BOLO DO BETOTE. Sarria, Lugo
Durante as obras de construción da autovía A6 entre Nadela e Sarria, excavouse o contorno dunha enorme rocha granítica (bolo) que contiña varias cazoletas gravadas na súa superficie. Ademais, diversas estruturas arqueolóxicas aparecían vencelladas a este Bolo, encadradas, segundo os seus escavadores, no Calcolítico. Entre esas estruturas destacaba un anel peristalítico rodeando a rocha. Debido a este feito e diante da necesidade de trasladar a gran pedra, optouse por unha escavación completa da contorna.

O Bolo do Betote, no seu emprazamento orixinal, durante a escavación arqueolóxica. Fotografía de Juan A. Cano Pan. |
A escavación arqueolóxica foi realizada por Juan A. Cano Pan e as súas conclusións aparecen relatadas da revista de informes de arqueoloxía da Xunta de Galicia publicadas no ano 2006.
O xacemento do Bolo configura un espazo claramente simbólico e ritual: o bolo-pedrafita atópase no interior dun anel lítico periférico con tendencia ao círculo. Segundo Cano o anel definíase por ter dúas caras, unha interna e outra externa, claramente diferenciadas: as pedras atopábanse chantadas e tamén aparecía un recheo de pedra no interior.
Todo o conxunto (bolo-anel pétreo) aparecía delimitado por unhas foxas lonxitudinais que probablemente configuraban un novo anel de delimitación.
O Bolo do Betote unha vez seccionado e trasladado. Fotografía de Juan A. Cano Pan. |
Unha vez escavada esta extraña estrutura de tipo ritual, procedeuse ao seu traslado, optándose por cortar o Bolo en varios anacos. O peso total foi de 112 toneladas. A reinstalación fíxose tendo en conta a recuperación de toda a morfoloxía do Bolo así como a súa orientación orixinal.
Cazoletas do Bolo do Betote. Fotografía de Juan A. Cano Pan. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario