ANTA-DOLMEN DE PEDRA CUBERTA. San Miguel de Treos, Vimianzo.
Para chegar. Saíndo de Baio, en Treos, cóllese a estrada da dereita, á beira da igrexa parroquial. Logo de cruzar unha ponte, séguese pola dereita ata chegar á anta, que tamén está á dereita, no extremo dun monte de piñeiros.
Para chegar. Saíndo de Baio, en Treos, cóllese a estrada da dereita, á beira da igrexa parroquial. Logo de cruzar unha ponte, séguese pola dereita ata chegar á anta, que tamén está á dereita, no extremo dun monte de piñeiros.
A mámoa na que se acocha esta famosa anta acada un diámetro de 25 ms e sobresae 1,5 ms de altura. Conserva, no centro, os restos dunha cámara de grandes dimensións.
Fotografía de Ramón Boga, 1991. |
A planta da anta de Pedra Cuberta é das do tipo poligonal con corredor desenvolvido, con ambas as dúas partes ben diferenciadas, tanto na planta coma no alzado. Conserva sete ortostatos na cámara: cinco deles en moi mal estado de conservación. Só conserva a pedra cobertora do corredor. Na cámara faltan varios esteos e a tampa, que foi destruida na década de 1920.
Planta segundo versión de Ramón Boga. |
Croquis da pinturas dun dos esteos de Pedra Cuberta según G. Leisner. 1934. |
Trátase dun dos megalitos máis coñecidos de Galicia debido aos estudos que George e Vera Leisner realizaron nos anos 30 do século XX: na súa escavación arqueolóxica (1934) Georg Leisner localizou restos de pinturas en case todos os esteos da cámara e do corredor. Hoxe consérvanse pinturas en todos os esteos excepto nun deles. O estado de conservación é moi malo, debido a presenza de liquens e de musgos.
Fotografía de Ramón Boga, 1991. |
A mámoa atópase en bo estado con cantos espallados que seguramente proceden da coraza de pedra. Amosa diversas alteracións froito das violacións e, sobre todo, do traballo forestal que aparentemente rebaixou o seu volume orixinal.
As pinturas descritas por Leisner na década de 1930 aparecen debuxos de cor negro e vermello sobre fondo branco empregado a xeito de immprimación con motivos serpentiformes, ondulados, idoliños e círculos concéntricos.
Fotografía de Ramón Boga, 1993. |
Nas escavacións dos Leisner eran as únicas pinturas nas antas de Galicia e das poucas de Europa. As pinturas remiten ao pouco coñecido mundo das crenzas neolíticas: as ondulacións poden referirse ao culto ás augas; os círculos pódense vencellar aos astros; os idoliformes con posibles deidades e a cor vermella coa sangue e a vida.
Debuxo de Ramón Boga Moscoso |
ANTA-DOLMEN PENA DA LEBRE. San Sebastián de Serramo.
Para
chegar. Pola estrada que une as localidades de Baio e Baíñas, a uns 500
ms ao norte, antes de chegar a Serramo, a anta sitúase a uns 50 ms da
devandita estrada á dereita. Atópase nun monte onde predominan os
eucaliptos.
A
mámoa na que se insire esta anta foi destruida na meirande parte do seu
volume orixinal debido á intensa actividade forestal que se desenvolveu
no lugar. Por iso resulta imposible precisar tanto as súas dimensións
como a súa altura.
Tipolóxicamente
estamos diante dunha cámara poligonal composta por sete ortostatos e un
corredor corto orientado ao suleste. No comezo do corredor pódese
apreciar a parte superior dun esteo que é posible sexa a pedra do peche
da anta.
Fotografías de 1993, Ramón Boga. |
A
tampa da cámara aparece caída e hai varios ortostatos tamén caídos que
amosan unha forte inclinación. Os dous que formaban o lado esquerdo do
corredor aparecen desprazados cara ao NO da cámara para ser empregados
como marcos de división das propiedades colindantes.
Polos
arredores pódense albiscar varios esteos que probablemente procedan da
cámara. Segundo Manuel Lestón e Fidel Méndez, esta pedras fan pensar
noutra estrutura ademais da gran cámara. Outra posibilidade serían
diversas reformas ao longo do seu período de uso.
Na década de 1990 localizáronse restos de pintura no interior da cámara. Recentemente descubríronse restos de pintura.
Fotografías de 1993, Ramón Boga. |
ANTA-DOLMEN nº 2 DAS CAXADAS. San Xoán de Cambeda.
Para
chegar. Circulando pola estrada C-552 (Vimianzo-Berdoias) á altura do
cruzamento de Caxadas, hai que coller a pista de terra que se dirixe ao
NO e, a uns 400 ms, atoparemos un campo de deportes. A mámoa sitúase a
uns 40 ms ao NE dese campo.
Fotografía de Fidel Méndez Fernández. |
Ubícase
nun lugar chairo, na cume do monte que está repoboado de piñeiros e
cuberto de toxos. Forma parte da necrópole magalítica das Caxadas,
composta por catro mámoas. Todas estas mámoas amosan as pegadas das
profundas feridas feitas polos buscadores de tesouros, de xeito que a
avaliación sobre o seu estado de conservación non pode ser senon
profundamente negativa e non deixa lugar a dúbidas: polo menos tres das
mámoas posuían cámara, posto que aínda perdura algún resto, pero só no
caso da nº 2 é posible deducir o tipo de cámara, das outras a
reconstrución é imposible.
A
mámoa desta anta atópase moi esmorecida por mor da intensa actividade
forestal que aquí desenvolveuse e amosa un funil de violación central
moi extenso (3 ms por 5 ms, aproximadamente). As dimensións, tamén
aproximadas, do túmulo van desde os 22,40 ms para o eixo NO-SE, ata os
16 ms para o eixo NE-SO. Non se aprecian, pola colmatación vexetal,
restos de pedras que permitan aventurar a existencia dunha coiraza de
pedra.
Fotografía de Fidel Méndez Fernández. |
No
interior do gran burato de violación insírense tres esteos que forman
parte da cámara. No ano 1991, con motivo da primeira catalogación
realizada por María Luisa Pérez Rodríguez e Manuel Lestón Gómez,
conservaba outros dous esteos: eran os chantos que formaban parte do
lado esquerdo do corredor.
Así
a cámara, maila atoparse moi alterada, grazas aos elementos que aínda
persisten, pódese imaxinar a súa posible configuración de modo que sería
das do tipo de planta poligonal e corredor corto. Pódense observar os
dous primeiros tramos da parte esquerda do corredor e varios esteos da
cámara, un dos cales semella conservar a súa altura orixinal. A
diferencia de altura entre a cámara e o corredor sería de
aproximadamente un metro, de xeito que habería unha diferenciación clara
entre a cámara e o corredor tanto na planta coma no alzado.
O
número de esteos aparente que constituirían a cámara sería de sete, dos
que só se están a conservar tres, como viamos máis arriba. O largo da
cámara acada uns 3,20 ms. O ancho e a apertura non se poden mensurar.
Fotografía de Fidel Méndez Fernández. |
O
corredor tería unha lonxitude de 2,30 ms co que a suma da lonxitude da
cámara e do corredor arroxaría os 6, 60 ms. O acceso está orientado e, a
pesares de todo, a cohesión estrutural é bastante boa. O esteo ou
chanto máis alto sobresae case dous metros, por outros dous de ancho e
un espesor medio de 34 cms.
ANTA-DOLMEN CASA DAS MOURAS e antas do Encoro de Fervenza. A Gándara, San Antolín de Baíñas, Vimianzo.
Para
chegar. Hai que coller a estrada AC-441 (entre Baíñas e Brandomil) e, a
uns 500 ms ao leste do cruzamento de Baíñas, hai que coller unha pista
asfaltada que sae con dirección ao sul cara á aldea da Gándara e máis ao
Encoro da Fervenza. A anta atópase precisamente ubicada entre dúas
casas no lugar de Gándara. Para visitala hai que pedir permisa aos donos
da casa.
Planta da Casa das Mouras segundo Manuel Lestón. |
Seguindo
aos arqueólogos Manuel Lestón e Fidel Méndez, a Casa das Mouras atópase
a un qm escaso da Casa dos Mouros e moi preto da necrópole asolagada
polo Encoro da Fervenza. Deste xeito, a anta ten relación directa con
tres grandes agrupacións de mámoas ou necrópoles pola súa proximidade.
Fotografía Méndez-Lestón. |
Esta
anta atópase ubicada entre dúas casas e fai de marco ou límite de
propiedades de ambas as dúas. Para sinalar isa separación ou límite hai
plantados, no eixo NO-SE, unha ringleira de loureiros a xeito de
silveira. Tamén hai un pequeno balado ou muro de pedra. Cara so leste e
ao sul da anta os terrenos están adicados na súa meirande parte ás
tarefas agrícolas; no resto da contorna abondan sobre todo o monte baixo
e as repoboacións de piñeiros.
Fotografía de Méndez-Lestón. |
A
mámoa na que se insere a Casa das Mouras acada entre os 22 e 25 ms de
diámetro e non sobresae máis dun metro e medio. Algunhas pedras na
superficie, remexidas polas actividades agrarias própias do lugar,
parecen formar parte da coiraza de pedra. As devanditas actividades
agícolas tamén provacaron a perda de volumen da mámoa, moi rebaixada
pola cara do leste e moito mellor conservada pola do oeste.
A
cámara está situada no centro da mámoa e probablemente forma parte das
do grupo de planta poligonal con corredor curto. Hoxe en día está a
conservar tres dos seus esteos e é imposible realizar as medidas da súa
estrutura arquitectónica. A un lado está tirada a pedra cobertora
(apoidada sobre un esteo) que mide 1,20 ms de lonxitude, 2,25 ms de
ancho e un grosor medio de 30 cms. Os ortostatos non sobresaen do chan
máis de 1,25 ms, o máis alto.
Tamén é coñecida como "Anta do Alterio".
Tamén é coñecida como "Anta do Alterio".
Fotografía de Méndez-Lestón. |
ANTAS-DOLMENES DO Encoro da Fervenza
As
fotografías fóronme proporcionadas polos arqueólogos Fidel Méndez e
Manuel Lestón que fotografiaron estas antan cando a seca de fai uns
anos. A brutal baixada da auga deixou ao descuberto as antas desta
necrópole, desgrazadamente asolagada a meirande parte do ano.
Aínda que sexa un tópico, unha imaxe vale "polo menos tanto ou" máis que mil palabras:
Aínda que sexa un tópico, unha imaxe vale "polo menos tanto ou" máis que mil palabras:
ANTA-DOLMEN CASA DOS MOUROS. San Antolín de Baíñas
Para
chegar. Seguindo a estrada Baíñas-Olveiroa, aproximadamente a 2 qm ao
sul de Baíñas, unha pista de terra sae cara ao leste. Atravesando o río
das Touzas (onde hai dous pequenos muíños) séguese desde este punto
subindo aproximadamente uns 600 ms en dirección lesta ata chegar á zona
máis alta e chaira onde, a uns 50 ms, atópase a anta ao nordés da pista,
no medio dunhas pradeiras.
Planta da Casa dos Mouros segundo debuxo de Ramón Boga. |
Atópase
nunha zona chaira, tradicionalmente de monte baixo, onde hoxe
predominan os bosques de pinos e eucaliptos, as pradeiras artificiais e
as terras de cultivo.
Este
xacemento megalítico é a clave dunha necrópole moi estensa que se
artella en tres liñas que converxen precisamente neste enclave: dúas
liñas que descenden cara ao encoro das Fervenzas e a parroquia de Os
Baos (hoxe anegada polo encoro); e unha terceira liña que, paralela ao
río Olveiroa, leva cara ao sul. Estas direccións reúnen 27 túmulos
catalogados (Lestón-Méndez).
A Casa dos Mouros no ano 1956, foto de Leisner. Apréciase a contorna adicada a monte baixo. |
Os
únicos materiais dos que temos noticia consisten nun microlito
xeométrico de sílex recollido no ano 1989 no interior da cámara en
superficie. Hoxe está custodiado no Museo Arqueolóxico e Histórico de
San Antón da Coruña.
A
mámoa na que se insire a anta acada as dimensións seguintes: no eixo
SE-NO mide uns 30 ms; no eixo NNE-SSO acada os 33,40 ms. Sobresae en
altura os dous metros. A mámoa está bastante afectada polas labouras
agrarias de xeito que amosa algúns restos moi remexidos da coiraza
pétrea. Fai algúns anos a estrutura da coiraza era claramente visible.
As afeccións máis fortes atópanse nas bandas oriental e occidental,
quedanto a parte central (SE-NO) moito mellor conservada.
Fotografía da Anta Casa dos Mouros no ano 1993, Ramón Boga Moscoso. |
En
canto á cámara megalítica, adscríbese ao conxunto de monumentos con
forma poligonal e corredor desenvolvido. O número aparente de esteos que
conforman a cámara é de sete, aínda que se conservan en perfecto estado
só cinco, faltando o esteo da cabeceira. O corredor é curto e consta de
dous tramos visibles coas respectivas pedras cobertoras. Cámara e
corredor diferéncianse tanto na planta coma no alzado.
Con
respecto á pedra da cabeceira, aínda que actualmente non é visible,
dada a configuración do funil de violación nese punto e as dimensións
orixinais que debía ter a pedra, semella probable que fose cortada e que
só levaran a parte superior, quedando enterrado o resto.
Fotografía da Anta Casa dos Mouros no ano 1993, Ramón Boga Moscoso. |
A
cámara acada unhas dimensións que varían desde os 3,10 ms de longo ata
os 3,65 de ancho e, para a apertura, arroxa unhas medidas de 1,55 ms. No
segundo esteo, seguindo a orientación das agullas do reloxo
(1,60x1,50x37) aparecen restos de pintura de cor roxa e dous motivos de
gravuras.
A
tampa ou pedra cobertora mide 4,60 ms de longo (NE-SO), e,20 ms de
ancho (NO-SE) e un espesor medio de 40 cms. Na parte exterior aparece
gravada unha cruz que sinala a delimitación dos concellos de Vimianzo e
de Dumbría.
O
corredor componse de dous tramos visibles e ambos os dous conservan
tanto os esteos como as respectivas pedras cobertoras. A súa lonxitude é
de tres ms, a primeira apertura acada 1,83 ms e a segunda os 95 cms. A
lonxitude total, sumando cámara e corredor é de 6,10 ms.
Fotografía da Anta Casa dos Mouros no ano 1993, Ramón Boga Moscoso. |
En
xeral a cámara atópase en moi bo estado de conservación, exceptuando as
pedras da cabeceira e gran parte dun dos ortostatos. As principais
agresións débense a gravuras recentes.A mámoa atópase tamén nun
aceptable estado de conservación. Amosa restos de pintura.
Debuxo de Ramón Boga Moscoso |
ANTA-DOLMEN ARQUIÑA DE VILASECO.
Debo toda a información desta senlleira anta a Fidel Méndez e Manuel Lestón
Para
chegar. Desde a aldea de Vilaseco (km 75 da estrada C-552), unha vez
dentro do casco antiguo, hai que circular por unha pista asfaltada con
dirección á aldea de Bouza do Frade. Percorridos uns 600 ms, despois de
cruzar o rego Calvelo, a mámoa atópase a uns 100 ms ao norte da estrada.
Como referencia, un muro de pedra atravesa polo medio da mámoa con
dirección NNE-SSW facendo de separación das fincas.
Fotografía de Ramón Boga Moscoso |
Emprázase
nun descampado alto a uns 60 ms do cauce do río Castro. Os terrenos
están repoboados de eucaliptos, monte baixo e algúns pastizais. O muro
que separa as fincas separa tamén a braña do eucaliptal.
Á
anta fáltalle a cobertora da cámara así como outros distintos esteos
que probablemente están reutilizados no muro devandito. Luis Monteagudo
García atopou unha machada metálica plana, pero non precisa o contexto
do achado.
A
mámoa da Arquiña acada nun dos eixes case 37 ms e no outro máis de 32.
Na construción da mámoa aproveitouse unha pequena aelevación do terreno
de xeito que adquire unha importante monumentalidade cara ao O e ao N,
onde se levanta uns 3 ou 4 ms. Na base da mámoa, na zona do NO, hai
pequenas pedras fincadas que seguramente pertencen ao anel lítico
perimetral. Algunhas outras pedras soltas na superficie poden proceder
da coiraza.
No
centro da mámoa consérvanse os restos dunha cámara poligonal da que son
visibles catro esteos. Do corredor aparece á vista un esteo e a tampa
ou cobertora. A cámara e o corredor diferencianse en planta, pero non no
alzado.
Nesta fotografía podemos albiscar o afloramento dos esteos da cámara. Fotografía de Ramón Boga |
Maila
que non se está a conservar a pedra cobertora da cámara, nin algúns
outros esteos (seguramente reaproveitados no muro separador) pódese
dicir que amosa un bo estado de conservación posto que aparentemente a
cámara non foi vaciada e o funil de violación é pouco profundo.
A
cámara, estruturalmente, está a conservar cinco esteos á vista, aínda
que debía ter entre nove e once. De ancho aproximadamente mide 3,30 cms.
En canto á apretura, acada os 70 cms. NIo corredor a cobertora é o
único elemento visible. Por medio dos tobos fietos por diversos bichos,
pódense albiscar dous esteos. A tampa do corredor acada os 2,05 ms
(SO-NE) e 1,60 ms no eixe NW-SE. O grosor medio é de case 40 cms.
Fotografía de Ramón Boga Moscoso |
Como
se dicía antes, o estado de conservación tanto da cámara coma do
corredor é bo: da cámara só se aprecia a parte superior dos esteos, o
resto semella intacto; o túmulo, a pesar da repoboación de pinos e
eucaliptos, tamén se está a conservar bastante ben.
ANTA-DOLMEN PEDRA MOURA DE MONTE CÁRNEO. San Antolín de Treos
Para
chegar. Pola estrada que vai de Baio a Baíñas, pouco despois de pasar
Tis, en Cárnio (logo de percorridos catro kms), hai que coller a pista
de terra e pedra da dereita. Pouco antes de chegar ao cume, unha
corredoria á dereita leva ata a anta, que se atopa no medio dunha
pradeira a uns 100 ms.
Fotografía da Pedra Moura no ano 1993, por Ramón Boga. |
O
túmulo megalítico ou mámoa na que se insire a Pedra Moura, acada uns 14
ms de diámetro e un metro escaso para a altura. No ano 1989 a mámoa
sufríu unha tremenda destrución que afectou sobre todo á parte superior:
esta acción produxo a desaparición de gran parte da coiraza pétrea que
estaba a recubrila. O motivo da destrución foi a conversión da parcela,
adicada a monte baixo, en pradeira. Aínda que é a parte máis deteriorada
do conxunto megalítico, todavía se está a conservar un volume da mámoa
apreciable. Con motivo da construción da pradeira, atopouse, en setembro
de 1989, un fragmento de cerámica campaniforme diante da entrada do
corredor que hoxe se atopa no Museo Arqueolóxico de San Antón na Coruña.
A estrutura arquitectónica ou cámara defínese como poligonal composta por seis esteos: cinco deles atópanse in situ
e un está caído cara ao interior da cámara. Posúe tamén un corredor
curto de dous tramos visibles. Tanto a cámara coma o corredor
diferéncianse en planta e alzado.
Fotografía da Pedra Moura no ano 1993, por Ramón Boga. |
Posúe
tamén dúas tampas ou pedras cobertoras, unha pertencente á cámara e a
outra ao corredor. A tampa da cámara atópase caída cara ao interior. A
tampa do corredor amosa un burato de barreno cara ao exterior.
Na
década dos anos 90 do século XX localizáronse restos de pintura nos
chantos da cámara. Realizouse sobre estas pinturas unha datación
radiocarbónica que arroxou unha idade que nos retrotrae a principios do
terceiro milenio antes a.X., logo da pertinente calibración.
Recentemente aopáronse restos de pintura.
Os
esteos ou ortostatos que conforman a cámara teñen gravados numerosas
cazoliñas de pequeno tamaño, probablemente de época megalítica.
Precisamente eses gravados, algunhas outras marcas así como a curiosa
configuración da cámara coa súa planta rectangular, son os elementos que
singularizan e caracterizan esta anta.
As dimensións da cámara, aproximadas, son as seguintes: de longo acada os dous ms e medio; para o ancho unha media dun metro e sesenta e cinco cms e na aparetura acada o metro e corenta e sete cms. No esteo da esquerda aparecen catro cazoliñas de catro cms de diámetro, alineadas, así como outra na parte central cara abaixo. No esteo do fondo (a pedra cabeceira) aparecen 18 cazoliñas e, no esteo da dereita, hai unhas once cazoliñas e varias cruces. A tampa está prácticamente completa.
Recentemente aopáronse restos de pintura.
ANTA-DOLMEN CASOTA DE BERDOIAS OU DE FREÁNS. San Pedro de Berdoias
Esta
é unha das primeiras antas que coñecín, aló polos anos finais da década
de 1980. A primeira vez que fun na súa busca, sendo como era novo
nestes asuntos, estiven todo o día dando voltas e non fun quen de
atopala. Posteriormente, máis documentado, volvín e atopeina máis
fácilmente, decatándome que a vez anterior anduvera dando voltas ao seu
redor. Pouco a pouco un vaise acostumando a recoñecer os lugares típicos
nos que se erixían estes elementos. Algún día falarei do apaixoante
tema dos emprazamentos megalíticos.
Para
chegar, na aldea de Berdoias, hai que coller unha pista que sae cara ao
sul (desde Vimianzo, ao chegar a Berdoias, a pista está á esquerda).
Despois de percorrer un km aproximadamente, atopamos a anta á dereita da
pista hoxe asfaltada.
Anta Casota de Freáns no ano 1956. Foto Leisner. |
Trátase
dunha construción moi especial no contexto do megalitismo de Galicia.
Confórmase por medio dunha gran cámara rectangular que consta de tres
esteos moi ben traballados, verticais e que sustentan unha enorme pedra
cobertora. Non hai corredor e a entrada está orientada ao leste.
O
interior da cámara foi violado en repetidas ocasións polos afanosos
buscadores de tesouros. Sen embargo, a construción da pista de terra,
que pasa ao carón da entrada, fixo que aparecese unha gran fenda no
ortostato lateral situado ao oeste. A cámara, en liñas xerais, atópase
en bó estado de conservación. Fogueiras no interior ou a presenza de
fungos na superficie dos esteos, son as afeccións máis importantes. A
boa visibilidade das cazoliñas é un indicio das poucas alteracións
estruturais que estivo a sofrir.
Con
respecto á masa tumular, aínda que non se observa ningún resto da
mámoa, non se debe esbotar a posibilidade de que a pista destruise unha
boa parte dela e ademais, o terreo situado no oeste (parte de atrás),
que está conformado por unha terraza máis elevada que a cuberta, pode
estar ocultándoa. A construción do bancal ou aterrazamento para o
cultivo posiblemente oculte o que queda da presumible estrutura tumular.
Planta da Anta Casota de Berdoias. Versión de Ramón Boga. |
As dimensións da cámara, aproximadas, son as seguintes: de longo acada os dous ms e medio; para o ancho unha media dun metro e sesenta e cinco cms e na aparetura acada o metro e corenta e sete cms. No esteo da esquerda aparecen catro cazoliñas de catro cms de diámetro, alineadas, así como outra na parte central cara abaixo. No esteo do fondo (a pedra cabeceira) aparecen 18 cazoliñas e, no esteo da dereita, hai unhas once cazoliñas e varias cruces. A tampa está prácticamente completa.
Segundo
informacións de Lestón e Méndez, cara ao NNE, a uns 250 ms, hai uns
anos apareceu unha mámoa que está bastante arrasada. Nas inmediacións, a
uns 500 ms, hai dous paneis de petróglifos que están orientados cara ao
W, polo que non hai intervisibilidade entre eles e a Casota.
Hai restos de pintura e de gravados de adscrición indeterminada.
Aínda conservando tan só para a cámara dous ortostatos e tampa, a cohesión estrutural destes elementos é bastante boa. En canto ao túmulo, cortado polo N e con algunha outra en superficie, amosa un estado de conservación aceptable.
É de destacar a posibilidade da existencia da gravados sobre a cara interna dun dos esteos da cámara.
A maior parte destas informacións fóronme proporcionadas polo arqueólogo Fidel Méndez.
Esta anta foi catalogada por Manuel Rial e atopeina na páxina web patrimoniogalego.net, absolutamente recomendable.
Forma parte dunha necrópole megalítica composta por tres mámoas. Parece ser que dúas delas están na mesma propiedade e, para ver a outra, hai que cruzar o camiño. A necrópole coñécese tamén co nome de "mámoas do Mourelo"
A Anta Mina de Folías adscríbese tipolóxicamente ás do tipo poligonal con corredor. A anta atópase en moi mal estado, aínda que se poden albiscar seis esteos.
Tamén foi catalogada por Manuel Rial e podémola atopar na páxina web sinalada máis arriba. Atópase na parroquia de Vimianzo e é a anta máis cercana á vila de Vimianzo, ubicándose a un quilómetro do centro urbán.
O seu estado de conservación é moi malo pero aínda así conserva todavía tres esteos que posiblemente forman parte da estrutura arquitectónica da cámara.
Hai restos de pintura e de gravados de adscrición indeterminada.
ANTA-DOLMEN MINA DE RECESINDES. San Xoán de Carantoña
Como
podedes ver, o túmulo atópase completamente cuberto por un pinar e
algúns eucaliptos. A contorna inmediata está constituida por terreonos
de cultivo. A propiedade é particular constituindo a mámoa unha única
parcela.
Según informacións de Lestón e Méndez, parece
que se atoparon, nunha escavación furtiva realizada no ano 1936, dous
machados de pedra pulida e unha "cazola con pó amarelo". Tamén cóntase
que a mámoa foi violada por unha familia nun intento desesperado de
escapar da miseria e da emigración: a búsqueda do tesouro foi
infructuosa polo que non lles quedou máis saída que a segunda
alternativa.
A mámoa na que se acoha a anta acada ao
redor de 30 ms de diámetro. Contituía o túmulo máis grande dos tres, que
ademais dispoñíanse en línea recta cara ao oeste, moi pretas unhas das
outras.
Fotografía de Ramón Boga, 1993. |
A
cámara megalítica atópase no centro da mámoa. Os ortostatos que se
conservan atópanse elaborados moi concienzudamente. Pódese definir a
Mina como unha anta de cámara poligonal tendente ao círuclo e composta
por 11 ortostatos, dos que conserva 6. Tamén podemos falar dun corredor
corto do que só se conserva un chanto caído no chan. Dous dos esteos
consérvanse enteiros e amosan a súa parte superior moi traballada, para
apoiar sobre eles a tampa, que non se conserva. Desde a parte superior
dos esteos ata a parte superior da mámoa, aínda hai uns 90 cms, do que
se deduce que a cámara estaba completamente enterrada na mámoa, de xeito
que non destacaba en superficie.
Planta da Mina de Recesindes, segundo Méndez e Lestón. |
O
encaixe entre os ortostatos é prácticamente perfecto. A cámara tería
once esteos (como viamos máis arriba) dos que se conservan seis. As
medidas da cámara son as seguintes: 1,83 ms de longo e 2,06 de ancho.
Maila que lle faltan moitos elementos, a cámara non se atopa en moi mal
estado. O túmulo é a parte máis maltratada: unha zanxa frontal realizada
para a busca de tesouros e ademais a contrución dun muro de división
entre as propiedades cortou unha parte polo NE. Na parte superior tamén
amosa diversas zanxas de violación.
Fotografías de Ramón Boga, 1993. |
ANTA-DOLMEN nº 1 DE CHAO DE RABÓS. San Antolín de Baíñas
Vista xeral da Mámoa nº 1 de Chao de Rabós. Foto de Ramón Boga. |
Para
chegar. No tramo de Berdoias-Baíñas, pola estrada LC-441 (ao redor do
k. 22,3) hai que coller á esquerda unha estrada que leva á aldea de
Rabós. Si saímos de Baíñas, despois de pasar o colexio e o cemiterio,
hai que coller a estrada que, con dirección norte, se dirixe a Rabós. Ao
chegar a esta aldea, seguiremos por esa mesma estrada (nor-nordés) sen
desviarnos en ningún ramal. Unha vez percorridos uns 600 ms desde Rabós,
a mámoa atópase a uns 80 ms ao leste, nunhas leiras adicadas a monte
baixo, piñeiros e pradeiras.
Atópase
ubicada nunha zona lata e chaira. Forma parte dunha necrópole composta
por unha ducia de túmulos alineados: dous túmulos están no Cabral
próximos a unha canteira, oito túmulos estan na chaira de Caldeiro
remantando en Rabós, con dous túmulos.
A
mámoa nº 1 de Rabós amosa un funil de violación central enorme, que
deixou ao descuberto a gran anta poligonal con corredor. A parte norte
da mámoa foi cortada uns seis metros para transformar os terreos en
pradeiras. O túmulo acada os 16 ms no eixe N-S, os 24 no E-O e sobresae
en altura sobre un metro e medio. No perfil da destrución do lado norte é
visible a presenza dunha coiraza pétrea superficial contínua formada
por pedras de tamaño mediano.
Como
dicía antes, no medio da mámoa aparecen os restos da anta: describe
unha planta poligonal con corredor corto. Consérvanse cinco esteos, dous
da cámara e tres do corredor de acceso. Tamén se conserva a tampa,
aínda que parcialmente partida e apoiada sobre os esteos que quedan de
acceso ao corredor.
A cámara estaría conformada por sete esteos dos que conserva só dous. Tanto o longo como o ancho son imposibles de medir nas circunstancias actuais. A apertura acada os 77 dentímetros. Do corredor consérvanse 3 chantos e só se pode medir a apertura que da acceso á cámara (1,15 ms) e a apertura final duns 65 cms.
A cámara estaría conformada por sete esteos dos que conserva só dous. Tanto o longo como o ancho son imposibles de medir nas circunstancias actuais. A apertura acada os 77 dentímetros. Do corredor consérvanse 3 chantos e só se pode medir a apertura que da acceso á cámara (1,15 ms) e a apertura final duns 65 cms.
Tampa da Mámoa 1 de Chao de Rabós. Foto de Ramón Boga. |
Aínda conservando tan só para a cámara dous ortostatos e tampa, a cohesión estrutural destes elementos é bastante boa. En canto ao túmulo, cortado polo N e con algunha outra en superficie, amosa un estado de conservación aceptable.
É de destacar a posibilidade da existencia da gravados sobre a cara interna dun dos esteos da cámara.
A maior parte destas informacións fóronme proporcionadas polo arqueólogo Fidel Méndez.
ANTA-DOLMEN A MINA DE FOLÍAS. Casa do Prado, Vimianzo.
Esta anta foi catalogada por Manuel Rial e atopeina na páxina web patrimoniogalego.net, absolutamente recomendable.
Forma parte dunha necrópole megalítica composta por tres mámoas. Parece ser que dúas delas están na mesma propiedade e, para ver a outra, hai que cruzar o camiño. A necrópole coñécese tamén co nome de "mámoas do Mourelo"
A Anta Mina de Folías adscríbese tipolóxicamente ás do tipo poligonal con corredor. A anta atópase en moi mal estado, aínda que se poden albiscar seis esteos.
Fotografía de Manuel Rial. |
ANTA-DOLMEN DE PRADO GARRIDO
Tamén foi catalogada por Manuel Rial e podémola atopar na páxina web sinalada máis arriba. Atópase na parroquia de Vimianzo e é a anta máis cercana á vila de Vimianzo, ubicándose a un quilómetro do centro urbán.
O seu estado de conservación é moi malo pero aínda así conserva todavía tres esteos que posiblemente forman parte da estrutura arquitectónica da cámara.
ANTA-DOLMEN PEDRA VIXÍA, Santa María de Lamas. Zas
Si saímos de Baio, debemos coller a estrada que
leva a Zas. Despois de cruzar a ponte sobre o río Grande, e logo de pasar
varias naves industriais, ollamos un cartel á dereita que sinala a situación
dun merendeiro e área de descanso. Uns trinta ms máis adiante sae unha
corredoira pola dereita que coincide cos claros no monte que deixou a
instalación do tendido eléctrico (dous metros máis adiante aparece un xalón
quilométrico que sinala “Santiago, K. 60”). Collendo esta corredoira, debemos andar
uns douscentos metros, perpendicularmente á estrada, sen desviarnos, ata que se
divisa o río, no momento en que aparece outra corredoira que corta
trasversalmente aquila: seguendo por ista nova pista, a anta atópase a uns
douscentos vinte metros, á beira dunhas pradeiras e no medio dun monte de
piñeiros, na banda dereita do camiño.
Planta da Pedra Vixía segundo Méndez-Lestón. |
A mámoa na que se insire a cámara de Pedra da
Lebre acada os 15 m
de diámetro aproximadamente e sobresae
uns 50 cm
de altura. No centro da mámoa conserva os restos da cámara que se desenvolve de
xeito poligonal e consta de sete ortostatos. Posiblemente o corredor se abra
cara ao Suleste. Algun dos ortostatos acada os 2 ms de altura.
Os esteos que conforman a cámara aparecen moi
remexidos: dos ortostatos conservados, o
que conforma a cabeceira é o máis grande acadando un metro e medio de ancho por
case dous de alto. Os restos da pedra cobertora cífranse nun bloque granítico
rectanguar que fica apoiado nun dos ortostatos da cámara: mide un metro e
oitenta centímeros de alto por un metro e trinta centímetros de ancho.
Foto tomada por Ramón Boga, 1995. |
Como se dicía antes, a maior parte dos
ortostatos da cámara atópanse moi inclinados e a tampa aparece partida en
varios anacos. A destrución prodúxose no
ano 1938 como consecuencia do intento de utilización das pedras por parte dun veciño
de Lamas para empregalas na construción dunha casa.
As hipótesese ao
redor das grandes cazoletas que se debuxan en varios dos esteos son
variadas: estes orificios poderían server para introducir ofrendas; tamén se
opina que son o camiño de comunicación
entre os vivos e os mortos ou a vía de
saída dos espíritus (a nivel simbólico) por iso se facían en cualquera parte e
non na porta.
Fotografías de Ramón Boga Moscoso, 1995 |
BIBLIOGRAFÍA
DOMÍNGUEZ RIAL,
E. (1984): “Riqueza histórico arqueológica del Ayuntamiento de Zas”. O Voceiro de Zas. Nº 0.
Xaneiro 1984. Zas. p. 4.
DOMÍNGUEZ RIAL,
E. (2001): “A riqueza arqueolóxica de Zas”. La
Voz de Galicia.
Edición de Carballo.
29-04-2001. p. 10.
LEMA SUÁREZ, X. M.
(2002): Caminando entre
dólmenes: Arquitectura megalítica de la Costa da Morte.
(Galicia). Ed. Asociación Neria. Cee.
BOGA MOSCOSO, RAMÓN (1997): "Dólmenes de Galicia". Baía Edicións, A Coruña
ANTA-DOLMEN ARCA DA PIOSA. Santa Sía de Roma, Zas
ANTA-DOLMEN MINA PARXUBEIRA. Corbeira, San Fiz de Eirón. Mazaricos
Para
chegar. Se circulamos pola estrada LC-403 (antiga estrada Ponte do
Porco-Muros) que leva a Serra de Outes e a Santa Comba, hai que coller o
cruzamento que indica "Eirón". Neste cruzamento, á dereita da estrada
(despois dunha pequena isleta) hai unha casa grande: se a deixamos á
nosa esquerda, debemos coller a corredoira que está á beira ata unha
bifurcación. Aí collemos á esquerda e, a uns 50 ms, despois dun monte de
piñeiros e eucaliptos, atópase a anta no medio dunha gran pradeira.
Efectivamente,
a anta ubícase no medio dunha gran pradeira no lugar coñecido co nome
de Estivada Vella, e forma parte dunha necrópole composta por catro
mámoas.
Fotografía da Anta Mina Parxubeira en 1993. Foto de Moncho Boga |
A
mámoa na que se insire a anta acada, no eixe N-S, os 15,70 ms e no E-O
os 26,40. A altura non sobrepasa os corenta cms. Sen dúbida as labouras
agrarias foron as causantes da remoción do sedimento superficial de
xeito que se alterou o volume da mámoa, provocando unha sensible
reducción das súas dimensións orixinais.
A
cámara que se conserva responde á tipoloxía das do tipo poligonal con
corredor corto, conservando (en total) nove chantos e a pedra cobertora
do corredor. Éste atópase máis diferenciado en altura que en planta.
Aparentemente a planta da cámara debuxábase a través de sete ortostatos,
aínda que hoxe conserva só cinco, dos que un deles recuperouse durante
as escavacións arqueolóxicas. A cámara acada unhas dimensións dun catro
ms de longo e 3,40 de ancho. A dimensión da apertura é de 1,93 ms. O
corredor conserva catro esteos e a pedra cobertora. No exterior hai unha
serie de esteos que poden facer de contrafortes destes catro chantos.
Fotografía durantes as escavacións de Rodríguez Casal. |
A
anta foi obxecto de deversas violacións antigas, froito das que
desapareceu unha das tampas da cámara. Aínda así, a anta atópase en bo
estado de conservación.
Nas
intervencións arqueolóxicas efectuadas por Rodríguez Casal (1977-1984)
erixiuse un esteo da cámara e fixéronse importantes descubrimentos:
localizouse a coiraza pétrea non moi contínua nin compacta e, a uns sete
ms da entrada (cara ao leste) apareceu unha significativa concentración
de estelas antropomorfas.
Entre
o enxoval descuberto destacan os restos de cerámica, as puntas de
frecha, aixolas e gubias. Todo este material así como as estelas e os
betilos decorados, estánse a gardar no Museo Arqueolóxico de San Antón
na Coruña.
A poucos ms da Mina, nun monte no que hai uns establos para cabalos, atópase a Mámoa de Portocoiro. Para chegar, éntrase polo portalón da devandita finca e, polo medio, cruza o regato Portocoiro. Logo de cruzalo, atópase a mámos. Amosa un profunto funil de violación e, no interior, atópanse os dous esteos que aínda se conservan. A mámoa acada 23 x 22 ms nos eixes maior e menor.
Recentemente apareceron restos de pintura.
A poucos ms da Mina, nun monte no que hai uns establos para cabalos, atópase a Mámoa de Portocoiro. Para chegar, éntrase polo portalón da devandita finca e, polo medio, cruza o regato Portocoiro. Logo de cruzalo, atópase a mámos. Amosa un profunto funil de violación e, no interior, atópanse os dous esteos que aínda se conservan. A mámoa acada 23 x 22 ms nos eixes maior e menor.
Recentemente apareceron restos de pintura.
BIBLIOGRAFÍA
Rodríguez
Casal, A. La necrópolis megalítica de Parxubeira. Campañas
Arqueolóxicas de 1977 a 1984. Monografías urxentes do Museu de San
Antón, 4. A Coruña, 1989.
Rodríguez Casal, A; Criado Boado, F. (1983): Megalitismo
e medio xeolóxico nas comarcas de Xallas e Melide. Galiza. Mº de Cultura, D.G.B.A.A. Madrid.
pp. 61-84.
Gil Agra, L.
(1997): Catalogación e
delimitación planimétrica dos xac. arq. do concello de Mazaricos. A Coruña.
ANTA-DOLMEN ARCA DA PIOSA. Santa Sía de Roma, Zas
A anta Arca da Piosa vista desde o sur |
Para
chegar, hai varias posibilidades: pódese partir desde O Couto, A
Chaira, Santa Sía de Roma ou tamén desde a estrada LC-441. Desde esta
estrada, débese coller o desvío que leva á explotación forestal do Coto
do Muíño. Talvez o máis doado sexa sair do lugar de Comareiro (termo de
Vimianzo) e desde alí coller a pista de terra que sae con dirección
sur-sudoeste que leva á devandita explotación forestal. Logo de
percorrer 1,7 kms, chegamos ao límite da explotación, onde hai que
salvar unha cancela. Uns 100 ms máis adiante collemos un desvío que vai
ao oeste e logo xira cara ao sudoeste. Catrocentos ms despois chegamos a
un cruzamentto de catro pistas. A anta atópase ao sueste do cruzamento,
tendo unha boa visibilidade.
A Anta Arca da Piosa no ano 1993, por Ramón Boga |
A anta Arca da Piosa forma parte dunha necrópole composta por outras
10 mámoas e, aínda que o estado de conservación desta anta é bastante
bo, é necesario sinalar que falta un esteo da cámara e tamén que a
intensiva actividade forestal sobre a superficie da mámoa motivou a
alteración puntual da coiraza.
As dimensións
aproximadas do túmulo no que se insire a cámara da Arca da Piosa son as
seguintes: para o eixe ESE-NNO acada os 29,20 ms e para o eixe NNE-SSO,
os 30 ms. En canto á latura, sobresae uns 2,5 ms e na superficie da
mámoa aprécianse os restos da coiraza pétrea bastante trabada.
Planta da Arca da Piosa. Versión propia sobre a planta de Méndez-Lestón. |
A
cámara pódese describir como unha estrutura poligonal composta por
cinco esteos dos cales conserva só catro. O corredor é curto cun só
tramo visible. O conxunto da cámara mailo corredor ten forma xeral en
"V", sin que exista unha rotura clara entre as dúas partes nin na planta
nin no alzado. A lonxitude do conxunto atinxe os cinco metros.
Nalgún
dos ortostatos da cámara e do corredor atopáronse restos de pintura e,
na tampa, hai unha cruz latina gravada aproximadamente no centro da cara
externa. Como se dicía antes, o corredor é curto cun só tramo visible. A
lonxitude aproximada é de 1,70 ms e conserva a tampa. A orientación de
acceso é aos 110º. A lonxitude total da cámara e do corredor é de 4,80
ms.
A Arca da Piosa no ano 1956. Leisner-Tafall. |
Unha das características máis interesantes e pola que destaca a
Arca é a de conservar a pedras cobertoras da cámara e do corredor.
Precisamente, no caso do corredor, trátase dunha tampa doble,
conservando dúas lousas superpostas: a da parte de abaixo é a cuberta
orixinal e atópase partida en tres anacos. Esta pedra cobertora, como
curiosidade, amosa unha especie de regos ondeados de aproximadamente un
cm de profundidade en toda a superficie. A pedra cobertora externa está
completa e debeu ser colocada posteriormente para darlle estabilidade á
cuberta orixinal e así impedir que acabase caendo no interior da
construción.
A
coesión da estrutura arquitectónica é excelente. As alteracións son e
foron debidas sobre todo á propia natureza do material empregado e á
realización de fogueiras no interior da cámara. En canto á mámoa, o seu
estado de conservación tamén é bastante bó, aínda que a plantación de
eucaliptos ao longo dos anos puido provocar alteracións en profundidade.
Recentemente descubríronse restos de pintura.
Recentemente descubríronse restos de pintura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario