ANTA-DOLMEN MÁMOA DO MADORRIÑO
"La falsedad de un juicio no es para nosotros ya una objeción contra él; acaso sea en esto en lo que más extraño suene nuestro nuevo lenguaje. La cuestión está en saber hasta qué punto ese juicio favorece la vida, conserva la vida, conserva la especie, quizá incluso selecciona la especie; y nosotros estarnos inclinados por principio a afirmar que los juicios más falsos (de ellos forman parte los juicios sintéticos a priori) son los más imprescindibles para nosotros, que el hombre no podría vivir si no admitiese las ficciones lógicas, si no midiese la realidad con el metro del mundo puramente inventado de lo incondicionado, idéntico-a-símismo, si no falsease permanentemente el mundo mediante el número, - que renunciar a los juicios falsos sería renunciar a la vida, negar la vida. Admitir que la no-verdad es condición de la vida: esto significa, desde luego, enfrentarse de modo peligroso a los sentimientos de valor habituales; y una filosofía que osa hacer esto se coloca, ya sólo con ello, más allá del bien y del mal."
Fiedrich Nietzsche: "Mas allá del bien y del mal".
Para chegar podemos ir desde a estrada OU-1020 e dirixirnos directamente á anta-dolmen, ou senon parar na Saceda para visitar primeiro o Castro do mesmo nome. Pódese ir en choche, aínda que se adoita recomendar o XPS. Atópase a uns tres quilómetros da estrada provincial, nunha área achairada a unha altitude duns setecentos sesenta e cinco metros.
![]() |
Dúas opcións: ou ben achegarse directamente á mámoa do Madorriño, ou ben sair de A Saceda e pasar antes polo Castro da Saceda, que é mais recomendable. |
A nosa anta, veciña da Pedrafita-Menhir do Madorriño e da Pedrafita-Menhir O Marco de Saceda, insírese nunha gran mámoa (talvez de tamaño medio-grande) ou túmulo de terra de forma hemiesférica, como un cono truncado, e podería adscribirse aos dómenes de tipoloxía poligonal con corredor de acceso, atendendo ao tamaño da mámoa. Só se están a conservar tres esteos ou chantos que asoman do profundo funil de violación.
Amosa, como ben sendo habitual e como dicía antes, un profundo burato de violación e dicir, abondosos indicios de que foi salvaxemente expoliada: non está a conservar a tampa ou pedra cobertora nin a meirande parte dos esteos que conformarían a súa estrutura arquitectónica. Aínda así, como podemos ver na fotografía, a mámoa conserva unha boa parte do seu volume.
O topónimo "madorriño" é un dos moitos nomes que conservamos en Galicia para referirmonos aos túmulos megalíticos. Neste caso trátase do diminutivo de medorra ou madorra.
A Anta-Dolmen do Madorriño, illada na extensa chaira, fai aínda hoxe de marco divisorio, de marco de término, entre Lucenza e A Saceda.
Como vimos contando noutros moitos elementos megalíticos de Galicia, esta mámoa tamén conserva unha lenda transmitida oralmente de xeneración en xeneración: contan os relatos lexendarios que os Mouros, os extraordinarios antepasados míticos dos galegos, auténticos elfos máxicos, lanzaban, desde a Igrexiña dos Mouros (un outeiro sito na Serra do Larouco), un martelo ata o Castro da Cidá de Saceda; desde aí, os seus habitantes o enviaban á súa vez, cara á Mámoa do Madorriño, onde era recollido polos Mouros que vivían nela. Pero a cousa non queda aí: eles, do mesmo xeito, tiraban o martelo con dirección ao Castro da Cidá de San Millao. Supoñemos que este rito repetíase e repetirase eternamente, coma un eterno retorno.
ALGUNHAS OUTRAS POUCAS COUSAS DAS INFINITAS MOITAS COUSAS QUE HAI QUE VER EN CUALEDRO
Para empezar a coñecer o Concello de Cualedro, é recomendable a Ruta dos Castros, unha ruta que mestura historia, arte e natureza. Acada uns 15 quilómetros e trátase dunha ruta amena que transita por entre diversos sitios arqueolóxico-patrimoniais do Concello. Entroutros: o cruceiro de Lucenza, a capela de Santa Marta, a mámoa do Madorriño, o Castro de Saceda, a Fonte da Ola e o Castro de San Millao.
En Sigrás, no post Entroido de 2025.
Saúde, sorte e libros!!!
ALGÚNS POUCOS ENLACES
ttps://www.cualedro.es/patrimonio/es/madorrino.htmlhttps://megaliticia.blogspot.com/2015/11/mamoa-do-madorrino.html
https://www.laregion.es/comarca-de-monterrei/cualedro-acolle-septima-edicion-da-ruta-castros_1_20160520-2838945.html
https://patrimoniogalego.net/index.php/66705/2015/01/castro-de-san-millao/
https://www.cualedro.es/guia-cualedro/
https://www.flickr.com/photos/26358598@N07/23782035656/
https://www.google.es/maps/place/A+Saceda,+32688+Cualedro,+Ourense