das cámaras megalíticas que aínda se están a conservar: moitos dos esteos destas cámaras conservan importantes restos de pinturas (Anta de Muíños), decoración con gravuras tanto xeométricas (Chaira do Medio) como antropomorfas (As Namelas). En  canto á densidade, hai catalogadas mais de duascentas trinta mámoas e supoñemos que irán aparecendo mais. Destacan, ademais das que amosamos nesta ruta, as necrópoles das Mamuelas con seis mámoas, a necrópole de Coitimil tamén  con seis mámoas, as Mámoas do Monte de San Miguel de Vilanova (Borraxeiros) composta por vinte mámoas, a do Alto de San Miguel de Vilanova con sete, a necrópole da Chaira de Acedo, a esquecida Anta de Muíños... Unha auténtica barbaridade, un concello plagado destes senlleiros monumentos que corren perigo diario de desaparición debido sobre todo ao abandono, a falta de atención e ao descoñecemento. 


Anta da Necrópole de San Miguel de Vilanova, Borraxeiros
Fotografía de http://www.gepn.eu/proyectos/comarca-de-deza/

A toda esta inmensidade megalítica hai que lle sumar mais de noventa paneis de petróglifos, ao redor de quince castros, restos romanos, sartegos antropomorfos, unha boa representación de arquitectura románica, arquitectura tradicional, etnografía, paraxes singulares, pazos, pontes...


Panel de Petróglifos do Coto da Aspra, preto do Coto do Cornellal.
Amosa sete puñaise sete alabardas.
De patrimoniogalego.net, as fotos son de Alex Negreira.

Malia todo iso, unha xeira de apaixoados defensores desas terras están a denunciar e dar a coñecer todos estes monumentos a través de estupendas páxinas web, blogues..., persoas extraordinarias como Manuel Busto, González Alén ou Ángel Utrera, entroutros. A miña mais sinceira admiración por estas e outras persoas grazas as que puiden descubrir moitas das antas que hoxe amoso neste blogue. Sen dúbida Manuel Busto Galego, historiador incansable das cousas de Agolada e impulsor necesario da recuperación dos Pendellos (e da Anta dos Muíños), é o causante, a través dos seus escritos, do meu interese e atención por estas marabillosas terras. Pero deixemos falar a un auténtico amante e coñecedor de Agolada:


Camiño do Alto do Farelo. Fotografía de wilkiloc (ver enlaces).

"E mesmo en Agolada, os de Axiaz, lugar absolutamente mítico, cheo de guiños e referencias ao pasado, os mouros e as súas lendas de agochados e sempre baixo a atenda vixía do Farelo, alá no horizonte. Axiaz ten todo o que alguén pode desexar e buscar para perderse e devagar polas corredoiras, saltar entrelas pedras, percorrer enlamadas congostras e corredoiras, deixarse ir polas ribeiras e regos dos seus regatos, embriagarse polo cheiro doce das xestas...,"

Ángel Utrera:  Ao pé do Farelo. Desde Agolada-Pontevedra
https://ospendellos.blogspot.com/2016/03/mamoas-do-campo-das-mamos-agolada.html

Cando estaba a rematar esta entrada introductoria da ruta, o 31 de xullo de 2026, chegoume unha nova do xornal La Voz de Galicia onde se denuncia o abandono total e absoluto da Anta de Muíños. A nova denuncia o estado de abandono da maior parte dos xacementos arqueolóxicos da Terra do Deza, neste caso os de Agolada. A protesta parte precisamente de Ángel Utrera que denuncia o estado lamentable en que está unha anta declarada BIC, sobre todo debido á calidade das pinturas murais que conserva no interior da cámara. As imaxes de Utrera son un testemuño elocuente do esquecemento por parte das autoriadades competentes.



Fotografía de Ángel Utrera en La Voz de Galicia, 31 de xullo de 2026.
Nin siquiera se olla ben o panel informativo.


AGOLADA, GLOSA A UN CONCELLO DEZANO

A Comarca do Deza atópase no centro de Galiza, dentro da bacía do Ulla ao norte, e pola Dorsal Galega e as súas estribacións nas partes restantes. Ao norte, pola Serra do Farelo, Agolada linda co Concello de Antas de Ulla. O Ulla, precisamente, marca o límite norte do Concello e recolle as augas da meirande parte dos ríos do término municipal. O Río Arnego é o principal afluinte do Ulla, de entre os ríos que fluen por Agolada. 


O Río Ulla ao seu paso por Agolada.
Fotografía de Manuel Busto Galego.

Cando se trata de caracterizar as paisaxes humanas e naturais dunha zona determinada é moi fácil caer nos tópicos mais manidos que imaxinarse un poda. Non sei si valen os tópicos para o conxunto do Concello de Agolada: o que si sei é que é unha terra que, cada vez que un se mergulla na súa historia e costumes, mais apaixoa.


Unha vista dos Pendellos. Fotografía de Ángel Utrera.

Por iso talvez sexa necesario, á falta doutra linguaxe millor, acudir aos tópicos. É inevitable, recomendable e imperiosamente necesario, cando nos achegamos a Agolada, visitar o conxunto etnográfico dos Pendellos, un impresionante complexo recinto feiral que non ten parangón na Galiza nin en Portugal. Comedores, mostradores, amplias rúas, almacéns, cuartel, cárcere, cortes..., todo un microuniverso ao que hai que engadir o miliario reaprobeitado atopado por Manuel Busto. É tamén absolutamente vital visitar a Feira de Artesanía que xa se leva celebrando no recinto desde hai uns cantos anos.


Friso e mausoleo na igrexa de Santa María de Ventosa.
Fotografía: historiadeza.wordpress.com

Unha naturaleza voluptuosa salpica toda a contorna. Por destacar algo, o Sobreiral do Arnego conforma un gran bosque de corticeiras cun extraordinario valor ecolóxico e unha fermosa estampa. Forma parte da Rede Natura 2000.


Sobreiral do Arnego. Fotografía de www.nosdiario.gal

Xa viña falando do enorme patrimonio prehistórico do Concello. A todo ise tesouro patrimonial hai que lle engadir o patrimonio etnográfico e o histórico artístico. Unha boa xeira de igrexas de orixe románico entre as que destaca a de Santa María de Ventosa. Na arquitectura civil,  unha apreciable representación de pazos, dos que se  debe mencionar obrigatoriamente o Pazo de Borraxeiros, no que aínda  se poden  albiscar as pegadas do seu remoto orixe  medieval.


Pazo de Borraxeiros.
Fotografía extraída de genealogiasdegalicia.wordpress.com

En canto á etnografía, sei de certo que as lendas da mourindade non son alleas a estas terras. Sen embargo non fun quen de atopar relatos concretos ao redor dos nosos lexendarios "elfos" a saber, os mour@s.  Referencias vagas contan que nas amplas chairas dos montes de Axiaz viven os mouros gardando os seus tesouros. As mámoas e antas de Axiaz, como sempre, foron construídas por estes nosos mitolóxicos seres. 


EN SIGRÁS NO POST-GALAICOI DE 2026.
SAÚDE, SORTE E LIBROS!!!

BIBLIOGRAFÍA FUNDAMENTAL

https://catalogaciondepedrafitasdegalicia.blogspot.com/

Ramón Fábregas Valcarce: "En torno al megalitismo gallego." PDF.

Ramón Fábregas Valcarce e Rafael Penedo Romero: "Antropomorfo grabado en un túmulo Megalítico de Agolada /Pontevedra)." Departamento de Historia l. Universidade de Santiago de Compostela. PDF.

Fábregas Vácarcel e Vilaseco Vázquez: "O Megalitismo na Comarca do Deza. Un proxecto para a conservación do patrimonio arquitectónico inmoble." PDF.

Fábregas Valcarce et al.: "Estudios en torno ao Megalitismo da Comarca de Deza. Primeiros Resultados". Departamento de Historia 1. USC.

Fábregas Valcarce R., Penedo Romero, R.: "Un nuevo motivo grabado en el arte megalítico del Nw Penínsular", 1995

https://ospendellos.blogspot.com/2018/05/aldeas-con-corazon-axiaz-rio-vilar.html

https://megaliticia.blogspot.com/2025/09/Dolmenes-Pontevedra.html

https://fonte.es/A-PORTADA/2018-04-16~Toponimia_de_Agolada.html

https://www.instagram.com/manuelbustogalego/

http://www.agolada.es/turismo/que-ver

https://pendellos.blogspot.com/

https://ospendellos.blogspot.com/

https://historiasdedeza.wordpress.com/category/agolada/

aopedofarelo Desde Agolada-Pontevedra

https://dagolada.blogspot.com/

https://aquamlatam.blogspot.com/

https://www.youtube.com/watch?v=jK-0_YFSzII

https://megaliticia.blogspot.com/2025/10/Petroglifos-Pontevedra-Deza-Tabeiros.html

https://folletosturisticos.com/ngg_tag/agolada/#gallery/agolada/5668


https://canedo.eu/Comarcas/PONTEVEDRA/3_Deza.html

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/
sobreirais-do-rio-arnego-agolada-pontevedra-668906

https://ospendellos.blogspot.com/2017/01/roteiro-cultural-dos-petroglifos-de.html

Fernando Carrera Ramírez: "El dolmen de Os Muíños (Agolada, Pontevedra). Intervención para la documentación y protección de la pintura megalítica conservada".

https://patrimoniogalego.net/index.php/77720/2015/09/petroglifos-do-couto-da-aspra/

https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/subida-ao-monte-farelo-a-golada-e-antas-de-ulla-44864919/photo-29452676

https://www.rios-galegos.com/ulla/index.html

https://historiadeza.wordpress.com/2024/12/14/la-iglesia-de-san-xulian-de-ventosa-la-catedral-del-arte-rural-gallego/

https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/sobreiral-do-arnego/20240705081019201775.html

https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/view/306/302/256

https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/7467/pazo-de-borraxeiros?langId=es_ES&tp=9&ctre=36

https://genealogiasdegalicia.wordpress.com/2012/01/21/condado-de-borrajeiros/

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/agolada/2026/07/31/abandono-vive-anta-dos-muinos-agolada/0003_202607D31C4994.htm?shem=dsdf,sharefoc,agadiscoversdl,,sh/x/discover/m1/4






Rafael PENEDQ ROMER