ANTA-DOLMEN DE ABUIME. O Saviñao, Lugo
Para chegar. Pártese de Escairón -capital municipal do Concello de O Saviñao- con dirección a Currelos e despois a Seteventos. A anta está ubicada nunha chaira preto dunha leira (que ás veces ten nabos) ao carón dun monte de piñeiros e detrás dunha escola en ruínas.
Para chegar. Pártese de Escairón -capital municipal do Concello de O Saviñao- con dirección a Currelos e despois a Seteventos. A anta está ubicada nunha chaira preto dunha leira (que ás veces ten nabos) ao carón dun monte de piñeiros e detrás dunha escola en ruínas.
Desta senlleira anta consérvanse cinco esteos da cámara de boas proporcións. A planta mide ao redor de tres metros e medio de ancho. Aínda que non é posible reconstruir a planta na súa totalidade, é probable que sexa das do tipo poligonal con corredeor. Non conserva a pedra cobertora ou tampa. O esteo máis grande da cámara (que posiblemente sexa a cabeceira) sobresae dous metros e vinteseis centímetros e ten para o ancho máximo corenta e cinco centímetros.
Debuxo de Ramón Boga Moscoso |
Un esteo da Anta de Abuíme foi convertido por un canteiro da zona nunha pía para beber o gando e logo trasladada á casa dun veciño de Vilasante. Nunha mámoa do Saviñao había unha peneda que partiu á metade; unha metade levárona, mais a outra voou ata pousar no río Miño. Na mamoíña de Rebuxós aparecen moitas veces as mouras peiteando os seus cabelos. Algúns viron dous mouros vestidos cunha bata vermella que relucían coma o sol.
A Anta de Abuíme no ano 1993, por Ramón Boga. |
Dende inicios deste ano está sinalado o acceso ó dolmen dende Escairón , pola estrada , e dende o campo da festa de Abuíme . A asociación Veciñal do Saviñao conseguíu dos veciños o permiso de paso para acceder pola extrema das fincas ata o monumento . Tamen notificamos que o ortostato central e mais grande sufríu neste choivoso inverno unha inclinación , polo que avisamos á Dirección Provincial de Patrimonio para que estuden o remedo a aplicar para evitala caída .Recordar que fai pouco descubríuse outro domen cerca do castr da Leira Rapada ( Vilatán ) , con petroglifos en forma de círculos na súa tapa , así como unha pedra tallada nas proximidades con forma dunha cabeza animal ( can ? serpe ? ), Desexamos visita especializada . Asemesmo estan aparecendo petroglifos en forma de cazoletas , betilos ou idoliños nas proximidades de Escairón . Contactar con asociacionvecinaldosavinao@gmail.com . Saúdos .
ResponderEliminar