domingo, 3 de xuño de 2012

ANTAS-DÓLMENES DA BAIXA LIMIA II. Santiago de Requiás, Muíños.

ANTAS-DÓLMENES DA BAIXA LIMIA II.

As antas desta necrópole atópanse na ribeira do encoro do Salas, en pleno Parque natural do Xurés, que comparte con Portugal.

Para chegar. Si partimos de Bande, capital comarcal, a poucos quilómetros hai un desvío a Mugueimes onde, nate un primeiro cruzamento, debemos xirar á esquerda ata o núcleo desta poboación. Unha vez alí hai que dirixirse á estrada que leva directamente ata a aldea de Maus de Salas. As antea da necrópole do Outeiro de Cavaledre atópanse seguindo a dirección da esquerda (desde Maus de Salas), cara á cola do encoro, na estrada que leva a Guntumil e Requiás. Hai que dicir que estas antas están ben sinaladas.

ANTA-DOLMEN nº 1 do Outeiro de Cavaledre



Fotografía realizada por Ramón Boga, 1992.




Planta segundo Eguileta Franco.

Atópase a poucos ms á dereita da estrada que conduce a Guntumil e Requiás, pouco antes de atravesar a ponte que cruza o encoro. Esta anta corresponde ao tipo de megalitos con cámara tendente ao polígono con corredor de acceso. Conserva nove esteos e tamén a pedra cobertora do corredor, así como un anel de pedra perimetral e coiraza.


ANTA-DOLMEN DA MÁMOA nº 5 do Outeiro de Cavaledre.

Emprázase á esquerda da estrada, a uns trescentos metros e chegamos por un camiño de terra.
 
A estrutura da anta, inserida nunha mámoa de tamaño medio, corresponde tipolóxicamente aos monumentos tipo cista e conserva oito esteos da cámara, sen resto algún do corredor de entrada.




Fotografías de Ramón Boga Moscoso, 1992.


En Sigrás, saúde, sorte e libros!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario