PEDRAFITA-MENHIR DE BANDE. Nogueiroá, Ourense
Esta fermosa pedrafita? con forma fálica atópase hoxe no Centro de Interpretación de Aquis Querquennis, en Porto Quintela, concello de Bande: cando tomei as fotografías atopábase no exterior; hoxe en día atópase no interior das instalacións museísticas.
Pedrafita de Bande 1999, Ramón Boga. |
Segundo os seus descubridores, atopouse no ano 1992 no leito do río Limia, á beira do muíño. Nos primeiros momentos semellaba un miliario; sen embargo, non se podían ollar os epígrafes. Foi así que, unha vez analizado polo miudo, puidose describir unha gran pedra con forma cilíndrica e moldurada no primeiro tercio da súa lonxitude: a forma é claramente fálica co glande lixeiramente apuntado e a súa superficie exterior atopase percorrida por alisamentos tabulares lonxitudinais de perfecta regularidade.
Pedrafita de Bande, 1995. Autor, Ramón Boga |
A lonxitude total é de ao redor de un metro e sesenta centímetros e uns 50 cms de diámetro maior. Finalmente decidiuse o seu traslado al Centro de Interpretación.
No que respecta á súa interpretación só podemos dicir que non se trata dun miliario e tampouco dun marco de termo. A hipótese que barallan os seus descubridores é a de que se trata dun ídolo fálico tallado plausiblemente dunha rocha existente in situ, e elaborado no mesmo lugar para, finalmente, erguelo na corrente do río do Olvito (Limia) posto que, para un hipotético traslado, o acceso a ise lugar resulta extremadamente perigoso.
Ao noso xuizo, e coa pertinente prudencia, trátase dunha pedrafita reaprobeitada en época romana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario