Atópanse na parroquia de Andabao, moi pretas do lugar de Torre, onde se asenta a igrexa parroquial, nunha extensa chaira entre vales.
Os veciños non recordan que estes fermosos monolitos estivesen en pé algunha vez: unha veciña díxome que foron reposicionados cando fixeron as explanacións da parcelaria. Tampouco recorda nada de antas, dólmens, mámoas ou mouros...
Eu atopeinas cando facía traballos de xeoreferenciación para a Universidade de Santiago de Compostela: en plena efervescencia megalítica, cando cheguei a esa zona, atopeime de bruces con estas espectaculares pedrafitas.
Vou poñer simplemente as fotografías, noutra ocasión falarei un pouco máis delas.
Fotografías de Ramón Boga Moscoso, realizadas no ano 1995. |
Fotografías de Ramón Boga Moscoso, realizadas no ano 2007. |
Fotografías realizadas por Ramón Boga Moscoso no ano 1994 |
Fotografías realizadas por Ramón Boga Moscoso no ano 2007. |
Excelente tu pagina que encontré hace poco. Llevo decadas estudiando el tema y me siguen impresionando pedrafitas como las que citas en Boimorto que no conocía y que espero que sigan ahi. Espero con impaciencia tus comentarios sobre ellas y enhorabuena por tu blog.
ResponderEliminarGracias. Todavía no estoy muy práctico en esto de los blogs. Brevemente publicaré algo más acerca de los menhires de Andabao. Saludos.
Eliminar