viernes, 14 de diciembre de 2012

Anta-dolmen de Penacoba. Ribeira de Piquín

Anta-dolmen de Penacoba. Ribeira de Piquín


Segundo a fotografía de que dispoñemos, a anta de Penacoba componse mediante uns esteos que poden acadar os dous metros de altura. Seguramente se adscribe á tipoloxía das cámaras de tipo poligonal con corredor desenvolvido, como corresponde as antas desas dimensións case de xeito xeral no noso país. Atendendo á devandita fotografía, pódense contar ata sete esteos que sobresaen de entre unha poderosa floresta de toxos.

Na información recollida do blog de Xabier Moure, chama a atención a lenda que relata que na bisbarra cóntase que nunha das mámoas de Vilacoba había enterrado un coiro de boi que contiña ouro no seu interior. Parece ser que ese ouro, segundo as verídicas informacións da veciñanza, foi atopado felizmente (e sin que sirva de precedente) por uns veciños da contorna.



Para máis información: blog onosopatrimonio.blogspot.com

1 comentario:

  1. A cen metros hai outra tamén con bastante cámara. Se miras nesta ligazón, na penúltima foto poderás ver esta mámoa vista dende a outra. Vese bastante ben a simple vista, nos recordo que nos achegamos pensando que non tería cámara, pero o mover un pouco os toxos vimos que si tiña bastantes esteos.

    http://megaliticia.blogspot.tw/2015/11/anta-de-penacova-2.html

    ResponderEliminar