miércoles, 27 de junio de 2012

Pedrafita-menir Marco da Anta. Santa María de Erboedo, Laracha


PEDRAFITA-MENHIR MARCO DA ANTA. Santa María de Erboedo, Laracha-Arteixo


Ubícase nos Montes de Santa Leocadia, no lugar de Loureiro. Para chegar hai que subir por un cortalumes a uns qms despois de pasar o Campo de Golf de Larín en Arteixo.




Fai de marco de término ou divisorio entre os concellos de Arteixo e Laracha, motivo polo que seguramente se conservou ata hoxe. Desde o debuxo que fixo Monteagudo en 1950 ata hoxe, a pedrafita prácticamente non cambiou nada, conservando intacta a súa imaxe.


 

O Marco da Anta acada unha altura de máis de dous metros . Trátase dunha garn pedra coa base tendente ao prisma trinagular pero con forma xeral cóncavo-convexa, en palabra de Monteagudo. Segundo este mesmo autor, o seu aspecto fálico débese a que amosa un sulco preto da punta que é producido a unha veta de cuarzo de catro cms de ancho que se continua cara ao O por un rego de pegadas pouco perceptibles. Aó pé da base consérvanse tres grandes pedras que probablemente servían de calzos para a pedrafita.






Fotografías realizadas no ano 1999 polo autor
.


No hay comentarios:

Publicar un comentario