ANTA-DOLMEN DA NECRÓPOLE DO OUTEIRO DE OMBRA
SENDA DAS MÁMOAS DE MARÍN III
E sigo, seguimos, transitando polas altas penechairas da península do Morrazo, lingua de terra que separa as rías de Pontevedra e Vigo. Montes comunais, repoboacións de árbores autóctonas, lagoa artificial..., un espazo único que pouco a pouco, paseniñamente, vaise convertendo nun referente arqueolóxico e natural. E, por suposto, un espazo que hai que protexer a toda costa.
Fotografía de megaliticiablogspot.com. |
Seguindo coa ruta das once mámoas, tócalle á Anta-dolmen número catro, numeración que sigo a propoñer pero con serias dúbidas.
Estaba a dicir que a mámoa non é de grandes dimensións e, aínda así, amosa o consabido e impenitente burato de saqueo por onde asoman os dous únicos e teimudos chantos que se están a conservar da estrutura arquitectónica dolménica. As medidas da mámoa van desde os duce metros de diámetro ata unha altura que non sobrepasa os sesenta centímetros.
En Sigrás, nos setembrinos días do 2025.
Saúde, sorte e libros!!!
ENLACES E ALGUNHA BIBLIOGRAFÍA
F. Carrera Ramírez e R. Fábregas Valcarce: "Arte parietal megalítico en le Noroeste Penínsular". Tórculo Edicións, 2006.https://patrimoniogalego.net/index.php/5156/2011/09/mamoa-de-pedralonga/
https://megaliticia.blogspot.com/2024/07/Senda-mamoas-Marin.html
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-das-mamoas-de-marin-219310977/photo-132766529
https://cousasdecarragal.blogspot.com/2025/03/marin-la-recomendada-ruta-das-mamoas.html
https://www.diariodepontevedra.es/articulo/o-morrazo/ruta-pasada-auga-estrear-senda-das-mamoas/202406162121471308969.html
https://www.diariodepontevedra.es/articulo/o-morrazo/nueva-senda-das-mamoas-marin-podra-realizarse-proximo-2-junio/202405011229341302690.html
https://www.carriola.es/index.php/noticias-de-marin-by-julio-santos/7174-el-concello-inaugura-el-proximo-domingo-la-ruta-das-mamoas-con-una-andaina-desde-el-lago-de-castineiras
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/2024-roteiro-das-mamoas-de-marin-otonal-noviembre-desde-lago-castineiras-a-lagocheiras-192112111/photo-118661999
https://nl.wikiloc.com/routes-wandelen/ruta-das-mamoas-de-marin-circular-desde-lago-castineiras-jmc-mamoas-192531087
https://it.wikiloc.com/percorsi-escursionismo/vilaboa-lago-de-castineiras-y-rio-maior-204892555
https://pt.wikiloc.com/trilhas-trekking/ruta-das-mamoas-de-marin-circular-desde-lago-castineiras-jmc-mamoas-192531087
Ningún comentario:
Publicar un comentario