xoves, 25 de decembro de 2025

PEDRAFITA-MENHIR B2 DA BAIXADA DE SAN XOSÉ. San Salvador de Cabreiroá, Verín

PEDRAFITA-MENHIR B2

8. RUTA DAS PEDRAFITAS-MENHIRES DA BAIXADA DE SAN XOSÉ.

"Hay muchos mundos y muchos sistemas de Universos que existen todos al mismo tiempo, todos ellos perecederos."

Anaximandro de Mileto




Debuxo de Moncho Boga, 2025.

Pouco a pouco, paseniño, imonos achegando ao final do Camiño, e non é unha metáfora. Ao final dun camiño profundamento ritualizado, talvez sagrado para moitas xeneracións de mulleres e homes da prehistoria. Imos acompañados de seres pétreos, humanizados, con lendas; o camiño vai xalonado cunha extraordinaria xeira de elementos que intentan decirnos algo. 


Fervenza do Pozo do Demo. Wilkiloc.

E coma sempre, talvez imaxinamos desde parámetros actuais o que quixeramos que foran, o que quixeramos que signifiquen. Neso estamos: en dotar de significatividade o noso patrimonio. Neste caso o patrimonio mais esquecido de toda a arqueoloxía galega. A meirande parte destes elementos están sen catalogar, sen ningún tipo de proteción... Sempre serei partidario de que a lo menos sexan catalogados, tanto os penedos naturais como os artificiais, como elementos etnográficos diante das dúbidas que plantexan en canto á súa identidade megalítica.



Fotografía de Rafa Castro.

E atopánomos, logo da anterior digresión, diante da última pedrafita, da última pedrafita descuberta por Rafa Castro nos aledaños do Camiño da Baixada de San Xosé. Trátase dun monolito de forma redondeada que semella traballado pola man do home e que foi feito para estar en posición vertical. Dentro da tipoloxía das oito pedrafitas do Camiño, encádrase nas que desenvolven sección cadrangualar ou triangular cunha das súas caras convexas e formas redondeadas. A lonxitude desta pedrafita non sobrepasa os dous metros e dez centímetros.


Formación rochosa do Pozo do Demo. Wilkiloc.

Seguindo as minuciosas investigacións de Alberte Alonso sobre as pedrafitas, cataloga tanto a pedrafita B1 como a B2 do contorno do Pozo do Demo como pedrafitas fálicas, segundo o criterio da función. Desde a noite dos tempos, desde sempre, os seres humanos viviron coa preocupación contante pola fertilidade: da terra, dos animais e, por suposto, da propia. O misterio dunha nova vida foi dese xeito adquirindo un carácter sagrado polo que inevitablemente irán xurdindo rituais de carácter máxico-relixioso coa finalidade de garantir a continuidade da existencia. As pedrafitas de tipo fálico por iso é probable que cumprisen ou estivesen vencelladas a diversos rituais propiciatorios: a súa fisonomía relaciónase así inevitablemente co culto á fertilidade. A pedrafita convírtese  nun símbolo que representa e é causa do renacemento, da vida, da fertilidade.


En Sigrás, achegándonos as ilusións e as desilusións, 2025.
Saúde, sorte e libros!!!


ENLACES E BIBLIOGRAFÍA ESENCIAIS

https://catalogaciondepedrafitasdegalicia.blogspot.com/2014/04/pedrafitas-con-outras-funcions.html

https://catalogaciondepedrafitasdegalicia.blogspot.com/2014/03/pedrafitas-falicas.html

Rafael Castro Vaamonde: "Novas exploracións no contorno do Pozo do Demo e das Fragas de Abedes." Traballo inédito.

Taboada Chivite, X.: "Folklore de Verín". Ourense, La Región.

Taboada Chivite, X.: "O Culto ás Pedras no Noroeste Peninsular". Vigo, Real Academia Galega, 1966.

https://catalogaciondepedrafitasdegalicia.blogspot.com/2014/03/pedrafitas-falicas.html

https://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/circulos-liticos-e-pedrafitas-de-galiza_09.html

https://www.diariodotamega.es/articulo/verin/verin-quere-facer-do-pozo-do-demo-maior-museo-natural-do-sur-galicia/20220214204758021561.html

ttps://www.laregion.es/comarca-de-monterrei/verin-recuperara-ruta-menhires-milenarios_1_20220223-2278229.html

https://osil.info/verin-proxecta-desenvolver-no-pozo-do-demo-o-maior-atractor-turistico-do-sur-de-galicia-cos-next-generation/

https://venagalicia.gal/noticia/2022/02/15/verin-quiere-convertir-pozo-do-demo-museo-aire-libre-referente-turismo-galicia/0003_202202O15C4991.htm

https://www.farodevigo.es/ourense/2021/02/27/denuncian-abandono-yacimiento-arqueologico-o-35760402.html

O_Bouzadoiro_un_xacemento_romano_unico_e.pdf

https://www.gciencia.com/retro/localizan-en-verin-o-castelo-medieval-de-cabreira/

https://estarvivobajoelcieloazul.blogspot.com/2013/03/pozo-do-demo.html

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/verin-comarca-de-verin-ourense-prg-150-sendeiro-do-pozo-do-demo-22216460/photo-14031936

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/punto-geodesico-de-montemaior-44984183/photo-29545613

https://verin.es/turismo/

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/pozo-do-demo-banco-con-vistas-a-verin-82126178/photo-53159527

https://www.galiciamaxica.eu/galicia/ourense/lagar-rupestre-y-capilla-de-san-anton-de-abedes/

https://fontesmediae.hypotheses.org/4506

https://nosvolveremosaver.com/pozo-do-demo/

Ningún comentario:

Publicar un comentario