ANTA-DOLMEN MEDORRA II DE ACEVEDO
RUTA ARQUEOLÓXICA DE O ACEVEDO 2
"Nuestras convicciones más arraigadas, más indubitables, son las más sospechosas. Ellas constituyen nuestro límite, nuestros confines, nuestra prisión."
José Ortega y Gasset
Debuxo versión de Moncho Boga, 2025. |
Cordal de Acevedo, Pascuais, onde se asentan as pedrafitas sospeitosas habituais de Pascuais, precisamente. Nesta zona do montesío cordal, nunha zona penechaira moi ondeada con pequenos outeiriños, no límite entre San Xoán de Parada e San Pedro de Martul, a unha altitude que apenas sobrepasa os quinientos metros..., atopamos unha sorpresa agradable en forma de antas-dolmenes.
Para chegar, malia que recomendo o XPS, sígueme a gustar a descrición do xeito de chegar, aínda que normalmente non se chega con estas indicacións... Pois ben, como son terco, aí vai: collemos a estrada N-VI e, pasado o fito quilométrico 516, temos que coller a estrada comarcal que leva a Friol pola ponte de Hombreiro. Unha vez cruzada a ponte devandita, no quilómetro catro, collerremos unha pista asfaltada que sae á dereita e que leva a Aspai: pouco logo de pasar o cruzamento cunha pista que vai á parroquia de Martul, atópanse asentadas e maxestuosas as cinco medorras numeradas dese xeito: trátase dun monte que queda á dereita da pista ao que se pode chegar por varias corredoiras.
Deixando atrás esta pequena digresión a xeito de itinerario ficción, o mellor, o mais axeitado e o do sentido común e, polo tanto, comenzar na Parroquia de Martul e seguir as estupendas sinais da Ruta Arqueolóxica de O Acevedo. Será moito mais práctico e sinxelo.
A Medorra de Acevedo II, noutro orde de cousas, xa fora prospectada e documentada polo tantas veces nomeado Núñez Jato no ano 1990. Describe a típica forma hemiesférica (mammula) e, na croa ou parte superior, sobresaen dous esteos que acadan cadanseu ao redor de corenta e trinta e seis centímetros, mais ou menos.
Mámoa e Anta de Acevedo II. Fotografía extraída do blogue megaliticiablogspot.com |
Xa contei algo na entrada anterior, pero debo incidir, insistir, que paga a pena percorrer esta Ruta Arqueolóxica baixo todos os puntos de vista: desde a igrexa de San Xoán de Martul a ruta atravesa unha contorna natural espléndida e amosa uns cantos e variados vestixios arqueolóxicos que xalonan case todo o percorrido: antas, castros, petróglifos, vestixios romanos, necrópole medieval, igrexas románicas...
Mámoa e Anta de Acevedo II. Fotografía extraída do blogue megaliticiablogspot.com |
En Sigrás, nun primoroso e primaveral día do ano 2025.
Saúde, sorte e libros!!!
PARA SABER ALGO MAIS
https://megaliticia.blogspot.com/2015/12/mamoas-do-cordal-de-acevedo.html
https://outeiroderei.gal/turismo/natureza/rutas/ruta-arqueoloxica-de-o-acevedo/
https://rutasdesendeirismo.blogspot.com/2022/11/ruta-arqueoloxica-do-acevedo-outeiro-de.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/outeiro-de-rei/2018/01/02/span-langgldanos-conxunto-mamoas-outeiro-reispan/00031514929984453602107.htm
https://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/castros-de-galizagalicia-provincia-de.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario