sábado, 13 de setembro de 2025

ANTA-DOLMEN DO CHAN DE FONTESECA 1. Santo Tomé de Piñeiro, Marín.

ANTA-DOLMEN DO CHAN DE FONTESECA 1

SENDA DAS MÁMOAS DE MARÍN VIII


"Lo indefinido es ingénito e incorruptible, pues lo que comienza necesariamente tiene un fin; y toda corrupción tiene un término."

Anaximandro de Mileto


Debuxo de Moncho Boga, 2025.

E prosigo incansable (porque desde a miña cadeira é imposible o cansancio) serpenteando pola impresionante Senda das mámoas de Marín. Por un lado contemplo a ría de Vigo coa Illa de San Simón; polo outro a ría de Pontevedra. E pouco a pouco vou chegando e analizando cada un dos elementos megalíticos de que se compón a Senda, e pouco a pouco, paseniñamente, vou descubrindo elementos novos, elementos que dalgún xeito algún día terei que visitar. Obrigatoriamente.

A necrópole megalítica da Chan de Fonteseca emprázase na estribación setentrional do Coto do Home, nunha aba suave, no lado oriental, que forma un alongado outeiro.



Planta a partir de Acuña, 1994.

Para chegar é recomendable realizar a Senda das Mámoas de Marín e seguir as indicacións das sinais de dirección. En calquera caso penso que é necesario empregar a estupenda ferramenta que se denomina XPS:  así pódese chegar sen maiores complicacións, se lle cadra.



Fotografía de megaliticiablogspot.com

Malia que se adiviñan eucaliptos por todos os lados, pese a que seguen a colonizar os nosos montes, as nosas terras e as nosas mentes..., a contorna inmediata da mámoa 1 atópase rodeada dun pequeno osasis de carballos e outras árbores autóctonas que impiden que a desolación sexa meirande.



Fotografía de megaliticiablogspot.com

A mámoa amosa dimensións medianas e está encravada, como dicía antes, nunha suave pendente que cae cara ao noroeste, configurando un alongado e pouco pronunciado outeiro. As medidas van desde os trece metros e medio para o eixo norte-sul, ata os doce metros e sesenta centímetros para o eixo leste-oeste. Para a altura hai que consignar que non sobrepasa os oitenta e cinco centímetros.



Mesa informativa sobre a necrópole da Chan de Fonteseca.

A croa ou zona central da mámoa debuxa o consabido funil de saqueo, que é de boas dimensións (case tres metros por un pouco mais dun metro) e está a conservar restos moi remexidos da estrutura arquitectónica megalítica ou anta, cuns tres chantos á vista. Parte da masa tumular da mámoa  está partida polo suroeste debido ao paso dunha antiga corredoira hoxe en desuso: está orientado na dirección norte-sul e acada unha anchura dun metro e medio, polo que tamén afectou á cámara megalítica. Pódense albiscar restos da coiraza pétrea en todo o perímetro e está composta por pedras de tamaño mediano, sobre todo no lado do sueste.



Croquis de situación.


En Sigrás, no séptimo mes dos romanos do ano 2025.
Saúde, sorte e libros!!!

ENLACES  E BIBLIOGRAFÍA IMPORTANTES

https://megaliticia.blogspot.com/2024/07/Senda-mamoas-Marin.html

https://arqueologia-patinho.blogspot.com/2008/07/chan-de-armada-desvela-sus-secretos.html

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/marin/2015/09/16/zarzas-asfixian-area-mamoa-chan-armada/0003_201509P16C8995.htm

https://historiaymitos.blogspot.com/2009/04/mamoas-bajo-asedio-en-o-morrazo.html

https://ahoradosmouros.blogspot.com/2012/01/duas-lousas-da-mamoa-do-chan-da-armada.html
F. Carrera Ramírez e R. Fábregas Valcarce: "Arte parietal megalítico en le Noroeste Penínsular". Tórculo Edicións, 2006.

SOBRINO LORENZO-RUZA, Ramón. “Prospecciones arqueológicas en Morrazo”. El Museo de Pontevedra. Pontevedra. 1956.

https://patrimoniogalego.net/index.php/4681/2011/09/mamoa-de-chan-da-armada-1/

https://megaliticia.blogspot.com/2024/07/Senda-mamoas-Marin.html

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-das-mamoas-de-marin-219310977/photo-132766529

https://cousasdecarragal.blogspot.com/2025/03/marin-la-recomendada-ruta-das-mamoas.html

https://www.diariodepontevedra.es/articulo/o-morrazo/ruta-pasada-auga-estrear-senda-das-mamoas/202406162121471308969.html

https://www.diariodepontevedra.es/articulo/o-morrazo/nueva-senda-das-mamoas-marin-podra-realizarse-proximo-2-junio/202405011229341302690.html

https://www.carriola.es/index.php/noticias-de-marin-by-julio-santos/7174-el-concello-inaugura-el-proximo-domingo-la-ruta-das-mamoas-con-una-andaina-desde-el-lago-de-castineiras

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/2024-roteiro-das-mamoas-de-marin-otonal-noviembre-desde-lago-castineiras-a-lagocheiras-192112111/photo-118661999

https://nl.wikiloc.com/routes-wandelen/ruta-das-mamoas-de-marin-circular-desde-lago-castineiras-jmc-mamoas-192531087

https://it.wikiloc.com/percorsi-escursionismo/vilaboa-lago-de-castineiras-y-rio-maior-204892555

https://pt.wikiloc.com/trilhas-trekking/ruta-das-mamoas-de-marin-circular-desde-lago-castineiras-jmc-mamoas-192531087