martes, 9 de xuño de 2026

ANTA-DOLMEN DE PEDRA MOSQUEIRA. San Vicenzo de Aro, Negreira

ANTA-DOLMEN DE PEDRA MOSQUEIRA

RUTA MEGALÍTICA DO MONTE CORZÁN 5

"La violencia no es solo matar a otro. Hay violencia cuando usamos una palabra denigrante, cuando hacemos gestos para despreciar a otra persona, cuando obedecemos porque hay miedo. La violencia es mucho más sutil, mucho más profunda."

Jiddu Krishnamurti


Debuxo versión de Moncho Boga, 2026

Pouco logo da anta Mina do Lagarto, na mesma depresión interior do Monte Corzán, nunha moi suave pendente que cae cara ao oeste, atópase a Anta de Pedra Mosqueira, nunha zona de monte baixo, con espesas toxeiras e abondosas silvas. Trátase hoxe en día dunha ampla área de repoboación, primeiro de piñeiros e agora de eucaliptos. As repoboacións alternan coas pradeiras, coas terras de labor.


Situación aproximada da Anta de Pedra Mosqueira.

Para chegar é absolutamente necesario o XPS si se teñen as coordenadas..., que esa é outra. Sexa como sexa, hai primeiro que chegar a Pedralonga, e tirar cara ao sul por uns estrada ou pista asfaltada e estreita. Logo de percorrer pouco menos dun quilómetro, a mámoa está a preto de cen metros mirando ao sul da pista, na parte final dunha aba que cae en suave pendente, como dicía antes.


Versión propia da Pedra Mosqueira, 2026.

Pouco teño que contar desta outra anta. Trátase dunha mámoa que mide ao redor dos vinte metros no eixo norte-sul, uns dazaoito no eixo leste-oeste e acada unha altura aproximada dun metro e medio. Na parte central desta mámoa ábrese o correspondente funil de violación que mide os tres metros do norte ao sul e mais de cinco metros no senso do leste-oeste. A profundidade máxima é duns 50 centímetros. Está repoboada de piñeiros e completamente cuberta de espeso monte baixo. Semella que os sucos da repoboación non son moi profundos.


Situación das antas na Ruta Megalítica do Monte Corzán

Nun estremo do funil de violación sobresaen os dous esteos de granito, únicos restos da estrutura arquitectónica que conformaba unha anta ou dolmen. Son dous esteos que miden, o mais cativo, unha altura de setenta centímetros, a anchura é de oitenta e o grosor duns vintecinco centímetros; o meirande acada unha altura de ao redor dun metro, outro metro para o ancho e vintecinco centímetros de grosor.

Por último, debo clarexar que deste exemplar tampouco dispoño da fotografía correspondente. Polo tanto, probablemente calquera semellanza coa realidade sexa unha quimera ou unha extraordinaria casualidade.

EN SIGRÁS, NO MES DO SAN XOÁN, 2026.
SAÚDE, SORTE E LIBROS!!!

BIBLIOGRAFÍA, ENLACES


José Mª Bello Diéguez: "Un siglo de arte megalítica en Galicia" PDF.

Elizabeth Shee, "The Megalithic Art of Western Europe." 1981.

Manuel Murguía: "Historia de Galicia".

Sobrino Lorenzo-Ruza, R.: "Megalitos del Monte Corzán". Zephyrus IV, 1953.

García Martínez e E. Shee: "Tres tumbas megalíticas decoradas en Galicia". Trabajos de Prehistoria, T. 30, 1973.

Antón Bouzas Sierra e Fernando Alonso Romero: "Los cercados del macizo del Corzán." (Negreira, A Coruña)

https://megaliticia.blogspot.com/2017/05/monte-das-mamoas.html

https://megaliticia.blogspot.com/2017/05/mamoa-de-espinaredo-e-mamoa-do-raposo.html

https://es.wikiloc.com/rutas-outdoor/dolmenes-corzan-20795179

https://lindeiros.net/negreira-publica-un-mapa-on-line/

https://concellodenegreira.gal/gl/novas/mapa-en-lina-de-turismo-descubrenegreira

https://goo.gl/kWmjbn

https://xurdemoran.blogspot.com/2014/02/mapas-del-camino-fisterra-y-muxia-etapa_4911.html#google_vignette

https://concellodenegreira.gal/uploads/media/document/guia_turistica.pdf

https://concellodenegreira.gal/uploads/media/document/guia_turistica.pdf

https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2016/08/pazo-de-coton-negreira.html

https://loboquirce.blogspot.com/2016/06/ponte-vell-do-maceira-coruna.html

https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=20795179

https://megaliticia.blogspot.com/2017/05/mamoa-de-espinaredo-e-mamoa-do-raposo.html

https://pefcgalicia.org/camino-fisterra-muxia-es/4-negreira/