martes, 29 de mayo de 2012

Pedrafita-menir de Cristal en Bretal, Olveira-Ribeira.

PEDRAFITA-MENHIR DE CRISTAL. Bretal, Olveira-Ribeira

Para chegar. A fermosa pedrafita de Cristal atópase nese mesmo lugar, a un quilómetro despois de deixar o desvío de Axeitos con dirección ás Dunas e porto de Corrubedo, cerca da igrexa, no medio dun xardín particular.

Esta pedrafita foi descuberta a uns cen metros do seu emprazamento actual: estaba en posición horizontal, derrubada e enterrada ao redor de dous metros de profundidade e, segundo os seus descubridores, pretiño dela había outra pedra semellante pero máis pequena así como unha serie de pedras que formaban unha especie de cova disposta a xeito de círculo (unha cista?).



Fotografía realizada por Ramón Boga Moscoso, 1993.


A pedrafita amosa forma triangular apuntada cos lados asimétricos, un deles recto e o outro convexo. A sú lonxitude máxima acada os 2,50 ms. O grosor máximo é de 50 cms, presentando un pulido considerable en todas as caras. unha delas dispón de seis superficies rebaixadas e nove cazoliñas, mentres que nas outras só hai unha cazoliña en cadansúa.



Fotografía realizada por Ramón Boga Moscoso, 1993
.


A alternancia de superficies rebaixadas e cazoliñas é interpretada por Monteagudo dun xeito moi suxerente.  Mantén o ilustre profesor que poden interpretarse como cifras, a saber, si empezamos por arriba, podería lerse 13  (tres barras sobre a cazoliña), no medio 12 (dúas barras sobre a cazoliña) e, por último, 31 (unha barra sobre tres coviñas). O profesor indica que a disposición numéricamente descendente non pode ser casual nin simplemente ornamental, senón que obedece a unha intención matemática, e dicir, son números.



Fotografía realizada por Ramón Boga Moscoso, 1993
.



Debuxo de Ramón Boga Moscoso


4 comentarios:

  1. E coma chegou lá, a un xardín propio?
    Ficará ser unha violación?
    Xa o contarás.
    Breves saúdos
    Deica logo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Esta pedrafita foi atopada nunha leira propiedade dos que actualmente a custodian no seu xardín. Atopárona condo roturaban cun tractor a devandita leira, nun lugar onde non había ningún afloramento rochoso. Esta xente, ao ver a boa feitura da pedra, optaron por levala para a súa casa. Foi unha maneira de salvala.

      Eliminar
  2. É unha das cousas boas que ten cando hai algunha xente con espritu brnqueiro e sensibel, incruso artístico.
    O que pasa é que supoño que logo catalogaríase pra evitala venda dela ou a saida da bisbarra, non sí.
    Seica coma sea é un bo xeito de conservala. podemos nalgúns casos agradecidos; parezme ben.
    Xa contactache cos de Verín?
    Breves saúdos
    Deica logo
    BDarzádegos.

    ResponderEliminar
  3. Efectivamente, esta pedrafita foi declarada BIC, por tanto supoñemos que a súa seguridade está garantida.
    Aínda non contactei cos de Verín, Saúdos

    ResponderEliminar