sábado, 21 de junio de 2014

PEDRAFITA-MENHIR DA CRUZ DA MOA. A Capela

PEDRAFITA -MENHIR DA CRUZ DA MOA. A Capela

Hai uns días recibín un correo electrónico do camarada megaliteiro Xabier Moure Salgado, onde me contaba as súas andanzas e pescudas por terras do Eume, concretamente polo Concello de A Capela.

Contábame Xabier que esta pequena pedrafita, atópase cerquiña do cemiterio de A Capela, entre os lugares de As Mouriñas e A Pena da Cruz, topónimos que nos achegan á realidade megalítica da contorna.

As interesantes pescudas de Xabier levárono a falar cos veciños e un deles contoulle a pequena historia, que servirá de biografía, da pedrafita. Grazas a iso, hoxe podemos saber que a pedrafita foi reutilizada como marco entre varias fincas (desde tempos do seu bisavó) e que orixinalmente atopábase chantada no lugar de Cruz da Moa.




Se cadra o máis interesante deste relato é que á pedra acudían as mulleres que non podían ter fillos para tentar trocar a situación. Aínda que non sabemos nada dos rituais que se desenvolvían dese xeito, si podemos considerar que estamos diante dunha pedrafita que se pode encadrar dentro das do tipo fálico-fecundadoras, tanto pola súa forma, como pola súa función.

As cousas, sen embargo, cambiaron radicalmente para a nosa pedrafita cando o señor cura da parroquia decidiu que había que eliminar de raíz eses costumes pagáns, e ordenou destruir a pedrafita. Por sorte, aínda que cambiaron a pedrafita do seu lugar orixinal de emprazamento,  o cura non foi quen de desfacerse dela.

Hoxe en día a pedrafita atópase tirada no chan. Adoita forma xeral cónica e ten unha altura aproximada dun metro e medio.

Fotografía de Xabier Moure Salgado. Blog: onosopatrimonio.

4 comentarios:

  1. Canta ledicia da ler os vosos traballos, canta aportación á nosa cultura, graciñas

    ResponderEliminar
  2. Moncho, deixoche aquí un enlace por si pode ser do teu interes
    http://polavoltadosor.blogspot.com.es/2014/06/os-encantos-da-faladora.html

    ResponderEliminar
  3. Dentro das circunstancias do Desprezo "eclesiástico" aínda menos mal que non foi destruída.

    ResponderEliminar