PEDRAFITA-MENHIR B1
7. RUTA DAS PEDRAFITAS-MENHIRES DA BAIXADA DE SAN XOSÉ.
"En consecuencia, el sentido de las normas sociales depende de leyes fácticas de la naturaleza o éstas de aquél, en tan escasa medida como imposible resulta derivar el contenido normativo de juicios de valor a partir del contenido descriptivo de determinaciones fácticas o el descriptivo a partir del normativo."
Jürgen Habermas
Debuxo de Moncho Boga, 2025. |
Sigo camiñando literalmente en soños, sigo soñando con pedrafitas, con eses elementos infravalorados que sen embargo xalonan toda a xeografía galega e que van aparecendo como por ensalmo, como por encantamento.
E sigo camiñando agora polo contorno do Pozo do Demo onde se atopa deitada estoutra pedrafita un pouco mais lonxe, no lugar de A Fraga Grande. Está moi preto dun camiño primitivo e desaparecido que probablemente foi a vía de comunicación entre Santa María de Ábedes e a Veiga de Meás (parroquia de San Pedro de Osoño, xa no Concello de Vilardevós). Sen dúbida trátase dun monolito feito pola man humana, artificial: semella moi ben puido e, segundo Alberte Alonso, traballado cunha inteción simbólica. Por iso, segundo a súa función, a encadra dentro da tipoloxía das pedrafitas cunha función fálica.
A pedrafita cumple tamén algunha das regularidades que adoitan ser probas contundentes da súa adscrición megalítica: atópase moi cerquiña dun rego que desemboca no rego das Quintas e, por suposto, á beira dun camiño mais que probablemente prehistórico. Na Fraga do Zorro, para fundamentr aínda mais esta aseveración, aséntase unha necrópole megalítica.
Na casuística da tipoloxía aportada por Rafa Castro para as pedrafitas da Baixada de San Xosé e do contorno do Pozo do Demo, a denominada B1 encádrase dentro das que adoitan ter sección triangular ou rectangular pero cunha cara convexa e formas redondeadas. A lonxitude desta pedrafita non vai mais aló dos dous metros e vinte centímetros.
O UNIVERSO MITOLÓXICO
Un dos seres mitolóxicos, semellante aos Mouros, que mais me apaixoa son os chamados Encantos e, ás veces, Encantamentos. Os Encantos, como ben indica Rafa Castro, diferenciase perfectamente dos Encantamentos, que Taboada Chivite agrupa como o mesmo ser máxico. Os Encantos, pola contra, son seres mitolóxicos e os encantamentos designan o efecto do poder dos Encantos.
O Encanto, seguindo as precisións de Rodríguez González, é un ente misterioso, material e activo, a pesar das súas cualidades sobrenaturais: coma os Mouros, son seres místicos e custodian extraordinarios tesouros en todos aquiles emprazamentos prehistóricos, ou non, que os nosos paisanos recoñecen como artificiais.
Na bisbarra que estamos escudriñando a través da minuciosa mirada de Rafa Castro, contan que os Encantos, pasado un tempo nunha zona, deben ou teñen que ir cara ao mar (supoñemos que o mar é o seu outro mundo), feito que acometen seguindo os cauces fluviais. Sen embargo estes poderosos seres deben facer o traxecto pola noite: si o fixesen polo día, antes de chegaren á auga, ficarían petrificados. Así interpretan os nosos paisanos moitos penedos que están fora de lugar e tamén grandes rochas con petróglifos que aparecen á beira das augas. Unha lenda contada por Taboada Chivite fala dun enorme penedo (preto de Cabreiroá) que en realidade era un Encanto que baixou do monte e non conseguiu chegar ao río.
O fundamento ou base común de todas as lendas da zona onde o protagonista é o Encanto é a seguinte: sempre no interior dunha rocha hai un tesouro e, para facerse con él, débese desfacer o encantamento. O tesouro adoita ser ouro, gando, pitas e pitos, escopetas... O método para desfacer o meigallo, o encantamento, varía, pero o mais común é recurrir ao Ciprianillo, libro que hai que saber ler e desler. Conta Chivite que en Ábedes un home contemplou asombrado como se abría un penedo e dentro del había unha vaca cos cuxos, ovellas e unha escopeta. Cando, por suposto, entrou no penedo a facérense con eles, o penedo pechouse e o paisano quedou dentro tres días.
En Sigrás, achegándonos ao inverno, 2025.
Saúde, sorte e libros!!!
ENLACES E BIBLIOGRAFÍA
https://catalogaciondepedrafitasdegalicia.blogspot.com/2014/04/pedrafitas-con-outras-funcions.html
Rafael Castro Vaamonde: "Novas exploracións no contorno do Pozo do Demo e das Fragas de Abedes." Traballo inédito.
Taboada Chivite, X.: "Folklore de Verín". Ourense, La Región.
Taboada Chivite, X.: "O Culto ás Pedras no Noroeste Peninsular". Vigo, Real Academia Galega, 1966.
Rodríguez González, E. "Diccionario Enciclopédico Gallego-Castellano." Vigo, Ed. Galaxia.
https://catalogaciondepedrafitasdegalicia.blogspot.com/2014/03/pedrafitas-falicas.html
https://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/circulos-liticos-e-pedrafitas-de-galiza_09.html
https://www.diariodotamega.es/articulo/verin/verin-quere-facer-do-pozo-do-demo-maior-museo-natural-do-sur-galicia/20220214204758021561.html
ttps://www.laregion.es/comarca-de-monterrei/verin-recuperara-ruta-menhires-milenarios_1_20220223-2278229.html
https://osil.info/verin-proxecta-desenvolver-no-pozo-do-demo-o-maior-atractor-turistico-do-sur-de-galicia-cos-next-generation/
https://venagalicia.gal/noticia/2022/02/15/verin-quiere-convertir-pozo-do-demo-museo-aire-libre-referente-turismo-galicia/0003_202202O15C4991.htm
https://www.farodevigo.es/ourense/2021/02/27/denuncian-abandono-yacimiento-arqueologico-o-35760402.html
O_Bouzadoiro_un_xacemento_romano_unico_e.pdf
https://www.gciencia.com/retro/localizan-en-verin-o-castelo-medieval-de-cabreira/
https://estarvivobajoelcieloazul.blogspot.com/2013/03/pozo-do-demo.html
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/verin-comarca-de-verin-ourense-prg-150-sendeiro-do-pozo-do-demo-22216460/photo-14031936
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/punto-geodesico-de-montemaior-44984183/photo-29545613
https://verin.es/turismo/
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/pozo-do-demo-banco-con-vistas-a-verin-82126178/photo-53159527
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/ourense/lagar-rupestre-y-capilla-de-san-anton-de-abedes/
https://fontesmediae.hypotheses.org/4506
https://nosvolveremosaver.com/pozo-do-demo/
https://catalogaciondepedrafitasdegalicia.blogspot.com/2014/04/pedrafitas-con-outras-funcions.html
https://catalogaciondepedrafitasdegalicia.blogspot.com/2014/03/pedrafitas-falicas.html
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/verin-cabreiroa-pozo-do-demo-155734325/photo-97843350
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/fervenza-pozo-do-demo-25315619/photo-16180830

Ningún comentario:
Publicar un comentario