viernes, 14 de septiembre de 2012

Antas-dolmens e pedrafitas de A Laracha

 Antas-dolmens e pedrafitas de A Laracha

A Laracha e un concello que se pode adscribir a terra de Bergantiños ou a terra de Ordes. En canto ao horizonte megalítico, dicir que os elementos que todavía se conservan nesta terra son tan absolutamente espectaculares como absolutamente descoñecidos.

Eu tiven a sorte de visitalos por primeira vez tendo por guia a unha persoa absolutamente indispensable para o coñecementos deste concello, a saber, o amigo Masús. Sen a axuda deste defensor acérrimo das cousas de antes, nunca coñecería estes espectaculares monumentos.

Dicir tamén que aínda non tiven a oportunidade de estudar polo miúdo os elementos que vos vou a amosar, cousa que espero facer en breve. Ata entón, aquí van unhas cantas  fotografías das maravillosas antas da Terra da Laracha.

A verdade é que aquel día do ano 2009 foi unha xornada extremadamente placenteira. Xantamos, Masús e eu, nunha casa de comidas en Soandres e, inmediatamente, fumos de excursión megaliteira.

O recordo máis grande é o das toxeiras e das silvas: non había parte do corpo que non quedase furada por estes senlleiros habitantes da nosa floresta varia. 


Forno dos Mouros das Brañas de Espindro. Soandres





Forno dos Mouros do Coto de Altamira. Soandres




Forno dos Mouros de Silvoso, Carballal. Soandres



Pedrafita-menir Pedra Gaiada. Montemaior







 Fotografías realizadas por Ramón Boga Moscoso no ano 2009.

Anta das Medorras, Fonte do Ouro, Ferreira. Montemaior




No hay comentarios:

Publicar un comentario