xoves, 25 de outubro de 2012

PEDRAFITA-MENHIR DA CAPELADA II.

PEDRAFITA-MENHIR DA CAPELADA II

Descuberta por Fidel Méndez, non se pode asegurar de momento a súa adscrición crono-cultural ao megalitismo. Por estar nunha zona de alta densidade de antas e pola súa forma claramente fálica, redondeada por case todo o contorno, excepto un lado que é plano, non cabe dúbida do seu carácter artificial. Aínda non a poidemos medir nin analizar o seu contexto inmediato. Semella estar profundamente fincada e parece tamén que a aproveitaron como fito demarcador, como marco.

Atópase no medio dun muro de mampostería, sinalando a súa clara función de reaprobeitamento para suxeitar o valo.





Fotografías de Fidel Méndez Fernández


En Sigrás, saúde, sorte e libros!!!

PEDRAFITA-MENHIR DA SERRA DA CAPELADA OU CHAN DE ARMADA I. Santa María de Régoa, Cedeira.


PEDRAFITA-MENHIR DA SERRA DA CAPELADA OU CHAN DE ARMADA I.

A Serra da Capelada abrangue os concellos de Cedeira, Valdoviño, Cerdido e Ortigueira.

As antas-dolmenens-mámoas de A Capelada foron catalogadas e/ou prospectadas por Federico Maciñeira a finais do século XIX. No ano 1943 publicou unha serie de artigos que sen dúbida constituiron un fito para a investigación do Megalitismo en Galicia.

As mámoas emprázanse sobre todo na parte central ou en cativas prolongacións desa parte central, cara ao sul. Atópanse nas zonas máis altas e prominentes.

Segundo Maciñeira, nos monumentos megalíticos da comarca pódense atopar algunhas das características arquitectónicas máis salientables do megalitismo desta zona. En xeral as mámoas acadan unhas dimensións que van desde os seis metros de diámetro ata os vintecinco, aínda que os máis frecuentes son as dimensións intermedias e dicir, de entre dez e vinte metros. Ademáis adoitan ser de terra e moitas amosan unha coiraza pétrea exterior composta de pedras medias e pequenas.

Debo dicir que aínda non fun visitar esta enorme pedra fincada e que o coñecemento que teño dela é grazas a este invento que lle chaman internet. A primeira vez que tiven noticia dela foi nun blog que se chama http://altuntun.wordpress.com. Neste blog simplemente se sinala como chegar e ademais achéga fotografías da posible pedrafita. Tamén tiven noticia dela a través do blog, tantas veces nomeado, de Xavier Moure a saber, onosopatrimonio.

Por iso só podo dicir que a forma é bastante irregular, con forma moi apuntada dependendo da vista. Tamén se pode intuir que se cadra sobrepasa os dous metros. Aí van as fotografías:








 
Fotografías extraídas do blog
http://altuntun.wordpress.com.



Fotografía de Xabier Moure do
 blog onosopatrimonio 

Uns anos despois volto, polos inquedantes camiños de internet, a ocuparme deste pedrafita ortegalense. Sigo sobre todo as ensinanzas, neste intre, de Alberte Alonso, o inquebrantable perseguidor das pedrafitas galegas. Segundo o meu benquerido amigo Alberte, probablemente sexa un exemplar que se pode adscribir aos monumentos de observación astronómica. En virtude da analise das advocacións das ermidas-santuario da zona, alonso considera que estas advocacións serviron para cristianizar unha paraxe simbólica pagana: o simbolismo cristiano vencellado coa vida e coa morte, é o sustituto dos elementos de ancestral orixe esta vez realcionados coa pedrafita e coas mámoas e antas que a circundan. Moi probablemente, as crenzas e ritos practicados no neolítico foron asimilados polo cristianismo manténdose o mesmo culto pero con outro significado. Si non podes co enimigo...

Atópase chantada no primeiro tramo do parque eólico, despois de Teixido, pola estrrada CP-2205, no punto quilométrico 4 á man dereeita antes de chegar á Garita Herbeira.

A importancia da contextualización da pedrafita, cercana a varias mámoas e preto dun primitivo camiño que baixa á Fraga de Nebril e o cercano nacemento dos regos da Candocia e do Seixo, son criterios decisivos para a adscrición desta pedrafita ao neolítico.


En Sigrás, saúde, sorte e libros!!!

ANTAS-DÓLMENES DA SERRA DA CAPELADA. Cedeira, Cariño e Ortigueira.

ANTAS-DÓLMENES DA SERRA DA CAPELADA.

Na década de 1990, cando se estaba proxectando a realización do Museo e da Fundación Federico Maciñeira, realicei (na compaña do meu amigo Fidel Méndez) algunhas incursións por esta maravillosa Serra do crebado norte galego.

Son restos de mámoas e antas que aínda teño sin sistematizar, e tamén, aínda, as teño sin nomear. Este é un traballo que teño pendente e que non sei cando levarei a cabo. Sen embargo non me podo resistir a tentación de amosar unhas cantas fotografías dalgún dos elementos máis salientable que xalonan o horizonte megalítico destas brumosas terras.

Algunhas fotografías son miñas; as outras, ou esas mesmas, realizounas Fidel Méndez.

Dicir tamén que a catalogación sistemática das antas da Capelada foi feita por primeira vez polo ilustre investigador Federico Maciñeira y Pardo de Lama. Esas catalogacións corrobóranse proacticamente na súa totalidade nas modernas prospeccións.


-Anta da Penadaaguia

Anta destruida a finais do século XIX. Foi investigada por Maciñeira no ano 1899 e aínda conservaba seis dos esteos que conformaban a cámara e dous do corredor de entrada, así como a tampa ou cobertora que medía dous metros de longo e noventa centímetros de ancho. 

A mámoa na que se insería medía vinte metros de diámetros e a lonxitude total da cámara e do corredor era de cinco metros. O alto máximo era de dous metros e vinte centímetros.

Aínda que se considera desaparecida, todavía quedan restos significativos desta monumental anta.







-Outras antas:




























  














-Mamoa do Chan do Lodeiro




https://mapcarta.com/es/N5413392677


En Sigrás, saúde, sorte e libros!!!