xoves, 14 de agosto de 2025

ANTA-DOLMEN DA NECRÓPOLE DE PASCUAIS. San Xoán de Parada, Outeiro de Rei.

ANTA-DOLMEN DA NECRÓPOLE DE PASCUAIS

RUTA ARQUEOLÓXICA DE O ACEVEDO XI


"Odio a los impostores, pícaros, embusteros y soberbios y a toda la raza de los malvados, que son innumerables, como sabes... Pero conozco también a la perfección el arte contrario a éste, o sea, el que tiene por móvil el amor: amo la belleza, la verdad, la sencillez y cuanto merece ser amado. Sin embargo, hacia muy pocos debo poner en práctica tal arte, mientras que debo ejercer para con muchos el opuesto. Corro así el riesgo de ir olvidando uno por falta de ejercicio y de ir conociendo demasiado bien el otro."

Luciano de Samósata; "El pescador."



Debuxo de Moncho Boga, 2025.

Sigo, sudoroso e impaciente, realizando, polos incertos carreiros virtuais, a Ruta Arqueolóxica de O Acevedo, no Concello de Outeiro de Rei por onde, na súa caracterización fronteiriza coa Terra Cha, por onde serpentean os grandes ríos da nosa imaxinación, da nosa realidade menos virtual. Sigo por estas primorosas terras, saltando montes anárquicamente: na virtualidade da miña narración non necesito seguir os indicadores, vou por aquí e por aló...


Fotografía de es.wikiloc.com/rutas-senderismo

Desde algún indeterminado sitio da ruta, imos seguir baixando e, á esquerda, atoparemos un desvío para contemplar o túmulo de Jolfa 1 e os petróglifos de Pena Serrada que, xa vimos noutra entrada, atópanse nun enorme afloramento rochoso. Voltaremos ao camiño principal da ruta e, preto dunha sinal, veremos outro indicador desde onde sae un pequeno desvío entre arbores que leva á enorme mámoa de Pena Serrada: un pouquiño mais abaixo, atópase a necrópole de Pascuais. Con esta somera descrición son absolutamente conscente da imposibilidade de chegar a esta necrópole e, polo tanto, misión cumplida. Hai que seguir as indicacións da ruta e senon aplicar o XPS.



Planta a partir de Núñez Jato, 1989.

Trátase dunha necrópole composta por catro mámoas e prospectada por Núñez Jato no ano 1989. Está emprazada nunha chaira e a contorna tradicionalmente adicouse á actividade agraria e forestal. Nos últimos anos primou a repoboación forestal de piñeiros que rodean todo o perímetro da mámoa. Enriba do sector norte do túmulo número 1 (que é o que nos ocupa) aparece chantado un anemómetro que xa estaba aí no ano 2008. Unha pista forestal corta o sector occidental que aparece xa a primeiros da década de 2000. 


Fotografía de es.wikiloc.com/rutas-senderismo

A mámoa debuxa forma semiesférica moi alterada pola devandita repoboación forestal, pola apertura de pistas e pola colocación do anemómetro devandito. Actualmente presenta uns pouquiños indicios da presenza da cámara: na memoria de prospección de Núñez Jato amosaba unha cámara composta por cinco esteos, como se pode ver na planta debuxada por este investigador no ano 1989.


Fotografía de es.wikiloc.com/rutas-senderismo

Hoxe en día albíscanse varias pedras de granito e cuarzo que poideran corresponder a algún elemento da coiraza pétrea ou a estruturas complementarias da cámara megalítica. 

A mámoa acada unhas dimensións que van desde os catorce metros no diámetro N-S, ata os once metros no diámetro L-O. A altura non sobrepasa o metro e trinta centímetros.



mapcarta.com


En Sigrás, nos días centrais do estío de 2025.
Saúde, sorte e libros!!!


ENLACES NECESARIOS


https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-arqueoloxica-do-acevedo-69241883#lb-embed

https://pt.wikiloc.com/trilhas-trekking/ruta-arqueoloxica-do-acevedo-69241883

https://pasomiudo-rutadoacevedo.blogspot.com/

https://outeiroderei.gal/turismo/natureza/rutas/ruta-arqueoloxica-de-o-acevedo/


Ningún comentario:

Publicar un comentario