PEDRAFITA-MENHIR A3
3. RUTA DAS PEDRAFITAS-MENHIRES DA BAIXADA DE SAN XOSÉ.
![]() |
Debuxo de Moncho Boga, 2025. |
Chega un momento no que hai que clarexar algunha dúbida: non é posible chegar a estas pedrafitas si non imos acompañados das coordenadas xeográficas. Son elementos que, ademais de estar arroxados no chan, poden pasar desapercibidos e confundirse con outras rochas que abondan profusamente por todo o percorrido. Por iso esta ruta pedrafiteira que estou a propoñer, idea de Rafa Castro, non existe mais que no papel, na plantilla do ordenador. As imaxes e a descrición desta ruta non poden sustituir ao traballo de campo: non poden nin deben. Polo tanto, tamén debo suliñar que o seguimento desta ruta internetiana non garantiza atopar estes senlleiros exemplares.
Fotografía de Rafa Castro. |
Non obstante, desde aquí, desde a poltrona, continúo desenvolvendo o roteiro baixo as atentas e abraiantes indicacións de Rafa Castro.
Seguindo a tipoloxía proposta por Alberte Alonso, que ten e conta sobre todo a función, as pedrafitas que non podemos adcribir claramente a algún dos apartados, as encadra baixo o epígrafe "pedrafitas con outras funcións": ou ben comparten varias das funcións ou ben son aquilas que poden adcribirse, por distintos motivos, a deferentes épocas para cumplir tamén diferentes funcións, segundo posibles reutilizacións: pedrafitas de termo, como sinalizadoras, con función rogativa...
![]() |
Vistas do contorno do Pozo do Demo. Foto wilkiloc. |
Como xa sabemos, todas as pedrafitas da Baixada de San Xosé atópanse deitadas, arroxadas no chan, fóra da súa posición, posible e necesaria, vertical. A pedrafita número tres que nos ocupa, pódese encadrar dentro da tipoloxía formal que Rafa Castro denomina Tipo A: amosa sección cadrangular tendente a rectangular e a croa ou cume remata acusadamente afiada, picuda. A lonxitude total sobrepasa os dous metros e sesenta centímetros.
ALGO DE ETNOGRAFÍA
Como ben conta a tradición popular, unha das lendas relata e vencella o Pozo do Demo co tétrico emprazamento onde a Inquisición procedía á queima dos herexes. Tamén se conta, redundando no mesmo tema, que os reos condenados por heréticos eran arroxados ao fondo do Pozo onde morrían queimados, abrasados.
![]() |
Detalle dunha zona do Pozo do Demo. Fonte, wilkiloc. |
En xeral, como veremos nas entradas vindeiras, a meirande parte do petróglifos atópanse vencellados ou asociados ás crenzas cristianas.
COORDENADAS: N41° 55.093' W7° 24.439'
En Sigrás, no chuvioso outono de 2025.
Saúde, sorte e libros!!!
ENLACES TAN IMPORTANTES COMO NECESARIOS
https://catalogaciondepedrafitasdegalicia.blogspot.com/2014/04/pedrafitas-con-outras-funcions.html
Rafael Castro Vaamonde: "Novas exploracións no contorno do Pozo do Demo e das Fragas de Abedes." Traballo inédito.
https://catalogaciondepedrafitasdegalicia.blogspot.com/2014/03/pedrafitas-falicas.html
https://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/circulos-liticos-e-pedrafitas-de-galiza_09.html
https://www.diariodotamega.es/articulo/verin/verin-quere-facer-do-pozo-do-demo-maior-museo-natural-do-sur-galicia/20220214204758021561.html
ttps://www.laregion.es/comarca-de-monterrei/verin-recuperara-ruta-menhires-milenarios_1_20220223-2278229.html
https://osil.info/verin-proxecta-desenvolver-no-pozo-do-demo-o-maior-atractor-turistico-do-sur-de-galicia-cos-next-generation/
https://venagalicia.gal/noticia/2022/02/15/verin-quiere-convertir-pozo-do-demo-museo-aire-libre-referente-turismo-galicia/0003_202202O15C4991.htm
https://www.farodevigo.es/ourense/2021/02/27/denuncian-abandono-yacimiento-arqueologico-o-35760402.html
O_Bouzadoiro_un_xacemento_romano_unico_e.pdf
https://www.gciencia.com/retro/localizan-en-verin-o-castelo-medieval-de-cabreira/
https://estarvivobajoelcieloazul.blogspot.com/2013/03/pozo-do-demo.html
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/verin-comarca-de-verin-ourense-prg-150-sendeiro-do-pozo-do-demo-22216460/photo-14031936
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/punto-geodesico-de-montemaior-44984183/photo-29545613
.jpg)

