ANTA-DOLMEN DA GÁNDARA
“Cada bloque de piedra tiene una estatua en su interior y es la tarea del escultor descubrirla.”
Miguel Ángel Buonarrotti.
Versión da Anta segundo visión idealizada de Moncho Boga, 2024. |
A parroquia de San Antoíño de Baíñas atópase ao sur do Concello de Vimianzo e limita ao norte coas parroquias de Castrelo, Cambeda e Serramo (Vimianzo), polo leste co Concello de Zas, polo sueste co de Mazaricos, polo suroeste co Concello de Dumbría e polo oeste coa parroquia de Berdoias.
![]() |
Vista do Encoro da Fervenza, fotografía de Javier Pais. |
Pertencente á Terra de Soneira, é unha das comarcas galegas con mais presenza de elementos megalíticos, non tanto en canto á densidade, como á conservación das cámaras ou dolmenes Baíñas amosa tamén unha forte presenza megalítica: a Pedra da Arca fai de marco de término co Concello de Dumbría, pero, ademais, forma parte da extensa necrópole megalítica situada na ribeira dereita do río Xallas e, como veremos, moitas das antas que a conformaban están hoxe baixo as augas do Encoro da Fervenza sobre o río Xallas.
Fotografía de Fidel Méndez. |
O Encoro da Fervenza foi construido aló polo ano 1966 no cauce do río Xallas e está ubicado, ou abrangue, os concellos de Dumbría, Mazaricos, Vimianzo e Zas. Ocupa unha superficie de 1.250 hectáreas.
A presa ten unha altura de vintesete metros e centovintesete de lonxitude. O nome procede do Castelo da Fervenza (parroquia de Olveira) que estaba nun dos pequenos outeiros que forman a garganta onde se asentan os cimentos da presa, que se sitúa sobre os límites que separan os concellos de Mazaricos e Dumbría.
Fotografía do blogue megaliticiablogspot.com. |
A construción deste encoro cambiou a vida dos habitantes para sempre: a inundación de grandes zonas adicadas tradicionalmente ao cultivo provocou o aumento da humidade, formando grandes bancos de néboa. Tamén quedaron asolagadas algunhas pequenas poboacións.
![]() |
Fotografía de Fidel Méndez. |
Precisamente debido a ese asolagamento e inundación brutal, tamén se anegou a necrópole megalítica que hoxe nos ocupa: baixo as augas deste enorme encoro atópase a Anta da Gándara de Baíñas e só se pode contemplar cando o nivel das augas baixa considerablemente.
![]() |
Fotografía de patrimoniogalego.net |
O movimento das augas foi erosionando tanto a terra que formaba a mámoa ou túmulo, como os esteos que conformaban a estrutura arquitectónica da cámara, que agora se está a conservar como un calco do que fora. Malia todo iso, aínda se pode contemplar nidiamente, cando a seca é extrema, a circunferencia da mámoa, coas pedras que formaban o anel peristalítico. No centro dese círculo resalta un gran esteo vertical moi puntiagudo, único resto da estrutura arquitectónica da cámara que permanece no seu lugar orixinal: o resto dos esteos aparecen espallados, esnaquizados, e un deles partido pola metade.
![]() |
Fotografía de Fidel Méndez. |
Como estaba a dicir mais enriba, a Terra de Soneira (e con ela toda a Costa da Morte), é unha das comarcas com maior presenza de dólmenes de Galicia: Pedra da Arca, Arca de Rabós, Casota de Freáns, Arquiña de Vilaseco, Mina de Recesindes, Pedra Cuberta, Pedra da Lebre ou Arca da Piosa, son algúns dos moitos mais dólmenes que salpican toda esta bisbarra.
OUTRAS MÁMOAS NO ENCORO DA FERVENZA
![]() |
Fotografía de Fidel Méndez. |
![]() |
Fotografía de Fidel Méndez. |
Mapa do Encoro da Fervenza. |
COUSAS QUE VISITAR E DISFRUTAR NA TERRA DE SONEIRA
Para non entrar noutros moitos recursos turísticos que abondan nestas terras, voume centrar nunha famosa ruta que desde hai xa anos mantense como un dos principais roteiros culturais desta terra a saber, a Ruta dos Dólmenes. Trátase dun itinerario circular que se pode realizar en automóbil, en motocicleta e/ou en bicicleta. Conecta uns poucos dos moitos exemplares megalíticos da Terra de Soneira.
Ruta dos dólmenes, Concello de Vimianzo |
![]() |
Centro Interpretación do Encoro Fervenza en Baíñas. |
En Sigrás, nas previas do Entroido de 2024.
Saúde, sorte e libros!!!
BREVE BIBLIOGRAFÍA
De Javier Pais from A Baña, España - Embalse da FervenzaUploaded by Igrexas, CC BY 2.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=22539926
http://patrimoniogalego.net/index.php/6649/2011/10/anta-na-gandara-de-bainas/
https://www.vimianzo.gal/turismo/info.php?sec=245&idioma=es
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/perimetral-encoro-da-fervenza-mazaricos-zas-vimianzo-y-dumbria-71781533
https://www.paxinasgalegas.es/fiestas/centro-de-interpretacion-encoro-da-fervenza-vimianzo-24837.html
https://www.turismo.gal/que-facer/birding-in-galicia/onde-ver-aves-en-galicia/aves-e-auga/encoro-de-fervenza-e-bainas?langId=gl_ES
https://www.vimianzo.gal/turismo/info.php?id=645&idioma=es&sec=219