Amosando publicacións coa etiqueta Agolada. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Agolada. Amosar todas as publicacións

luns, 10 de agosto de 2026

ANTA-DOLMEN COTO DO CORNELLAL 3. Santa María de Ventosa. Agolada

ANTA-DOLMEN DO COTO DO CORNELLAL 3

3.-POR TERRAS DE VENTOSA: RUTA MEGALÍTICA DE AXIAZ 

"La paz no es simplemente la ausencia de guerra, sino el cese de la violencia estructural que el sistema ejerce cotidianamente sobre los individuos."

Herbert Marcuse


Debuxo versión de Moncho Boga, 2026.

Continúo polas indómitas terras do Concello de Agolada, polas terras altas da parroquia de Ventosa, polas terras chairas do lugar de Axiaz. Continúo por Terras do Deza e sigo camiñando por unha ruta de coñecemento, de iniciación. Un microuniverso máxico, duro ás veces, magnánimo outras. Sexa como sexa, estas terras teimudas e antigas sempre van deparar agradables e venturosas sorpresas. E, por suposto, unha das grandes sorpresas é a presenza milenaria das antas que estou a amosar nesta ruta.


Mapa de situación Coto do Cornellal 3. Google maps.

As antas 1 (desaparecida) 2 e 3 forman un pequeno conxunto, situadas na cima dunha vagoada enriba dun pequeno outeiro e están moi preto unhas das outras. Na zona predomina o monte baixo e as repoboacións forestais.


Planta da Anta 3 a partir de Penedo Romero.

En canto á arquitectura megalítica ou cámara, este exemplar está a conservar catro esteos, tres deles no seu emprazamento orixinal e o outro desprazado, de xeito que non é posible deducir a adscrición tipolóxica da anta. A altura da mámoa non vai mais aló do metro.


Fotografía de Alex Negreira, blogue megaliticiablospot.com

Pouco mais teño para engadir sobre esta anta-mámoa..., sen embargo é necesario subliñar a importancia da conservación. Malia que só se están a conservar uns cantos esteos, sería de vital importancia non esquecer que estas pedras, que permaneceron ergueitas durante milenios, case cun soplo poden desaparecer para sempre. Aínda estamos a tempo de protexer estes monumentos canto mais que é unha das máximas fundamentais da Lei do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotografía de Ángel Utrera do blogue ospendellos.blogspot.com
2016.


Panel cos debuxos da ruta.


EN SIGRÁS, NOS ÚLTIMOS ESTERTORES DE XULLO DE 2026
SAÚDE, SORTE E LIBROS!!!

BIBLIOGRAFÍA E ENLACES CON PERSONALIDADE DE SEU

https://patrimoniogalego.net/index.php/77106/2015/08/mamoa-de-coto-cornellal/

https://patrimoniogalego.net/index.php/77217/2015/08/mamoa-cima-da-costa-2/

https://catalogaciondepedrafitasdegalicia.blogspot.com/

Ramón Fábregas Valcarce: "En torno al megalitismo gallego." PDF.

Ramón Fábregas Valcarce e Rafael Penedo Romero: "Antropomorfo grabado en un túmulo Megalítico de Agolada /Pontevedra)." Departamento de Historia l. Universidade de Santiago de Compostela. PDF.

Fábregas Vácarcel e Vilaseco Vázquez: "O Megalitismo na Comarca do Deza. Un proxecto para a conservación do patrimonio arquitectónico inmoble." PDF.

Fábregas Valcarce et al.: "Estudios en torno ao Megalitismo da Comarca de Deza. Primeiros Resultados". Departamento de Historia 1. USC.

Fábregas Valcarce R., Penedo Romero, R.: "Un nuevo motivo grabado en el arte megalítico del Nw Penínsular", 1995

Fernando Carrera Ramírez: "El dolmen de Os Muíños (Agolada, Pontevedra). Intervención para la documentación y protección de la pintura megalítica conservada".

https://ospendellos.blogspot.com/2018/05/aldeas-con-corazon-axiaz-rio-vilar.html

https://megaliticia.blogspot.com/2025/09/Dolmenes-Pontevedra.html

https://ospendellos.blogspot.com/2016/03/mamoas-do-coto-cornellal-axiaz.html
https://fonte.es/A-PORTADA/2018-04-16~Toponimia_de_Agolada.html

https://www.instagram.com/manuelbustogalego/

http://www.agolada.es/turismo/que-ver

https://pendellos.blogspot.com/

https://ospendellos.blogspot.com/

https://historiasdedeza.wordpress.com/category/agolada/

aopedofarelo Desde Agolada-Pontevedra

https://dagolada.blogspot.com/

https://aquamlatam.blogspot.com/

https://www.youtube.com/watch?v=jK-0_YFSzII

https://megaliticia.blogspot.com/2025/10/Petroglifos-Pontevedra-Deza-Tabeiros.html

https://folletosturisticos.com/ngg_tag/agolada/#gallery/agolada/5668
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/comarca-do-deza/agolada/
iglesia-de-san-xulian-de-ventosa

https://canedo.eu/Comarcas/PONTEVEDRA/3_Deza.html

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/
sobreirais-do-rio-arnego-agolada-pontevedra-668906

https://ospendellos.blogspot.com/2017/01/roteiro-cultural-dos-petroglifos-de.html

https://patrimoniogalego.net/index.php/77720/2015/09/petroglifos-do-couto-da-aspra/

https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/subida-ao-monte-farelo-a-golada-e-antas-de-ulla-44864919/photo-29452676

https://www.rios-galegos.com/ulla/index.html

https://historiadeza.wordpress.com/2024/12/14/la-iglesia-de-san-xulian-de-ventosa-la-catedral-del-arte-rural-gallego/

https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/sobreiral-do-arnego/20240705081019201775.html

https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/view/306/302/256

https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/7467/pazo-de-borraxeiros?langId=es_ES&tp=9&ctre=36

https://genealogiasdegalicia.wordpress.com/2012/01/21/condado-de-borrajeiros/

https://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com/search?q=Anta+Coto+do+Cornellal

venres, 7 de agosto de 2026

ANTA-DOLMEN DO COTO DO CORNELLAL 2. Santa María de Ventosa, Agolada.

ANTA-DOLMEN DO COTO DO CORNELLAL 2

2.-POR TERRAS DE VENTOSA: RUTA MEGALÍTICA DE AXIAZ 


"El fascismo trató a la lengua como un instrumento de poder, como un medio de acumular conocimientos para uso de la producción y de la destrucción, tanto en la guerra como en la paz."

Max Horkheimer


Debuxo versión de Moncho Boga, 2025.

O conxunto de mámoas do Coto do Cornellal conforma unha necrópole composta por unha ducia de mámoas. No momento de prospeción e catalogacíon realizado a primeiros do século XXI, a meirande parte destas mámoas aínda conservaban restos da estrutura interna ou cámara megalítica. 


Situación da Anta Mámoa do Coto do Cornellal 2.

Cando me puxen a investigar esta necrópole atopeime que unha parte delas tiña a denominación de "Mámoas da Chaira" e cheguei á conclusión de que estas son as que están catalogadas nas fichas de patrimonio coa denominación de Mámoas do Coto de Cornellal. A partir de aí, optei por denominalas coa catalogación oficial, prescindindo da  de "Mámoas da Chaira". Isto non quere dicir que ista última denominación non sexa a mais axeitada: probablemente ten unha base no dicir da veciñanza.


Planta da Anta 2, versión propia a partir de Penedo Romero.

Na introdución desta ruta xa informaba da destrución da cámara da mámoa 1, que na catalogación de patrimonio aparecen cunha soa sinatura e dicir, as mámoas 1, 2 e 3 son o GA 36020014. A continuación, noutras dúas fichas figuran outra vez as tres mámoas coa seguinte numeración: GA 36020087 e GA 36020087, 0088 e 0089. Desde aquí, optei por seguir o XPS de Alex Negreira a asignarlle a numeración que me pareceu mais axeitada segundo a catalogación de Patrimonio, seguindo o seu mapa de situación e comparándoo co mapa de Alex Negreira. Así mesmo as que Alex Negreira denomina "Mámoas da Chaira" asineille a correspondente numeración da Xunta para o Conxunto da Necrópole do Coto do Cornellal e as súas doce mámoas. Probablemente haia algún fallo...


Fotografía de Alex Negreira en megaliticiablogspot.com

A Anta da Mámoa do Coto do Cornellal 2 atópase no interior dunha mámoa que mide ao redor dun 18 metros no eixo noreoeste-sueste e  acada unha altura máxima de preto de metro e medio.


Fotografía de Elixio Vieites en patrimoniogalego.net, 2015.

A devandita cámara confórmase estruturalmente a través de cinco esteos de granito imbricados de xeito que debuxan unha cámara poligonal que, no interior, mide de diámetro meirande case un metro (eixe noroeste-sueste) e tamén case un metro no eixo norte-sul. A altura máxima dos esteos, o que sobresaen do chan, é de algo mais de medio metro. Como dato salientable, un dos esteos da cámara parece conservar dúas cazoliñas na cara interna.


Fotografía de Alex Negreira en megaliticiablogspot.com

A cronoloxía que aventuran Fábregas-Penedo (na medida en que non se poden datar con unha seguridade mínima) abrangue un abano que vai desde finais do V milenio até o último terzo do III milenio.


Fotografía de Alex Negreira en megaliticiablogspot.com

Redundando nas afinadas conclusións de Fábregas-Penedo, a chaira na que se enclaban as mámoas que conforman a gran necrópole do Coto do Cornellal, defínese por tres factores físicos de especial  relevancia a saber, en primeiro lugar os montes que a están a delimitar, en segundo lugar as "depresións hidromorfas no seu interior" e por último a constatación de que o punto mais elevado desa chaira atópase ao noroeste. 


Panel cos debuxos da ruta.

Por iso unha das conclusións clave dese traballo é a que ten que ver coas vías de tránsito (feito que se constata con regularidade en multitude de áreas megalíticas galegas): son as vías que cruzaban a chaira e que confluían nisa área ao noroeste. Esa estrutura viaria é a que posiblemente determinou a ubicación das mámoas (e dos paneis de petróglifos). E dicir, a análise da ubicación e da relación con outros elementos, é probable que a caracterice cunha función central en relación coas vías de tránsito tanto nos accesos á necrópole como no interior dela.


Debuxo esquemático da Anta da Mámoa do Cornellal 2.
Moncho Boga, 2026.

E con ista somera descrición da fermosa anta do Coto do Cornellal 2, a ruta continua paseniñamente polas altas terras de Axiaz.


EN SIGRÁS, UN DÍA CALQUERA DO ESTÍO DE 2026.
SAÚDE, SORTE E LIBROS!!!


BIBLIOGRAFÍA E ENLACES CON PERSONALIDADE DE SEU

https://patrimoniogalego.net/index.php/77106/2015/08/mamoa-de-coto-cornellal/

https://patrimoniogalego.net/index.php/77217/2015/08/mamoa-cima-da-costa-2/

https://catalogaciondepedrafitasdegalicia.blogspot.com/

Ramón Fábregas Valcarce: "En torno al megalitismo gallego." PDF.

Ramón Fábregas Valcarce e Rafael Penedo Romero: "Antropomorfo grabado en un túmulo Megalítico de Agolada /Pontevedra)." Departamento de Historia l. Universidade de Santiago de Compostela. PDF.

Fábregas Vácarcel e Vilaseco Vázquez: "O Megalitismo na Comarca do Deza. Un proxecto para a conservación do patrimonio arquitectónico inmoble." PDF.

Fábregas Valcarce et al.: "Estudios en torno ao Megalitismo da Comarca de Deza. Primeiros Resultados". Departamento de Historia 1. USC.

Fábregas Valcarce R., Penedo Romero, R.: "Un nuevo motivo grabado en el arte megalítico del Nw Penínsular", 1995

https://ospendellos.blogspot.com/2018/05/aldeas-con-corazon-axiaz-rio-vilar.html

https://megaliticia.blogspot.com/2025/09/Dolmenes-Pontevedra.html

https://fonte.es/A-PORTADA/2018-04-16~Toponimia_de_Agolada.html

https://www.instagram.com/manuelbustogalego/

http://www.agolada.es/turismo/que-ver

https://pendellos.blogspot.com/

https://ospendellos.blogspot.com/

https://historiasdedeza.wordpress.com/category/agolada/

aopedofarelo Desde Agolada-Pontevedra

https://dagolada.blogspot.com/

https://aquamlatam.blogspot.com/

https://www.youtube.com/watch?v=jK-0_YFSzII

https://megaliticia.blogspot.com/2025/10/Petroglifos-Pontevedra-Deza-Tabeiros.html

https://folletosturisticos.com/ngg_tag/agolada/#gallery/agolada/5668

https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/comarca-do-deza/agolada/
iglesia-de-san-xulian-de-ventosa

https://canedo.eu/Comarcas/PONTEVEDRA/3_Deza.html

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/
sobreirais-do-rio-arnego-agolada-pontevedra-668906

https://ospendellos.blogspot.com/2017/01/roteiro-cultural-dos-petroglifos-de.html

Fernando Carrera Ramírez: "El dolmen de Os Muíños (Agolada, Pontevedra). Intervención para la documentación y protección de la pintura megalítica conservada".

https://patrimoniogalego.net/index.php/77720/2015/09/petroglifos-do-couto-da-aspra/

https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/subida-ao-monte-farelo-a-golada-e-antas-de-ulla-44864919/photo-29452676

https://www.rios-galegos.com/ulla/index.html

https://historiadeza.wordpress.com/2024/12/14/la-iglesia-de-san-xulian-de-ventosa-la-catedral-del-arte-rural-gallego/

https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/sobreiral-do-arnego/20240705081019201775.html

https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/view/306/302/256

https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/7467/pazo-de-borraxeiros?langId=es_ES&tp=9&ctre=36

https://genealogiasdegalicia.wordpress.com/2012/01/21/condado-de-borrajeiros/

https://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com/search?q=Anta+Coto+do+Cornellal

venres, 31 de xullo de 2026

ANTAS-DÓLMENES DE AXIAZ. Santa María de Ventosa, Agolada

ANTAS-DÓLMENES DE AXIAZ

POR TERRAS DE VENTOSA: RUTA MEGALÍTICA DE AXIAZ.


"Sólo hay una guerra que puede permitirse el ser humano: la guerra contra su extinción."

Isaac Asimov


Panel cos debuxos das antas da Ruta Megalítica de Axiaz.

Voltamos ao Concello de Agolada, a esta terra dezana espectacularmente rica en xacementos arqueolóxicos e onde destacan con importancia de seu tanto as estacións de petróglifos como as necrópoles megalíticas, que salpican absolutamente todo o seu territorio. Non é a primeira entrada que adico a estas terras, pero é a primeira vez que o enfoque vai ser distinto, un enfoque que pode permitir coñecer un recuncho do Concello de Agolada a nivel megalítico, mediante o desenvolvemento dunha ruta mais ou menos pormenorizada que encadra unhas poucas necrópoles moi próximas entre sí.


Situación das antas da ruta. A Anta Cima da Costa
atópase dentro dos límites do Concello de Rodeiro. Google maps.

Malia que esta entrada leva o título de Antas-dólmenes de Axiaz, permitínme a licencia de engadir dúas antas que, pola cercanía, merecen estar nesta ruta: a Anta da Cima da Costa que pertence ao limítrofe Concello de Rodeiro (parroquia de Santa María de Guillar) e está moi preto da imaxinaria línea de fronteira na mesma chaira dos montes de Axiaz; e tamén unha anta da Necrópole da Portela, pertencente á parroquia de San Miguel de Gurgueiro, ao norte da chaira de Axiaz, sen comunicación directa, que eu saiba. Son dous exemplares que, pola súa cercanía,  considero que deben aparecer necesariamente nesta ruta megalítica.



Vista do Lugar de Axiaz. Fotografía de Ángel Utrera, na entrada "Aldeas con  corazón. Axiaz-Río-Vilar-Treilamas", do blogue ospendellos.blogspot.com

A meirande parte das antas que amoso xa foron publicadas neste blogue en sendas entradas, a primeira en xullo de 2012 e a segunda (Cima da Costa) en setembro de 2025. Co paso do tempo, e coa distancia, creo que é mais proveitoso e fecundo  ir construindo entradas ao redor de rutas megalíticas, posto  que as antas case nunca están illadas senon que forman agrupacións ou necrópoles, de xeito que a publicación en roteiros pode axudar a comprender mellor este extraordinario fenómeno arqueolóxico: o horizonte megalítico galego. Revisitar, ademais, estes exemplares tamén permite  albiscar o seu estado de conservación ao longo do tempo, e do mesmo xeito incorporar novos elementos que antes descoñecía. Para esto foi fundamental a ruta proposta por Alex Negreira no seu extraordinario blogue megaliticiablogspot.com.

Efectivamente, a ruta por terras de Axiaz, na parroquia de Ventosa, engade a necrópole da Portela (a mais lonxana, na parroquia de Gurgueiro), a necrópole central do Coto do Cornellal, Cima da Costa, As Namelas e a Chaira do Medio. Intentarei amosar e describir once cámaras megalíticas, algunhas en irregular estado de conservación, susceptibles de ser visitadas e contempladas en todo o seu primitivo esplendor. Precisamente o estado de abandono de todas elas lévame a elevar un berro de protesta e denuncia. Si esta entrada vale de algo, espero que sexa para que as autoridades competentes solucionen a súa situación de total e absoluto abandono, tendo en conta ademáis que algunhas delas teñen o nivel de máxima proteción ao seren declaradas BIC.



Agolada na Comarca do Deza. Extraído de:
https://canedo.eu/Comarcas/PONTEVEDRA/3_Deza.html

O estudo detallado do conxunto arqueolóxico do Coto do Cornellal (centrado nos paneis de petróglifos e nas mámoas) foi realizado e dado a coñecer polos traballos de catalogación e prospección ralizados entre os anos 2001 e 2004 polo Departamento de Historia 1 da USC. O obxectivo central deses estudos de investigación foi a comprobación da interación entre as "mámoas e o medio físico e o entorno socioeconómico, e os cambios producidos nesta relación ao longo do tempo."


Mapa do Concello de Agolada coas súas 24 parroquias e
os concellos límitrofes.

O Coto do Cornellal (ao que aquí engado, repito, varias áreas adxacentes) debuxa unha penechaira que se alza ao sur do lugar de Axiaz e ao norte do río Turubelo. Á grande cantidade de paneis de petróglifos catalogados, hai que lle engadir tamén a extraordinaria densidade de mámoas.



Panel de petróglifos do Coto do Cornellal.
Fotografía megaliticiablogspot.com

A necrópole das Namelas localízase moi preto do Coto do Cornellal, como dicía antes, próxima tamén ao lugar de Axiaz. Nesta área  atópase da devandita necrópole do Cornellal, a Mámoa da Chaira do Medio, a Mámoa da Cima da Costa, a Mámoa do Turubelo..., a unha altitude de mais de quinientos metros nunha aba que descende paseniñamente na orientación norte-sul ata o río Arnego. Na outra beira do Val de Camba atópase o famoso conxunto da Chan da Cruz (Parada de Alperiz-Lalín) moi preto tamén doutras necrópoles do límitrofe Concello de Rodeiro.


Unha imaxe das ruta das Sobreiras no río Arnego. Fotografía:
es.wikiloc.com/rutas-senderismo

A meirande parte das mámoas e das antas que entran neste pequeno gran percorrido son en xeral de cativo tamaño (de entre quince e vinte metros  de diámetro máximo) e ao redor dun metro para a altura. No Coto do Cornellal, dunha ducia de antas, só dúas non tiñan evidencia de cámara megalítica. Na necrópole das Namelas, a mámoa número 1 foi destruida vai uns anos e correspondía a unha cámara poligonal  conformada con seis esteos.


Planta versión propia (a partir de Penedo) da desaparecida Anta das Namelas 1.

Pola súa ubicación, en xeral, as mámoas parecen estar vencelladas a vías de tránsito tanto nos seus ámbitos de  acceso como no  interior: non só dominan o territorio, senon que tamén se dispoñen sobre as rutas e as  liñas de tránsito que se localizan na parte do noroeste. 


A Ponte dos Cabalos sobre o río Arnego. O Camiño Real,
talvez o primitivo camiño prehistórico, que comunicaba con Ventosa.
Fotografía de: ospendellos.blogspot.com/2017

Por iso nas conclusións de Fábregas-Penedo (ver bibl.), considérase que é este un importante nó de comunicación entre o Val do río Arnego no suroeste, a área de Axiaz e, seguindo as estribacións na direción leste, as terras altas que forman parte da Dorsal Galega. Sería polo tanto unha ruta que comunica as necrópoles desde Parada de Alperiz ata a Serra do Farelo. Por iso para estes autores o punto central, o Coto do Cornellal, é o lugar de distribución tumular, a charnela, acompañado doutros lugares case anexos como As Namelas, Chaira do Medio, Cima da Costa, Mámoas da Portela, etc.


Calco dun dos esteos da Anta dos Muíños,
Extraído de Fernando Carrera Ramírez, ver bibl.

A importancia do horizonte megalítico do Concello de Agolada é absolutamente extraordinaria tanto en canto á densidade de mámoas como á calidade das cámaras megalíticas que aínda se están a conservar: moitos dos esteos destas cámaras conservan importantes restos de pinturas (Anta de Muíños), decoración con gravuras tanto xeométricas (Chaira do Medio) como antropomorfas (As Namelas). En  canto á densidade, hai catalogadas mais de duascentas trinta mámoas e supoñemos que irán aparecendo mais. Destacan, ademais das que amosamos nesta ruta, as necrópoles das Mamuelas con seis mámoas, a necrópole de Coitimil tamén  con seis mámoas, as Mámoas do Monte de San Miguel de Vilanova (Borraxeiros) composta por vinte mámoas, a do Alto de San Miguel de Vilanova con sete, a necrópole da Chaira de Acedo, a esquecida Anta de Muíños... Unha auténtica barbaridade, un concello plagado destes senlleiros monumentos que corren perigo diario de desaparición debido sobre todo ao abandono, a falta de atención e ao descoñecemento. 


Anta da Necrópole de San Miguel de Vilanova, Borraxeiros
Fotografía de http://www.gepn.eu/proyectos/comarca-de-deza/

A toda esta inmensidade megalítica hai que lle sumar mais de noventa paneis de petróglifos, ao redor de quince castros, restos romanos, sartegos antropomorfos, unha boa representación de arquitectura románica, arquitectura tradicional, etnografía, paraxes singulares, pazos, pontes...


Panel de Petróglifos do Coto da Aspra, preto do Coto do Cornellal.
Amosa sete puñaise sete alabardas.
De patrimoniogalego.net, as fotos son de Alex Negreira.

Malia todo iso, unha xeira de apaixoados defensores desas terras están a denunciar e dar a coñecer todos estes monumentos a través de estupendas páxinas web, blogues..., persoas extraordinarias como Manuel Busto, González Alén ou Ángel Utrera, entroutros. A miña mais sinceira admiración por estas e outras persoas grazas as que puiden descubrir moitas das antas que hoxe amoso neste blogue. Sen dúbida Manuel Busto Galego, historiador incansable das cousas de Agolada e impulsor necesario da recuperación dos Pendellos (e da Anta dos Muíños), é o causante, a través dos seus escritos, do meu interese e atención por estas marabillosas terras. Pero deixemos falar a un auténtico amante e coñecedor de Agolada:


Camiño do Alto do Farelo. Fotografía de wilkiloc (ver enlaces).

"E mesmo en Agolada, os de Axiaz, lugar absolutamente mítico, cheo de guiños e referencias ao pasado, os mouros e as súas lendas de agochados e sempre baixo a atenda vixía do Farelo, alá no horizonte. Axiaz ten todo o que alguén pode desexar e buscar para perderse e devagar polas corredoiras, saltar entrelas pedras, percorrer enlamadas congostras e corredoiras, deixarse ir polas ribeiras e regos dos seus regatos, embriagarse polo cheiro doce das xestas...,"

Ángel Utrera:  Ao pé do Farelo. Desde Agolada-Pontevedra
https://ospendellos.blogspot.com/2016/03/mamoas-do-campo-das-mamos-agolada.html

Cando estaba a rematar esta entrada introductoria da ruta, o 31 de xullo de 2026, chegoume unha nova do xornal La Voz de Galicia onde se denuncia o abandono total e absoluto da Anta de Muíños. A nova denuncia o estado de abandono da maior parte dos xacementos arqueolóxicos da Terra do Deza, neste caso os de Agolada. A protesta parte precisamente de Ángel Utrera que denuncia o estado lamentable en que está unha anta declarada BIC, sobre todo debido á calidade das pinturas murais que conserva no interior da cámara. As imaxes de Utrera son un testemuño elocuente do esquecemento por parte das autoriadades competentes.



Fotografía de Ángel Utrera en La Voz de Galicia, 31 de xullo de 2026.
Nin siquiera se olla ben o panel informativo.


AGOLADA, GLOSA A UN CONCELLO DEZANO

A Comarca do Deza atópase no centro de Galiza, dentro da bacía do Ulla ao norte, e pola Dorsal Galega e as súas estribacións nas partes restantes. Ao norte, pola Serra do Farelo, Agolada linda co Concello de Antas de Ulla. O Ulla, precisamente, marca o límite norte do Concello e recolle as augas da meirande parte dos ríos do término municipal. O Río Arnego é o principal afluinte do Ulla, de entre os ríos que fluen por Agolada. 


O Río Ulla ao seu paso por Agolada.
Fotografía de Manuel Busto Galego.

Cando se trata de caracterizar as paisaxes humanas e naturais dunha zona determinada é moi fácil caer nos tópicos mais manidos que imaxinarse un poda. Non sei si valen os tópicos para o conxunto do Concello de Agolada: o que si sei é que é unha terra que, cada vez que un se mergulla na súa historia e costumes, mais apaixoa.


Unha vista dos Pendellos. Fotografía de Ángel Utrera.

Por iso talvez sexa necesario, á falta doutra linguaxe millor, acudir aos tópicos. É inevitable, recomendable e imperiosamente necesario, cando nos achegamos a Agolada, visitar o conxunto etnográfico dos Pendellos, un impresionante complexo recinto feiral que non ten parangón na Galiza nin en Portugal. Comedores, mostradores, amplias rúas, almacéns, cuartel, cárcere, cortes..., todo un microuniverso ao que hai que engadir o miliario reaprobeitado atopado por Manuel Busto. É tamén absolutamente vital visitar a Feira de Artesanía que xa se leva celebrando no recinto desde hai uns cantos anos.


Friso e mausoleo na igrexa de Santa María de Ventosa.
Fotografía: historiadeza.wordpress.com

Unha naturaleza voluptuosa salpica toda a contorna. Por destacar algo, o Sobreiral do Arnego conforma un gran bosque de corticeiras cun extraordinario valor ecolóxico e unha fermosa estampa. Forma parte da Rede Natura 2000.


Sobreiral do Arnego. Fotografía de www.nosdiario.gal

Xa viña falando do enorme patrimonio prehistórico do Concello. A todo ise tesouro patrimonial hai que lle engadir o patrimonio etnográfico e o histórico artístico. Unha boa xeira de igrexas de orixe románico entre as que destaca a de Santa María de Ventosa. Na arquitectura civil,  unha apreciable representación de pazos, dos que se  debe mencionar obrigatoriamente o Pazo de Borraxeiros, no que aínda  se poden  albiscar as pegadas do seu remoto orixe  medieval.


Pazo de Borraxeiros.
Fotografía extraída de genealogiasdegalicia.wordpress.com

En canto á etnografía, sei de certo que as lendas da mourindade non son alleas a estas terras. Sen embargo non fun quen de atopar relatos concretos ao redor dos nosos lexendarios "elfos" a saber, os mour@s.  Referencias vagas contan que nas amplas chairas dos montes de Axiaz viven os mouros gardando os seus tesouros. As mámoas e antas de Axiaz, como sempre, foron construídas por estes nosos mitolóxicos seres. 


EN SIGRÁS NO POST-GALAICOI DE 2026.
SAÚDE, SORTE E LIBROS!!!

BIBLIOGRAFÍA FUNDAMENTAL

https://catalogaciondepedrafitasdegalicia.blogspot.com/

Ramón Fábregas Valcarce: "En torno al megalitismo gallego." PDF.

Ramón Fábregas Valcarce e Rafael Penedo Romero: "Antropomorfo grabado en un túmulo Megalítico de Agolada /Pontevedra)." Departamento de Historia l. Universidade de Santiago de Compostela. PDF.

Fábregas Vácarcel e Vilaseco Vázquez: "O Megalitismo na Comarca do Deza. Un proxecto para a conservación do patrimonio arquitectónico inmoble." PDF.

Fábregas Valcarce et al.: "Estudios en torno ao Megalitismo da Comarca de Deza. Primeiros Resultados". Departamento de Historia 1. USC.

Fábregas Valcarce R., Penedo Romero, R.: "Un nuevo motivo grabado en el arte megalítico del Nw Penínsular", 1995

https://ospendellos.blogspot.com/2018/05/aldeas-con-corazon-axiaz-rio-vilar.html

https://megaliticia.blogspot.com/2025/09/Dolmenes-Pontevedra.html

https://fonte.es/A-PORTADA/2018-04-16~Toponimia_de_Agolada.html

https://www.instagram.com/manuelbustogalego/

http://www.agolada.es/turismo/que-ver

https://pendellos.blogspot.com/

https://ospendellos.blogspot.com/

https://historiasdedeza.wordpress.com/category/agolada/

aopedofarelo Desde Agolada-Pontevedra

https://dagolada.blogspot.com/

https://aquamlatam.blogspot.com/

https://www.youtube.com/watch?v=jK-0_YFSzII

https://megaliticia.blogspot.com/2025/10/Petroglifos-Pontevedra-Deza-Tabeiros.html

https://folletosturisticos.com/ngg_tag/agolada/#gallery/agolada/5668


https://canedo.eu/Comarcas/PONTEVEDRA/3_Deza.html

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/
sobreirais-do-rio-arnego-agolada-pontevedra-668906

https://ospendellos.blogspot.com/2017/01/roteiro-cultural-dos-petroglifos-de.html

Fernando Carrera Ramírez: "El dolmen de Os Muíños (Agolada, Pontevedra). Intervención para la documentación y protección de la pintura megalítica conservada".

https://patrimoniogalego.net/index.php/77720/2015/09/petroglifos-do-couto-da-aspra/

https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/subida-ao-monte-farelo-a-golada-e-antas-de-ulla-44864919/photo-29452676

https://www.rios-galegos.com/ulla/index.html

https://historiadeza.wordpress.com/2024/12/14/la-iglesia-de-san-xulian-de-ventosa-la-catedral-del-arte-rural-gallego/

https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/sobreiral-do-arnego/20240705081019201775.html

https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/view/306/302/256

https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/7467/pazo-de-borraxeiros?langId=es_ES&tp=9&ctre=36

https://genealogiasdegalicia.wordpress.com/2012/01/21/condado-de-borrajeiros/

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/agolada/2026/07/31/abandono-vive-anta-dos-muinos-agolada/0003_202607D31C4994.htm?shem=dsdf,sharefoc,agadiscoversdl,,sh/x/discover/m1/4






Rafael PENEDQ ROMER

mércores, 6 de maio de 2026

ANTA-DOLMEN MÁMOA DO CASTRILLÓN. San Mamede das Trabancas, Agolada.

 ANTA-DOLMEN MÁMOA DO CASTRILLÓN-LAMAS


"Los hombres han sido siempre, en política, víctimas necias del engaño ajeno y propio, y lo seguirán siendo mientras no aprendan a descubrir detrás de todas las frases, declaraciones y promesas morales, religiosas, políticas y sociales, los intereses de una u otra clase."

Guillermo de Ockham


Debuxo de Moncho Boga, 2025.

Sempre hai que voltar ao dezano Concello de Agolada, sempre hai que voltar obrigatoriamente e sen ningún tipo de inxustificada disculpa, ás feraces, amenas e voluptuosas terras deste singular territorio.


Captura extraída de
https://pte.es/Mapas/Pontevedra/i36020/Agolada.html

E, malia que sexa desde a comodidade dun sillón e coa facilidade que permite un ordenador, eu volto coa imaxinación; volto coa imaxinación porque a viaxe física non é factible de momento. Cómpre sinalar que unha parada na capital municipal é sempre un pracer, e tamén é un pracer obrigatorio visitar o espectacular conxunto etnográfico dos Pendellos. Pero así mesmo é un singular atractivo a inmensa cantidade de antas, mámoas, petróglifos, castros, pazos, igrexas románicas, carballeiras..., que identifican e singularizan este impresionante concello.



Fotografía do blog megaliticiablogspot.com

Hoxe mergúllome no estudo divulgativo dunha preciosa mámoa da que non sei moitas cousas, excepto que é relativamente fácil de atopar, que se atopa moi preto da capital municipal, que talaron os pinos e carballos que a estaban a cubrir e que, nas cercanías, destruíron dúas estacións de petróglifos coñecidas como a Picurela I e II, feitos denunciados polo investigador González Alén e polo blog dos Pendellos, que atopei  nunha entrada de Ángel Utrera (no blo ospendellosblogspot.com) titulada "A insensibilidade polo noso patrimonio."


Fotografía do blog megaliticiablogspot.com

Noutro orde de cousas non menos importante, hai que subliñar que para chegar débese coller a estrada Agolada-Lugo e, en Trabancas, debemos introducirnos por unha pista que leva ao lugar de Lamas e alí coller un camiño con dirección leste. Con estas lacónicas indicacións probablemente, senon con toda seguridade, non chegaredes a esta fermosa mámoa. Polo tanto podedes seguir o mapa que adxunto ou mellor, agora que me decato, vai ser fundamental deixarse guiar polo XPS.


Fotografía do blog megaliticiablogspot.com

A mámoa ou túmulo na que se insiren os poucos restos á vista da anta, desenvólvese a través dun diámetro de vintedous metros e unha altura de dous metros e medio. Na superficie sobresaen a duras penas dous esteos que forman parte da estrutura arquitectónica ou cámara, da que non podemos saber nada da súa forma ou tipoloxía. Un dos esteos mide aproximadamente un metro de altura. Debido á pontente cuberta vexetal que está a cubrir toda a superficie tumular, non se pode apreciar si hai restos da coiraza. Sen embargo algunhas informacións falan de diversas pedras de mediano tamaño que poderían formar parte desa cuberta pétrea. 


Fotografía do blog megaliticiablogspot.com

Malia que a meirande parte das fotos que aporto, procendentes da máxica man de Alex Negreira a través do seu blog megaliticiablogspot.com, pódese contemplar a poderosa mámoa cuberta de vexetación arbórea e, na última, pódese observar a tala prácticamente total de todas as árbores que estaban a cubrir completamente a súa fermosa superficie.


Fotografía do blog ospendellos.blogspot.com

A mámoa foi violada salvaxemente, non en épocas históricas, senon nunha data tan recente como é o ano 1987, segundo contan, por uns furtivos de Lalín. 

O emprazamento topográfico é nunha llanura, rodeada dunha vexetación que consiste maiormente en pradeiras, cultivos e masas de monte alto.

Por último dicir que nesta mámoa, ou nas inmediacións, atopouse unha maza de pedra puída que se garda no Museo de Pontevedra: trátase, como se pode ver na fotografía, dunha maza de forma eíptica con perforación central bastante biselada ou rebaixada cara ao exterior. Pesa case un quilo, ao redor de cincoenta centímetros de lonxitude, sete centímetros de ancho e acada os tres con dez centímetros de grosor. Ángel Utrera fala de dúas mazas na mesma mámoa que eu non fun quen de atopar.



Fotografía Museo de Pontevedra.

Pouco mais teño que dicir deste fermosa mámoa que inverosimilmente aínda garda moitos segredos e algúns restos da estrutura arquitectónica megalítica no seu interior. Esperamos con certa inquedanza que a mámoa se siga a conservar  nestes incertos tempos para a arqueoloxía en xeral e para os monumentos megalíticos en particular.

EN SIGRÁS, VENDO MAIO PASAR, 2026.
SAÚDE, SORTE E LIBROS!!! 


ENLACES MOI RECOMENDABLES


Angel Utrera Baza: "Os Pendellos de Agolada. A Feira." Anuario Descubrindo, Nº 11. Ano 2011, pp: 41- 61. ISSN: 1139-7527, PDF.

http://kit.consellodacultura.gal/web/uploads/adxuntos/arquivo/5c7fb50e46b82-toponimia_agolada.pdf

Luz Méndez: "Toponimia de Agolada." Colección Terra Nomeada. Real Academia Galega, 2016.

https://pte.es/Mapas/Pontevedra/i36020/Agolada.html

https://es.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/mamoa-de-lamas-trabancas

https://megaliticia.blogspot.com/2021/05/Mamoa-de-Lamas-Trabancas.html

https://ospendellos.blogspot.com/2019/05/petroglifos-de-aian-picurela-i-e-ii.html

https://museo.depo.gal/es/coleccion/explora-a-coleccion/-/patrimonio/25331

https://ospendellos.blogspot.com/2020/09/o-outeiro-de-laside-no-monte-de-lamas.html