ANTA-DOLMEN TÚMULO 1 DA NECRÓPOLE DE JOLFA.
RUTA ARQUEOLÓXICA DE O ACEVEDO XIII
“¿Y dónde dejas el arte? —preguntó ella.
Oscar Wilde, "El retrato de Dorian Gray"
Debuxo de Moncho Boga, 2025. |
![]() |
Fotografía megaliticiablogspot.com |
Estase a conservar, xa que logo, unha mámoa que mide, no eixo N-S, ao redor dos catorce metros e medio e, no eixo L-O, uns dez metros e medio. No que respecta á altura, non sobresae mais dos sesenta centímetros.
![]() |
Fotografía megaliticiablogspot.com |
Esta mámoa, prospectada por Núñez Jato, describe planta circular, esférica, con moi pouca altura, achanzada e que se extende cara a un camiño pecuario. Pois ben, na parte superior aínda se poden contemplar e admirar os poucos restos da cámara que consisten en tres chantos que formaban parte da súa estrutura arquitectónica. Non parece haber indicios da coiraza pétrea.
En Sigrás, de cheo no espantoso e infernal verán de 2025.
Saúde, sorte e libros!!!
ENLACES
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-arqueoloxica-do-acevedo-69241883/photo-45584498
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-arqueoloxica-do-acevedo-69241883#lb-embed
http://outeiroderei.elcaminoentumano.com/es/ruta-arqueologica-de-o-acevedo/
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-arqueoloxica-do-acevedo-69241883/photo-45584497
Ningún comentario:
Publicar un comentario