PEDRAFITA-MENHIR DO COTO DA FONTIÑA. Cuspedriños, Cotobade. Pontevedra
Extraordinaria pedrafita ubicada no Concello de Cotobade e dada a coñecer por X. Alberte Alonso Fernández para a comunidade cientítica. Debo a este autor tanto o préstamo das fotografías orixinais que aquí presento como a facilitación dos textos froito das súas minuciosas investigacións. A amigo Alberte ten máis mérito si cabe debido á casi inexistencia de traballos que exploren o carácter astronómico das nosas pedrafitas. Sen dúbida estamos diante dun precursor destacado en canto ao coñecemento do aspecto astronómico do pouco coñecido mundo das pedrafitas galegas.

O que aquí vou amosar, ante a imposibilidade de contemplar in situ esta pedrafita, é un resumo dos concienzudos traballos de Alberte Alonso.
Para chegar. A pedrafita do Coto da Fontiña atópase a uns vinte quilómetros da cidade de Pontevedra, indo pola estrada de Ourense. Está ubicada nun cortalume moi preto da devandita estrada. Por un camiño próximo pódese chegar en coche ata uns setenta metros de distancia da pedrafita.
Fotografía de X. Alberte Alonso Fernández, 2005 |
A pedrafita amosa, pola cara do oeste, unhas concavidades que poden ser cazoliñas, no ángulo inferior esquerdo. A altura da pedrafita nesta cara acada un metro e corenta centímetros, e a sección rectangular. Na parte superior aparece un rebaixe con forma redondeada: probablemente é unha instalación para medir o tempo e así coñecer a chegada dun ciclo climático ou dunha estación. Nesa fendedura, a xuizo de Alonso, na parte superior, evidénciase a efectividade do posicionamento astronómico no solsticio de verán, "aliñamento solar comprobado in situ no solpor do día 21 de xuño de 2005".
Fotografía de X. Alberte Alonso Fernández, 2005 |
Na cara do leste a pedrafita, marco de termo entre as parroquias de Carballedo, Viascón, e San Xurxo de Sacos, podemos ver a precisión do posicionamento solar sobre a fendedura da croa da pedrafita, xustamente cumprindo a súa función anual de testemuñar e verificar o solpor desta data como cambio a unha nova estación.
Esquema elaborado por X. Alberte Alonso Fernández: aliñamento do posicionamento solar que coincide coa posición do sol, e dicir, coa chegada do solsticio do verán (observación realizada o 21 de xuño de 2005).
Como conclusión o noso amigo asevera que non hai outra data en todo o ano na que o sol cadre coa Pedrafita como o fai no solsticio de verán. Por iso débese encadrar dentro da tipoloxía das pedrafitas de observación astronómica.
Fotografía de X. Alberte Alonso Fernández, 2005 |
NOTA: As fotografías foron realizadas por X. Alberte Alonso, que tivo a xentileza de enviarmas (cando aínda andabamos co formato analóxico).
No hay comentarios:
Publicar un comentario