ANTA-DOLMEN MÁMOA DA PORTELA 1
11.-POR TERRAS DE VENTOSA: RUTA MEGALÍTICA DE AXIAZ
"Los guerreros victoriosos ganan primero y luego van a la guerra, mientras que los guerreros derrotados van primero a la guerra y luego tratan de ganar."
Sun Tzu
Debuxo versión de Moncho Boga, 2026. |
É, lamentablemente, vai chegando o remate desta serie de entradas adicadas ás fantáticas terras dezanas, desta fantástica ruta megalítica, fantástica pola cantidade e calidade dos monumentos que a compoñen, fantástica pola marabillosa implantación destas manifestacións megalíticas que, a pesar de todas as violacións, abandono e incomprensións, aínda se manteñen aí, ergueitas, orgullosas, debuxando unha paisaxe arqueolóxica única. E falo non do corazón de Galicia, falo do embigo, do centro neurálxico da nosa xeografía real e imaxinaria.
Calquera pode emprender esta ruta e completala cos mais de quince paneis de petróglifos que a acompañan, paneis con todo tipo de motivos gravados na pedra. Tamén se pode emprender sin ter en conta a miña proposta de ruta, de numeración: mais ben foi unha disculpa metodolóxica. Por iso, malia que se denomina ruta megalítica de Axiaz, permitínme a licencia de engadir esta mámoa que se atopa na parroquia colindante de Gurgueiro. Por iso moi ben poidera ser a primeira da ruta: e pode ser a primeira, non é obrigatorio seguir o camiño debuxado por min a través das estupendas indicacións de Alex Negreira no seu fenomenal blogue megaliticia.blogspot.com, tantas veces nomeado.
Pois ben, a necrópole que me ocupa en último lugar, denominada "Mámoas da Portela", atópase no lugar de Gurgueiro, na parroquia do mesmo nome, coa advocación a San Miguel. Trátase dunha necrópole composta por seis mámoas que se atopan nunha suave aba que forma parte dun outeiro que enlaza dous cativos vales. O topónimo "Portela" lévanos á consideración de camiños primitivos, de rutas ancestrais: o lugar de paso nun alto, o cambio de vertente... Por iso posiblemente as Mámoas da Portela están vencelladas, como outras moitas en toda Galicia, ás vías de tránsito prehistóricas. Segundo Ángel Utrera (blogue aopedofarelo.blogspot.com) o lugar responde a un significativo topónimo a saber, Monte das Minas. Outra das denominacións galegas para as antas.
Vista da anta nº 1 desde a mesma perspectiva que a anterior. Fotografía de Alex Negreira en megaliticia.blogspot.com |
Para chegar, desde a estrada Agolada-Antas de Ulla, hai que coller necesariamente unha desviación cara a Alperiz e, desde aí, débese coller outra estrada á dereita que leva a Gurgueiro. A pouco mais de dous quilómetros a necrópole aséntase nambas as dúas beiras da devandita estrada, algunha delas cortadas pola mesma.
Das seis mámoas de que se compón a necrópole, a catalogada co número 6 conserva seis esteos da cámara á vista.
A mámoa 1, obxecto desta entrada, está emprazada nunha área de monte baixo extremadamente espeso, onde medran exhuberantemente os fentos, os toxos e sobre todo as glamurosas xestas.
O funil do espolio da mámoa, aberto no medio e medio, é poderoso e atópase moi colmatado. Por entre a masa tumular albíscanse diversos tobos de conexos probablemente e, por si non fose pouco, preséntase parcialmente esnaquizada no eixo leste-oeste pola construción dunha gran zanxa. Os incendios forestais non axudaron á súa conservación posto que os esteos atópanse alterados pola acción combustible do voraz lume. Na base da mámoa, polos lados leste e norte, eríxense dous muros que, como non, afectan considerablemente á masa tumular.
Pola superficie pódense ollar, si a vexetación o permite, numerosas pedras graníticas de tamaño medio que probablemente formasen parte da coiraza pétrea. A zanxa da que falaba mais enriba destruiu totalmente a mámoa polo lado do norte.
O que queda da mámoa, en definitiva, acada unhas medidas de once metros e medio no diámetro do norleste-suroeste e uns dez metros no noroeste-surleste. A altura máxima non sobrepasa os oitenta centímetros. O burato do espolio, feito con verdadeira saña, amosa unhas medidas de mais de dous metros e medio por algo mais de medtro e medio, sendo a súa profundidade de ao redor de corenta e cinco centímetros.
No devandito funil de espolio emerxe a cámara megalítica, composta por catro chantos de granito: a súa lonxitude aproximada no interior é de case un metro e medio por un metro trinta. Os esteos que se conservan conforman unha cámara poligonal simple. A altura máxima do esteo meirande non sobrepasa os sesenta centímetros. Estamos polo tanto diante dunha cámara típica da bisbarra a saber, o pequeno tamaño e a apariencia de cista, non tanto en canto á forma senon en canto ao tamaño.
Esta é a mámoa que describe Ángel Utrera no seu blogue, catalogada pola Xunta coa numeración: GA 36020120.
Con esto dou por rematada a ruta, pero non descarto outras moitas debido á inxente cantidade de mámoas, cámaras e algunha posible pedrafita que aínda se están a conservar polas marabillosas terras de Agolada.
É absolutamente necesario, convinte e recomendable, baixo todo e calquera tipo de consideracións, visitar o Concello de Agolada e, por extensión, todas as Terras do Deza, comarca con personalidade de seu.
EN SIGRÁS, NUN DÍA DE TREBOADA DO ESTÍO DE 2026.
SAÚDE, SORTE E LIBROS!!!
BIBLIOGRAFÍA E ENLACES IMPRECINDIBLES
https://megaliticia.blogspot.com/2015/11/mamoas-da-chaira.html
https://patrimoniogalego.net/index.php/77106/2015/08/mamoa-de-coto-cornellal/
https://patrimoniogalego.net/index.php/77217/2015/08/mamoa-cima-da-costa-2/
https://catalogaciondepedrafitasdegalicia.blogspot.com/
Ramón Fábregas Valcarce: "En torno al megalitismo gallego." PDF.
Ramón Fábregas Valcarce e Rafael Penedo Romero: "Antropomorfo grabado en un túmulo Megalítico de Agolada /Pontevedra)." Departamento de Historia l. Universidade de Santiago de Compostela. PDF.
Fábregas Vácarce e Vilaseco Vázquez: "O Megalitismo na Comarca do Deza. Un proxecto para a conservación do patrimonio arquitectónico inmoble." PDF.
Fábregas Valcarce et al.: "Estudios en torno ao Megalitismo da Comarca de Deza. Primeiros Resultados". Departamento de Historia 1. USC.
Fábregas Valcarce R., Penedo Romero, R.: "Ortostato grabado de Agolada (Pontevedra): Un nuevo motivo grabado en el arte megalítico del Nw Penínsular.", Ed. Sociedade POrtuguesa de Antropología Cultural, 1995.
Ramón Fábregas Valcarce: "En torno al megalitismo gallego." PDF.
Ramón Fábregas Valcarce e Rafael Penedo Romero: "Antropomorfo grabado en un túmulo Megalítico de Agolada /Pontevedra)." Departamento de Historia l. Universidade de Santiago de Compostela. PDF.
Fábregas Vácarce e Vilaseco Vázquez: "O Megalitismo na Comarca do Deza. Un proxecto para a conservación do patrimonio arquitectónico inmoble." PDF.
Fábregas Valcarce et al.: "Estudios en torno ao Megalitismo da Comarca de Deza. Primeiros Resultados". Departamento de Historia 1. USC.
Fábregas Valcarce R., Penedo Romero, R.: "Ortostato grabado de Agolada (Pontevedra): Un nuevo motivo grabado en el arte megalítico del Nw Penínsular.", Ed. Sociedade POrtuguesa de Antropología Cultural, 1995.
Fernando Carrera Ramírez: "El dolmen de Os Muíños (Agolada, Pontevedra). Intervención para la documentación y protección de la pintura megalítica conservada".
Fernando Carrera Ramírez e Ramón Fábregas Valcarce: "Arte parietal megalítico en el Noroeste Peninsular. Conocimiento y conservación" Tórculo Edicións, 2006.
https://ospendellos.blogspot.com/2018/05/aldeas-con-corazon-axiaz-rio-vilar.html
https://megaliticia.blogspot.com/2025/09/Dolmenes-Pontevedra.html
https://megaliticia.blogspot.com/2025/09/Dolmenes-Pontevedra.html
https://fonte.es/A-PORTADA/2018-04-16~Toponimia_de_Agolada.html
https://www.instagram.com/manuelbustogalego/
http://www.agolada.es/turismo/que-ver
https://ospendellos.blogspot.com/
https://historiasdedeza.wordpress.com/category/agolada/
aopedofarelo Desde Agolada-Pontevedra
https://dagolada.blogspot.com/
https://aquamlatam.blogspot.com/
https://www.youtube.com/watch?v=jK-0_YFSzII
https://megaliticia.blogspot.com/2025/10/Petroglifos-Pontevedra-Deza-Tabeiros.html
https://folletosturisticos.com/ngg_tag/agolada/#gallery/agolada/5668
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/comarca-do-deza/agolada/
iglesia-de-san-xulian-de-ventosa
https://canedo.eu/Comarcas/PONTEVEDRA/3_Deza.html
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/
sobreirais-do-rio-arnego-agolada-pontevedra-668906
https://ospendellos.blogspot.com/2017/01/roteiro-cultural-dos-petroglifos-de.html
https://patrimoniogalego.net/index.php/77720/2015/09/petroglifos-do-couto-da-aspra/
https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/subida-ao-monte-farelo-a-golada-e-antas-de-ulla-44864919/photo-29452676
https://www.rios-galegos.com/ulla/index.html
https://historiadeza.wordpress.com/2024/12/14/la-iglesia-de-san-xulian-de-ventosa-la-catedral-del-arte-rural-gallego/
https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/sobreiral-do-arnego/20240705081019201775.html
https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/view/306/302/256
https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/7467/pazo-de-borraxeiros?langId=es_ES&tp=9&ctre=36
https://genealogiasdegalicia.wordpress.com/2012/01/21/condado-de-borrajeiros/
https://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com/search?q=Anta+Coto+do+Cornellal
https://historiasdedeza.wordpress.com/category/xeografia/
https://ospendellos.blogspot.com/2016/12/descuberta-dunha-mamoa-e-novos.html