ANTA-DOLMEN MEDORRA III DE ACEVEDO
RUTA ARQUEOLÓXICA DE O ACEVEDO 3.
Ludwig Wittgenstein
Debuxo versión de Moncho Boga, 2025. |
E sigo no Cordal de Acevedo, na Ruta Arqueolóxica de O Acevedo, itinerario creado polo Concello de Outeiro de Rei, que mistura elementos paisaxísticos, arqueolóxicos e históricos.
Planta da anta da Medorra de Acevedo III segundo versioón de Moncho Boga a partir da planta de F. Pérez Losada e J. Cano Pan. |
O punto de partida, como non me canso de repetir, atópase na parroquia de Martul e está perfectamente sinalizado. Aínda así, creo que é necesario ou convinte ir co XPS, porque un nunca sabe...
Planta da anta da Medorra de Acevedo III segundo versioón de Moncho Boga a partir da planta de Núñez Jato. |
Como dicía na primeria entrada da ruta, trátase dun importantísimo conxunto de mámoas-medorras megalíticas que se espallan sen formar unha necrópole propiamente debido á distancia, por unha ampla área dos montes de Acevedo. Como xa sabemos, a medorra III é un túmulo de considerables dimensións, con posible coiraza pétrea e posiblemente cinco esteos para a cámara e outros cinco para o corredor.
Estamos, sen a menor dúbida, diante dunha anta senlleira dentro do megalitismo do Concello de Outeiro de Rei.
Un pequeno excursus sobre o topónimo Outeiro de Rei. Diante dos topónimos "rei", sempre tiven a sospeita de que non todas as veces fan referencia a unha persoa que exerce poder "real", a un monarca, a un Rei. Con respecto, pola contra, ao topónimo "outeiro" semella transparente e dicir, do latino "altarius": sitio mais ou menos alto, ondeado, altar, solar posiblemente de rituais paganos.
![]() |
O río Miño ao seu paso por Outeiro de Rei. Fotografía extraida de: minube.net |
Pero voltemos ao topónimo "rei", que é extremadamente interesante. Eu, particularmente, estou convencido de que non fai referencia a unha persoa da realeza (na historia de Outeiro de Rei non atopo xurisdicións reais, senón nobiliares), a un monarca. Raramente este topónimo nomea polo tanto a persoas reais que exerzan algún tipo de poder, de xurisdición. Paréceme mais fecundo acudir á forma céltica "ricka" (surco, rego, regueiro) que explica as nosas formas "rego" e "rega". Deste xeito, si consideramos as formas célticas "ricka", "reku/reka" como arroio, canle, curso de auga..., de aí talvez derivou en "rei" ou en "raíña". A forma latina "regi", "rege" (río, regueiro) confundiuse moi pronto con rex-regis, polo que Outeiro de Rei podería significar "Altar do Río", o solar do Ladra, do pai Miño..., e doutros moitos regatos cativos que debuxan a xeografía hidrográfica deste singular concello.
En Sigrás, no primoroso mes de abril de 2025.
Saúde, sorte e libros!!!
ALGUNHA INFORMACIÓN MAIS
Páxina Web do Concello de Outeiro de Rei
https://es.wilkiloc.com/rutas-sendeirismo/ruta-arqueoloxica-do-acevedo
https://megaliticia.blogspot.com/2021/04/Medorra-de-Acevedo-8.html
https://megaliticia.blogspot.com/2021/04/Medorra-de-Acevedo-8.html
https://photo980x880.mnstatic.com/96b7efaf1f1a5859c94df99b6a677721/area-recreativa-santa-isabel-7632340.jpg
No hay comentarios:
Publicar un comentario