PEDRAFITA-MENHIR DE CASAS VELLAS. Currás, Marín.
Denomínase tamén "A Pedra Fincada" ou "A Pedra Longa".
Denomínase tamén "A Pedra Fincada" ou "A Pedra Longa".
Hai uns anos Alberte Alonso, apaixoado investigador das pedrafitas galegas, envioume unha fotografías dunha pedrafita que fora escavada e trasladada do seu lugar orixinal en Marín. Chamaba a atención o amigo Alberte contra o abandono e desidia total por parte das autoridades cara a estes senlleiros elementos do noso megalitismo. Tamén me enviaba un serio e riguroso traballo sobre a relación destes elementos megalíticos cos fenómenos metereolóxicos. Por suposto a chamada de Alberte no caeu en saco roto e púxenme rápidamente ao traballo. Localicei ao escavador, pois antes do traslado (con motivo da realización da nova variante de Marín) a pedrafita fora obxecto dunha escavación arqueolóxica. Así o escavador tivo a xentileza de enviarme un resumo disas escavación do que eu vou facer outro resumo. Desde aquí, grazas ao escavador Miguel Vidal pola súa desinteresada colaboración.
Fotografía de Miguel Vidal |
Velaí vai o resumo. Entre xaneiro e febreiro do ano 2003 realízase unha escavación arqueolóxica no denominado menhir de Currás, no Concello de Marín. Ata o momento da escavación dubidábase da súa adscripción ou non como pedrafita aínda que eran evidentes os gravados da cara do leste e ademáis manifestaba unha manifesta actividade antrópica no esteo. Ao final, despois da intervención, a pedrafita foi trasladada e recolocada nas proximidades do seu lugar orixinal, pero fóra do lugar orixinal.
Fotografía de Miguel Vidal |
En canto á descrición, trátase dun gran bloque de granito de grano medio-groso de morfoloxía xeneral irregular se ben ao nivel da base poderíase considerar seccionada na planta, triangular de tendencia convexa e no alzado rectangular con remate lixeiramente apuntado. Ubicábase na parte inferior dunha ladeira de pendente pronunciada e orientada ao S-O.
Fotografía de Miguel Vidal |
No sector centra da cara do leste hai nove cazoliñas así como outra probable, dispostas seguendo dúas aliñacións paralelas ao eixo maior do soporte. Tamén documentouse na mesma zona a presencia de dúas liñas moi abrasionadas dispostas de xeito lexeiramente oblicua ao soporte.
Croquis da cazoliñas de Miguel Vidal |
Opina Miguel Vidal, e esu estou completamente de acordo, que non se pode clasificar seguindo a terminoloxía clásica como unha estela antropomorfa, ídolo ovoide, nin ídolo-estela. A terminoloxía máis axeitada, segundo o arqueólogo, sería a clásica de menhir ou incluso de menhir-estela a xulgar pola súa forma estelar e a cara leste decorada.
Fotografía de Miguel Vidal |
Para Vidal trátase dun exemplo excepcional do megalitismo "non-funerario" do Noroeste.
En canto ás dimensións, acada na cara leste unha lonxitude máxima total de máis de tres metros e pesa unhas tres toneladas e media.
Na escavación arqueolóxica descubriuse un sistema de calzos no interior a xeito de preparación; un bolo granítico que actuaba de plataforma de anclaxe ou zócalo coa superficie de contacto directa co monolito, bastante nivelada. O materioa exhumado durante a intervención consistiu en 39 rexistros que foron recuperados no contorno do nivel basal da pedrafita.
Fotografía de Miguel Vidal |
OS ESTUDOS ARQUEOASTRONÓMICOS DE ALBERTE ALONSO
Alberte Alonso considera esta pedrafita como un "verdadeiro descubrimento para a arqueoloxía galega", afirmando que o uso da pedrafita é astronómico. A clave para esta interpretación, logo de numerosas investigacións experimentais, é a orientación cara ao oeste, tendo como función fundamental sinalar e verificar os desprazamentos do sol para ter un coñecemento exacto da estación climática do ano coa finalidade de realizar as diversas labores do campo, os rituais, etc.
A outra clave para a súa interpretación son as cazoliñas e as gravuras da pedrafita de Casas Vellas que parecen facer referencia, efectivamente, ao desprazamento do sol desde o quinoccio de primavera ata o de outono, coa particularidade de que engade o paso polo solsticio do verán.
Ademáis, unha fendedura con forma de ángulo agudo na cara do leste, podería server para enfocar en liña recta o solpor dos equinoccios.
Conclúe Alberte Alonso considerando que entre as caras do leste e do oeste aparece un burato duns cinco cms de profundidade no que se pode introducir un obxecto cilíndrico que sinalaría no horizonte o lugar onde morre o sol no solsticio de verán, e dicir, en dirección N-O.
No hay comentarios:
Publicar un comentario